ARTIGO
Introducción
Nesta sociedade do século XXI son moitos os novos fenómenos emerxentes que estamos
a albiscar e paradoxicamente outros fenómenos antigos que non fan máis que
rexurdir tristemente para o noso sonrroxo social.
A violencia de xénero cóbrase cada ano ducias de mortes, mortes froito da
sen razón. Tratremos de profundizar nos seguintes epigrafes nas situacións,
causas, efectos, consecuencias e posibles solucións dun fenómeno que vai en
aumento.
Violencia tolerancia cero
Por
activa ou por pasiva a Violencia de xénero debe ser desterrada da sociedade.
Esta idea compartimo-la dende moitas
entidades sociais que como inclusión estamos a traballar contra desta lacra.
Todos estamos dacordo en que a Violencia de Xénero
baseada en diferenzas entre
sexos esta mal, pero algúns dos nosos
comportamentos a toleran.
Estatísticamente, os datos recollidos por
Inés Alberdi no traballo
Violencia: tolerancia cero editado pola Fundación
Andalucía (con 13 víctimas en
1999 e 19 en 2004), Cataluña (9 en 1999; 11 en 2004) e a Comunidade
Valenciana (6 en 1999 e 9 en 2004) son territorialmente as rexions
nas que o número de agresions foi maior.
O incremento do número de
víctimas se corresponde cunha multiplicación das
denuncias nunha proporción notablemente maior. Das 43.313 denuncias recollidas
en 2002 vinculadas a violencia de xénero se pasou a 57.527, en 2004.
De esta cifra total de demandas, 40.518 teñen por obxeto accions constitutitivas de delito e 17.009 se refiren
a conductas tipificadas como faltas leves. A pesares do incremento de denuncias
por malos tratos realizadas polas mulleres, estimado
en 7.000 novas demandas anuais, o número de agresions en España que permanecen no olvido continúa sendo moi
importante.
Violencia familiar
De todalas
mostras actuais de
maltrato, a violencia doméstica constitue, sociolóxicamente, unha das maiores lacras da actualidade.
Segundo a doutora Inés Alberdi, a violencia contra as
mulleres ten a súa orixe
no patriarcado, unha
forma de dominio e de organización social a
que contribuiron
históricamente a filosofía, a relixión e todo o conxunto da cultura occidental.
A organización patriarcal alimentou o maltrato cara as mulleres nas
súas máis diversas formas,
de entre as que a doctora Alberdi destaca:
- A violencia e o acoso sexual.
- A violación como arma de guerra.
- O tráfego de mulleres.
- A violencia familiar e conxugal.
Nos últimos tempos, nembargantes, a multiplicación do
número de divorcios pon en cuestión o mantemento da sociedade patriarcal. En España, o número de separacions e divorcios
foi en aumento progresivo nos últimos 20 anos.
Na actualidade, anualmente
contraen matrimonio unhas 200.000 parejas e se
producen 100.000 rupturas legais.
Violencia física, psíquica o sexual
Analicemos cales son os comportamentos dos violent@s que
non debemos tolerar:
Violencia física;
Lle insulta ou ameaza
Producelle
medo
Chega
a empuxala ou a golpeala
Violencia psíquica ou desvalorización;
Non ten en conta as súas necesidades
Non valora o traballo que realiza
Ironiza, non
valora as súas creenzas
Violencia psíquica de
control;
Impedimento de ver a súa
familia ou ter relacións con
amigos e veciños
Decide
o que pode ou non facer
Retiralle
o diñeiro que ela gaña
Violencia sexual;
Forza
as relacións sen consentimento
CADA VEZ SON MÁIS
XÓVENES AS MULLERES AFECTADAS POR ESTA LACRA
A Prostitución, outra forma
de violencia.
O combate contra a prostitución e parte integrante
do combate polos Dereitos Humanos; debemos loitar por todos e cada un de weles
e non renunciar nin vender ningún. A defensa dos
principios e dos ideais do Convenio do 2 de decembro de 1949, onde Nacións
Unidas adoptou a Convención Internacional Contra a
Trata de Persoas e alotacion
da Prostitución, non parece interesar. E dfebemos
preguntarnos, porque esos principios non interesan, e atopariamonos
con que esa fillosofía é contraria ó liberalismo que
está a triunfar. Atopámonos
nun contexto no que os / as que loitamos
en pro do Convenio de 1949 podemos ata ser
tachados/as de inimigas/os da liberdade
polos partidarios da legalización. Fins económicos.
Regularizar a prostiución e o mellor xeito de consolidala e desenvolvela, non
tanto de loitar contra ela,
xa que permite unha mellor organización da súa
explotación. O que non sería malo senon se tratar de unha actividade vexatoria contra a muller. Non
beneficia a esta. Eso sabeno moi
ben as organizacions de
proxenetas e traficantes que así poderán contratar
mozas lastinoamericanas, asiáticas, africanas,ou procedentes do Este de Europa, drogadictas ou outras excluidas, marxinadas ou pobres; o mercado e
amplio e variado. Imos a poder organizar con tranquilidade o paso de todas estas mulleres, que teñen en común ter outro problema que causa marxinación
ou exclusión (na meirande parte probes), dos paises con excasos recursos os
ricos. ¿Podemos aceptar esa alternativa
como solución a pobreza das mulleres? .¿Acaso non debemos loitar
contra ese sistema de sociedade que empobrece as
mulleres obrigandoas a aceptar esta solución?. ¿Eso é ser amigo/a da liberdade?.
Violencia laboral
O traballo
é un factor determinante no desenrrolo social dunha persoa, tendo
esto en conta debemos plantexarnos
cal é a situación da muller no mercado laboral e os
condicionantes sociais que isto
representa.
Diferenzas salariais: está demostrado
que a muller cobra menos por realizar o mesmo traballo. Ademáis se agochan traballos iguais con diferentes denominacions
e categorías: ej. Si é home
xerente, si é muller
secretaria co mesmo
traballo, administrativo.
Profesions vedadas (non legalmente). A prohibición legal de
realizar traballos se agocha
nunhas supostas menores
cualidades ou problemas físicos o que resulta
evidente que non se dá nos primeiros
casos e no último (mineira) representamos a última
profesión prohibida para a muller.
Marta Salorio, é un exemplo do que pretendemos amosar,
unha fotografa muller que fotografía homes,
cando o “normal” é o inverso.
Mónica Alonso, realiza unha
laboura “estrana” é
animadora “paiasa”.
Acoso (Mobing):
O acoso psicolóxico
no traballo (mobbing) é un fenómeno que se ven producindo
dende fai moito tempo o que
só recentemente se lle está prestando atención dende os xuzgados
do social.
Os
estudiosos do tema definen o acoso laboral polos seus
síntomas e as súas causas: unha
presión psicolóxica desmesurada exercida
no traballador
que se manifesta nunha
conducta abusiva a través de comportamentos,
palabras, actos, xestos e escritos que son
susceptibles de atentar contra a personalidade, a dignidade ou a integridade física o psíquica do individuo, pudiendo poñer en perigo o seu emprego ou
degrada-lo clima laboral.![]()
O noso
ordeamento xurídico non contemplou de xeito especifico esta figura ata a derradeira
“Lei de Acompañamento”. Por
outra banda, a maioría dos traballador@s descoñecen que é o
acoso psicolóxico. Nembargantes,
diferentes resolucións xudiciais,
estudios científicos e doctrinais comenzaron a abrir un proceso encamiñado a regular legalmente este problema que cada día
se da con más asiduidade nas
relacións laborais. En
consecuencia, anque con dificultades, é posible
contrarrestar estas conductas tentando liberar a víctima mediante a axuda
de profesionais da saude, xurídica e sindical, do resultado perverso do acoso psicolóxico no eido laboral.
O acosador pode ser un xef@, un subordinado, un compañeiro
de traballo, e incluso un grupo. Anque non existen
datos determinantes, estos revelan:
1.
Que en moitos dos casos son os xef@s
os que exercen acoso sobor
dos subordinad@s, xa que se
produce unha situación de xerarquía
que leva a conflictos de poder ou a posibilidade de abusar do mismo.
2. Hai quenes manteñen
que adoita ser exercido por
xef@s de cargos intermedios, cun
carácter resentido e mediocre.
3.
No caso de compañeir@s de traballo
o conflicto soe deberse a unha
conducta competitiva entre persoas que desempeñen
similares tarefas, ou que
se postulan por un mesmo ascenso.
Conclusións
A
violencia de xénero é unha
lacra social que ten múltiples ramificacións na nosa sociedade.
As solucións deben ser multidisciplinares, que van
dende un programa pedagógico específico nas escolas, unha sensibilización
social, un endurecemento do código penal ata unha seríe de trocos na forma de percibir a muller
dende certos eidos da sociedade actual.
Bibliografía
*Castells,
Manuel (1998) La era de la información, Vol. 3, Fin de Milenio, Alianza
Editorial, Madrid.
*Castells,
Manuel (1998) The Information age: Economy, Society and culture. Vol. I, The rise of the network
society. Vol II, The power of identity; Blacwell Ed.,
*Giddens, Anthony (2000) Il mondo che cambia. Come
la globalizzazione ridisegna la nostra vita, Il Mulino, Bologna.
*Krugman, Paul (1997) Un’ossessione pelicorosa. Il
falso mito dell’economia globale. Ed. Etaslibri, Milano.
*Krugman, Paul (1999)
Internacionalismo Pop, Editorial Norma, Bogotá; pags.
201 y 201.
*
Stiglitz, Joseph E. (2004). Los felices 90. La semilla de