Os discapacitados mostran con humor os obstáculos do seu día a día nas rúas

O Paseo Marítimo foi o escenario elixido polo Concello de Sada e os colectivos Peneira, Inclusión, Clube de Baloncesto en Cadeira de Rodas San Roque, Cruz Vermella, Ergosaúde, Aspace, Ebiotec e Fundación ONCE para organizar a I Xornada de Discapacitados Hoxe síntome coma ti, cuxo primeiro obxectivo pasaba por concienciar á cidadanía da necesidade de supresión de barreiras arquitectónicas. Quedan moitas cousas por facer, pero pouco a pouco, con este tipo de iniciativas, imos saldando a débeda que a sociedade ten cos discapacitados , recoñeceu o alcalde, Ramón Rodríguez Ares, durante a presentación do programa de actividades.

REDACCIÓN SADA


Durante toda a xornada, decenas de sadenses e visitantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os obstáculos e dificultades de acceso cos que os que estes colectivos se atopan cada día nas rúas.
Demostración > Ao mediodía, os concelleiros de Educación e Recursos Humanos, Marcos López Mallo e María del Mar Fernández Linares, acercáronse ata a praza dos Irmáns Suárez Picallo e comprobaron por si mismos as dificultades do manexo dunha cadeira de rodas. A súa participación no Circuito de Accesibilidade chamou a atención dos curiosos, que tamén puideron observar os últimos avances da tecnoloxía para facilitar a mobilidade e o manexo dos medios de locomoción por parte dos usuarios.
Pola tarde organizáronse varias actividades deportivas, entre elas partidos de baloncesto.