Artigo 1. Razón de ser das migracións. Angel Alonso. Economista. Presidente de Inclusión.

 

Resumo.

Introducción.

Movementos da poboación.

A emigración a América do Sur.

A emigración o centro de Europa (Alemaña).

As migracions interiores.

Os extracomunitarios.

Os emigrantes retornados.

Conclusions.

Bibliografía.

 

Resumo

Comezaremos falando da poboación e dos seus movementos a trav´és dos diversos espazos fisicos e algunha das súas peculiaridades para afondar na situación en Galiza rematando con algunha conclusión interesante.

Introducción

 

Analizamos os movementos da poboación, en particular os sociais, a emigración cara América, o centro de Europa, as migracións interiores e o papel determinante que a Unión Europea vai a representar.

Nos deteremos en analizar as dúas figuras máis recentes no  tempo pero determinantes no  caso español e galego; os extracomunitarios (de grande importancia en España o ser un país fronteira da Unión) e os emigrantes retornados (fluxo importante dado o nivel anterior de emigración).

Concluimos que un grande determinante dos movementos da poboación é o económico, pois sen unha alta demanda ou un diferencial salarial apreciable non sería posible xustificar os movementos na poboación que se están producindo. Ten especial relevancia como abordemos o papel dos extracomunitarios e dos emigrantes retornados xa que logo, sen planificar o que se desexa facer con esos dous colectivos significativos non é posible abordar a globalidade dos problemas que afectan a  man de obra.

 

Movementos da poboación

 

Existen dous grandes grupos de movementos da poboación:

-Os movementos naturais. Ligados a nacementos e defuncións que marcan un crecemento ou decrecemento vexetativo e un rexuvenecemento ou avellentamento da poboación.

Sobre eles é máis difícil actuar e sempre  debe ser necesariamente o longo prazo.

-Os movementos sociais: migración e emigración. Os recursos humáns se moven de países de menor renda, ou con menores posibilidades de obte-la, a paises con esperanza ou renda maior.

Neste segundo grupo é onde cabe maior actuación xerando unha maior renda e riqueza e, fixando ou atraendo poboación, para que esta non se vexa obrigada a emigrar e que un territorio pase de exportador neto de poboación (e man de obra) a importador desta.

Os movementos (naturais e sociais) marcan a oferta de man de obra da que dispoñen os empresarios dunha economía para cun capital e tecnología, de cara a comezar un despegue ou movemento económico global que pode modifica-las condicións de todos.

 

 

A emigración a América do Sur

 

É unha emigración con maior risco, producese nun intre histórico moi concreto de “despegue” de América Latina e se entende como unha propensión a acadar maiores niveis de renda e de riqueza, velahí o dito popular: “face-las américas”.

O diferencial de renda, plasmado eiquí como a posibilidade de obter rendas moi altas e constituir unha clase nos países destino, unido a  escasa seguridade de obter rendas  maiores no  orixe propulsa a asumir un certo risco e ventura o irse. O troco de situación  freou este destino, convertíndose dadas as melloras sociais acadadas en España en orixe de retornos.

As condicións do destino (América) que se convirte en orixe de retornos son cada vez máis difíciles e as condicións de orixe (que se convirte en destino dos retornos) son socialmente mellor, paralelamente a nosa pertenza a  UE e ás melloras do “Benestar”.

Neste fluxo teñen especial sentido a xeralización das pensións e incluso rendas específicas (e outras condicións, como viaxes,…) para facilitar o retorno.

 

A emigración o centro de Europa (Alemaña).

 

E polo contrario unha emigración máis segura, se xustifica nos maiores soldos dunha Europa puxante e con escasísimos niveis de desemprego, Europa da que España seguía allea e con niveis de paro moi distintos do actual. Hai nesta coxuntura histórica unha forte demanda de traballo que os emigrantes axudan a cubrir.

O intre histórico no  que se produce supon o despegue das economías de Europa e a situación de seguridade salarial, contratos en xeral indefinidos e en boas condicións e as posteriores a  idade activa, boas coberturas de pensións de xubilación,… fan que os retornos a idades avanzadas, sexan moi reducidos.

O diferencial salarial (maiores soldos en destino) unido a  certeza dun traballo seguro provocaron nun intre histórico concreto fortes movementos migratorios. O crecemento do chamado “Estado do Benestarxoga a prol da súa permanencia indefinida.

 

As migracións interiores.

 

En principio se xustifica con demandas estacionais fortes e concretas. Hoxe en día o entorno mudou para os fluxos xerais e tra-la supresión de dificultades de tránsito no  interior da UE,  as migracións no  interior da Unión gozan das características de migracións interiores cuxo exemplo tradicional é a baseada na alta demanda estacional de “galegosnas zonas turísticas do sur de España. Tamén a vendima en Francia presenta unha demanda estacional elevada.

Unha migración interior, usamos como exemplo paradigmático o das Canarias ou a  Costa do Sol en verán, se basea nunha forte demanda nun espazo interior da UE concreto e que ademáis é cuberto principalmente por traballadores “interiores” (cousa que non sucede tanto na vendimia).

 

Os extracomunitarios.

 

España  pasou de ser un estado exportador de man de obra a un estado importador, ligado elo a súa posición como membro da UE.

As fronteiras interiores da Unión se debilitan o tempo que se fortalecen as exteriores, significando estas un cisma entre a riqueza interior e a, en xeral, pobreza circundante.

España se convirte nun país fronteira da Unión e o acceso de emigrantes, especialmente do Magreb (anque tamén subsaharianos), as mellores condicións laborais que reportan as leis da Unión fai que ese colectivo teña unha grande importancia.

 

Os emigrantes retornados.

 

Para este fenómeno dos emigrantes retornados  deben darse dúas premisas anteriores que España e Galicia cumplen:

-Altas taxas de emigración precedentes.

-Mellora da esperanza e condicións de vida actuais.

 

Con todo isto produxose un retorno de moitos fill@s de galegos que “voltán a patria nai”, sobor de todo e de destacar o colectivo arxentino, uruguaio,... entre outros.

Estes retornados gozan da cidadanía galega, e polo tanto, da europea por ser descendentes directos de galegos; todo isto ven acompañado dun forte tecido social das comunidades de galegos no exterior.

 

Conclusións.

 

Os fluxos migratorios que outrora cruzaban o atlántico o fluían cara a Europa central son hoxe dende o cono sur cara o cono norte, xa sexa dende África cara Europa ou dende Ámerica do sur cara Ámerica do norte. Os procesos de globalización económica e a popularización masiva dos meidos de comunicación achegan os lugares máis reconditos do globo as diferentas existentes entre uns e outros paises, promovendo os fluxos migratorios continuos. Todo isto ven acrecentado pola forte presión demográfica dos países subdeserrolados ou en vías de desenrrolo que contrasta co avellentamento acelerado dos países desenrrolados.

 

Bibliografía.

*Alonso González, Ángel y Álvarez Gómez, Julio: “Entorno a los conceptos de crecimiento y desarrollo económico” in xornal Inclusión nº4, www.inclusionweb.org  2005”

*Alonso González, Angel “Exclusión social I. Inclusión por el empleo” Ed. Cronicas Visuales. Vigo 2.003

* Alonso González, Ángel, “ “ in Ceidir review www.ceidir.org. 2003.

*Estevill, Jordi; Besnier, Alain; Valadrou, Cristian:”Las empresas sociales en Europa. Comisión europea. Dirección general V. Empleo relaciones industriales y asuntos sociales. Ed. Hacer. Barcelona. 1984.

*Giddens, Anthony “La tercera vía. La renovación de la socialdemocracia”. Ed.Taurus. Madrid 1.999

*García Delgado, Jose Luis (director). España, Economía . Ed. Espasa Calpe. Madrid 1993.

*González Laxe, Fernando (coordinador). Estructura económica da Galicia. Ed. Espasa Calpe. Madrid  1992.

*Vázquez Barquero, Antonio. “Desarrollo local. Una estrategia para la creación de empleo”. Ed. Pirámide. Madrid. 1988.

*Vázquez Barquero, Antonio. “Política económica local”. Ed. Pirámide. Madrid. 1993.

*Vázquez Barquero, Antonio y Garofoli, G: “Desarrollo local en Europa”Ed. Col. De Economistas. Madrid. 1995.