Case un 8% das familias vive baixo o umbral da pobreza na comarca

Foto

  Ampliar Luis Leiro, de "Inclusión", presentou onte o estudo sobre a pobreza. / R.V.

  SERVICIOS

   Enviar esta noticia Enviar esta página

  Imprimir esta noticia Imprimir esta página

  Contacte con nosotros Contactar

 Anterior

Volver

Siguiente 

 

 

  Multimedia

Imágenes Imágenes 

Na comarca contabilízanse unhas 7.000 persoas que non alcanzan a renda media digna para vivir.


F. M. / pontevedra


Máis do sesenta por cento dos fogares gallegos ien problemas para chegar a fin de mes (algo máis do 50% en Pontevedra), segundo un estudo elaborado poa ONG Inclusión. Na comarca de Pontevedra -na que "Inclusión" integra aos municipios de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Barro, Meis, Vilaboa e Soutomaior-, contabilízanse un total de 6.595 pobres.
Destes, considérase que están en pobreza extrema (con menos do 15 por cento de renda digna media), un total de 930 persoas; están en situación de pobreza grave 2.100 habitantes (entre o 15% e o 25% da renda media); 1.220 persoas sofren pobreza moderada (entre o 25 e o 35% da renda media), e están en situación de precariedade social (entre o 35 e o 50 por cento da renda digna media), un total de 2.345 persoas. Aos dous primeros niveis considerámolos pobreza severa, mentres que aos dous últimos calificámolos como pobreza relativa.
Onte conmemorouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, xornada na que se publican estes datos promovidos polas Nacións Unidas, co obxectivo de fomentar unha maior conciencia sobre as necesidades para eliminar a indixencia en todos os países, e en particular nas naciones que máis sofren esta lacra.
Segundo os datos dunha enquisa sobre as condicións de vida das familias galegas de 2004, un 25,47 por cento de fogares pontevedreses recibe os seus ingresos unicamente de prestacións sociais, mentres que o 40,39 por cento o recibe exclusivamente do traballo.
Un 33,75% de fogares combina os ingresos do traballo cos das prestacións sociais, mentres que un 0,40 de fogares non recibe ningún tipo de ingresos, os considerados en pobreza extrema.
Así pódese considerar que un 7,84 por cento dos fogares pontevedreses están baixo o umbral da pobreza. A media galega é de 9,03 por cento de fogares nesta situación.
Os ingresos medios por fogar en Pontevedra sitúanse en 1.693 euros, mentres que a media da comunidade autónoma é algo inferior: 1.603 euros.
O voceiro da ONG Inclusión, Luis Leiro González, indicou que a falta de políticas sociais e de emprego digno adecuadas son os principais condicionantes destas situacións de pobreza nesta parte do considerado "primeiro mundo".