CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA
1 DE DECEMBRO

 

Inclusión repartiu lazos vermellos o día da sida en toda a comunidade,
para lembrar que non hai que baixar a garda.
Lemb
rando ademais que eses foron os primeiros lazos. Logo virían os azuis,os negros, os verdes,… ata perder grande parte do seu sentido, pero o lazo vermello segue sendo o da solidariedade cos enfermos da SIDA. Congratulámonos de que a SIDA diminúe no mundo industrializado.
O crecente desfase entre o mundo desenvolvido e o mundo en desenvolvemento reflíctese non só na magnitude da propagación do VIH senón tamén na mortalidade por SIDA. O consumo de drogas propaga o VIH na Europa oriental.
A epidemia mundial da sida comeza a remitir, a pesares dos 4.3 millóns de novos contaxios ocorridos en 2006, o que eleva a 39.5 millóns o número de persoas que viven co virus, segundo datos de ONUSIDA e da Organización Mundial da Saude (OMS) publicados recentemente.
“Pódese dicir que a epidemia, co seu pico a finais dos noventa, se está freando, aínda que non todos os países logran reducir a súa taxa de novas infeccións”, asegura o informe no que se actualizan os datos da evolución do VIH.
O número de persoas que vive co virus pasou de 40.3 millóns en 2005 a 39.5 millóns en 2006, mentres que o de novos contaxios anuais, descendeu de 5 a 4.3 millóns.
Igualmente, e sempre segundo os datos do programa de Nacións Unidas para a Sida (ONUSIDA) e a OMS, mentres que en 2005 morreron a causa da sida 3.1 millóns de persoas, en 2006 farano 2.9 millóns. Cifra que aínda sendo enorme é menor.

ÁNGEL ALONSO CONMEMORANDO O DIA CONTRA A SIDA NA CORUÑA

 

INCLUSIÓN REALIZOU CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACION CONTRA ESTA LACRA SOCIAL

 

A PUBLICACION DE DATOS DA ENFERMIDADE PRETENDE ALERTAR SOBRE A IMPORTANCIA DESTA DOENZA