MARÍA MARIÑO,
HOMENAXEADA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2007
Muller comprometida ca igualdade de xénero e loitadora
en prol dos dereitos da muller.
No centenario do seu nacemento, que se celebrará en 2007,
o plenario da Real Academia Galega decidiu, na súa reunión
do venres 7 de xullo, dedicar o Día das Letras Galegas
do ano 2007 á poeta noiesa María Mariño Carou,
"unha figura que aínda hoxe é preciso descubrir
porque as circunstancias sociais e persoais nas que viviu fan
que a súa poesía sexa de difícil acceso para
o gran público".
Naceu en Noia no ano 1907. Filla de Xosé María
Mariño e Filomena Carou, era a cuarta de cinco irmáns.
A súa infancia e xuventude nesta localidade están
marcadas polas dificultades económicas da familia, uns
anos -poucos- de escola e logo traballa como costureira polas
casas. As amigas lémbrana como unha persoa estraña
e solitaria. O traslado a Escarabote (Boiro), onde unha tía
súa traballaba de cociñeira no Pazo de Goián,
que tiña unha boa biblioteca, permítelle o acceso
a algunhas lecturas. Ese descoñecemento da cultura libresca
é un dos aspectos subliñados por Uxío Novoneyra,
ao insistir na orixinalidade da súa escrita.
Nun comunicado, a RAG destacou que a obra literaria de María
Mariño, falecida en Parada de Courel no 1967, está
marcada polas circunstancias vitais que a rodearon, de tal xeito
que a súa condición de muller e a pertenza á
clase humilde fixeron que o acceso á cultura fose francamente
difícil. A súa poesía inspírase na
tradición popular "onde non é allea a inevitable
presenza de Rosalía de Castro", e enríquecese
coa intimidade profunda dunha muller madura.

Coloquio sobre a figura de Maria Mariño, a que se lle adica
o Dia das Letras Galegas 2007
|