INCLUSIÓN, EN GALEGO

Certame de curtametraxes

2007

 

BASES DO CERTAME

Este certame nace da necesidade da dar acubillo a novas iniciativas audiovisuais de índole cultural EN GALEGO, as curtas amosarán a importancia da lingua galega, a repercusión que produce nas nosas vidas e o pulo cultural co que nos enriquece.

OBXECTIVOS DO CONCURSO

Este concurso pretende cumprir os seguintes obxectivos:

Potenciar o galego e a cultura galega
Servir de escaparate de mostra da creación galega non profesional
Crear tecido sociocultural entre a mocidade galega


DATAS


Recepción de traballos do 1 xuño ao 1 agosto do 2007

Resolución do certame 1setembro

 

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS


A/s curtametraxe/s serán remitidas ben persoalmente ou por correo certificado a:

Asociación Inclusión
Rúa Llorente 30 soto 2ºA 36202 Vigo-Pontevedra

O límite de entrega é o 1 agosto de 2007.

Deberase presentar nun sobre o seguinte contido:

Un DVD vídeo onde o título principal sexa a curtametraxe que se presenta a concurso.
Unha ficha técnica que incluirá: nome e apelidos da persoa que dirixe a curtametraxe, enderezo, correo electrónico, teléfono de contacto e breve sinopse.
Fotocopia do DNI da persoa que dirixe a curtametraxe.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DAS CURTAMETRAXES

A curtametraxe afondará na idea da importancia do galego dende todas as visións posibles, mostrando a realidade social do noso idioma.
A curtametraxe non poderá exceder os 8 minutos, incluíndo os títulos de crédito.
Cada autor@ poderá participar co número de obras que considere oportuno.
Non se admiten obras que inciten ao racismo, á xenofobia, á violencia de xénero, á homofobia ou que atenten contra a dignidade da persoa.
A curtametraxe non deberá facer publicidade ou promover o uso de ningún produto ou servizo de natureza comercial.
Poderá presentarse un cartel (en formato jpg, gif ou png) cun peso máximo de 100K, que acompañará á ficha de presentación da curtametraxe.
A lingua empregada será o galego

PREMIOS

Estableceranse 3 premios;

-O primeiro cunha dotación de 200€, difusión da curta polos circuitos audiovisuais galegos.

-O segundo cunha dotación de 100€.

-O terceiro cunha dotación de 75€.

O xurado ditará resolución o dia 1 de setembro entre todas as curtas recibidas, estará formado pola Xunta Directiva de Inclusión.