
Luis Leiro
González-Coordinador
Inclusión cifra en tres
mil os pontevedreses con pobreza severa
Os estudos inclúen a sete municipios,
ademais da capital da provincia
Denuncia a falta de políticas activas sociais
que redunden nos máis desfavorecidos
(Chelo Lago | pontevedra)
Máis de seis mil persoas, concretamente 6.595, de Pontevedra e a súa
comarca viven con menos da metade da renda media galega estimada como digna
para sobrevivir, e aol igual que no resto de Galicia, no 50 por cento dos
fogares teñen dificultades para chegar a fin de mes. Eses son os datos
facilitatos por Luis Leiro
González, no Día Internacional para
Luis Leiro,
coordinador da organización Inclusión, explicou que os datos que manexa saen
da enquisa de poboación activa, do informe Foessa
sobre a pobreza relativa en España e de varios estudos realizados desde
Tamén incidiu en que eses estudos se refiren a oito municipios da comarca,
concretamente a Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas,
Barro, Meis, Vilaboa e
Soutomaior.
Desglosando esas cifras, incidiu en que 930 pontevedreses viven na pobreza
extrema, é dicir, con menos do 15 por cento da renda media; 2.100 persoas
serían pobres graves; 1.220 na pobreza moderada, e 2.345 vivirían en situación
de precariedade social, é dicir, cuns ingresos de menos do 50% da media
necesaria. Aos dous primeiros niveis denominámolos pobreza severa,
e aos dous segundos, pobreza relativa. Nesta última, Pontevedra ofrece unha
taxa de 11,87 por cento, o que quere dicir que esa porcentaxe de persoas ingresa
menos de 425 euros ao mes, cifra que está considerada a renta de inserción
mínima para poder vivir en Galicia.
Necesidade
Luis Leiro González destacou
que «hai moita xente que pasa necesidade e non
precisamente son os que están na rúa pedindo, senón toda a xente que vive dunha pensión non
contributiva, todos os que están en precariedade
de emprego ou que teñen un traballo a tempo parcial. Todos eles están dentro deses baremos de pobreza».
A organización que representa quere concienciar sobre a situación real que
se vive en Galicia e denuncia que «non hai políticas
activas sociais que realmente redunden nestes colectivos». «As axudas -engade-son insuficientes e máis
que o subsidio, avogamos por un emprego de calidade, un emprego digno e pola inserción destes colectivos dentro da sociedade
pontevedresa e galega en xeral».