A Asociación Inclusión clausurou o curso sobre Psicoloxía Social

A Asociación Inclusión clausurou onte o curso de Psicoloxía Social impartido polo psicólogo Miguel Guerra durante dúas xornadas no Auditorio de Vilagarcía.

REDACCIÓN VILAGARCÍA

 

 

 

 

A actividade tiña como obxectivo traballar as diversas habilidades sociais dos asistentes para capacitalos de cara á adquisición e ao correcto desempeño nas diversas situacións da súa vida cotiá. Con isto, preténdese optimizar os recursos de cada persoa para alcanzar unha maior calidade de vida persoal e social.

O profesor traballou durante estes dous días cos alumnos no coñecemento persoal, coa introspección da realidade individual dos participantes buscando as súas debilidades e fortalezas, como forma de aproveitar as capacidades e potencialidades para o desenvolvemento da vida.

Así mesmo ,os asistentes ao curso puideron traballar a comunicación non verbal, la asertividade ­para manter unha posición e defendela sen medo ao rexeitamento social­ e a empatía ­ou o saber poñerse no lugar do outro para comprender actuacións e respostas a determinadas situacións­.

O curso de Psicoloxía Social non é o primeiro organizado pola Asociación Inclusión en Vilagarcía, posto que hai uns meses o colectivo xa impartiu un seminario sobre emprego destinado a mozos da capital arousá e a súa comarca