ARTIGO 5. Vida independente e autonomía persoal. POR MANUEL ESCOURIDO CALVO, ECONOMISTA.

 

O importante non é cal poida ser a capacidade de mellora física, sensorial ou intelectual, senón cal é a mellor maneira e a máis rápida para que calquera persoa con discapacidade poida acadar os máis altos niveis de participación e autocontrol sobre a súa propia vida, ata onde sexa posible para cada unha delas. Esta é  a filosofía do Movemento de Vida Independente, nacido a finais dos anos 60 na Universidade de Berkeley (California-USA) e que hoxe se está a extender por todo o mundo. Dende este Movemento demándase unha integración plena e activa de tódalas persoas con discapacidade, con independencia da su eiva e do tipo de deficiencia, mediante a participación directa en tódolos aspectos que afectan ás suas propias vidas. O Movemento de Vida Independente,  a través dos servizos prestados dende os Centros de Vida Independente (CIL, según acrónimo inglés), demostrou que outro mundo é posible para as persoas que ainda viven ailladas e atrapadas no sistema médico-rehabilitador, se poden contar con servizos accesibles, axudas técnicas e asistencia persoal. Este Movemento responde, por tanto, á existencia de barreiras físicas e psicológicas na comunidade, ás reducidas expectativas de realización persoal, á estigmatización da discapacidade, ós prexuizos que ela conleva e a discriminación social, política e económica que limita ás persoas con graves discapacidades ata a súa desaparición total.

 

A institucionalización obligatoria, ou a falla de alternativas  a ésta, e a segregación na educación, o emprego e o consumo son violacións directas dos dereitos humáns. Sempre existen presións políticas e legais para limitar os dereitos das persoas con dicapacidade. O Movemento de Vida Independente desenrola a súa filosofía mediante tres tipos de accións:

 

a)     Mediante activismo político e social das persoas que queren vivir unha vida independente, demandando a supresión da lexislación discriminatoria e xerando novas leis que garantan os seus dereitos civís.

b)    Mediante o desenrolo de investigacións dirixidas por persoas con discapacidade e sen discapacidade, dende centros universitarios para demostrar a viabilidade práctica desta filosofía en diferentes áreas do coñecemento, como: filosofía, socioloxía, economía e política.

c)     Mediante o apoio ás iniciativas emprendedoras das persoas con discapacidade para crear Centros de Vida Independente.

 

O Movemento de Vida Independente establece unha serie de principios que orientan a súa actividade e que teñen un carácter permanente dende ás súas orixes: Autodeterminación, Autocontrol, Igualdade de oportunidades, Non-discriminación, Consumo de satifactores, e Calidade de vida.

 

En España, temos a posibilidade de comprobar coma o gando, nos máis modernos establos, está mellor atendido que miles de persoas que reciben dúas ou tres horas de atención de axuda a domicilio á semana para levantarse, vestirse, asearse o sair á rúa e que, tarde ou cedo, terán que ser institucionalizadas cando os seus pais ou a sua parella acaden unha edade ou deterioro que lles impida seguir traballando gratis para a sociedade. Cartas denegatorias por falla de orzamento para eliminar barreiras arquitectónicas na vivenda ou para axudas técnicas indispensables, loitas maratonianas coa comunidade de veciños para poder sair e entrar na casa con certa dignidade, discusións denigrantes para facer unha viaxe en tren, estratexias surrealistas para lavar a cara nun hotel. Dor cando un oberva como se evita que poidan ser vistas persoas con deficiencias mentais construindo edificios onde recibirán servizos o máis lonxe posible dos centros urbáns. Escoitar deplorables argumentos, de impresionante crudeza, polos que se nega o recoñecemento oficial da linguaxe de sinais ós xordos. Ceder ante administracións sen documentación en braille ou ver como se crea un mundo baseado na imaxe cun diseño onde os invidentes non teñen lugar.

 

O Estado e o modelo médico-rehabilitador e asistencial, estableceron, dende hai tempo, unha relación perversa entre discapacidade e ausencia  de dereitos civís, nun grao que a maioría da poboación non toleraría de ningún xeito. A discriminación económica e social das persoas con discapacidade, tempo, convertiuse nunca opresión endémica e estructurada que o noso sistema social convertiu en categoría industrial, supeditada a unha lexión de técnicos, expertos e operarios aplicando os seus métodos de intervención e control social, soportados por infinidade de instrumentos políticos, que perpetúan fracasados modelos de integración.

 

As persoas con discapacidade somos capaces, coma calquera outro cidadán, de autodeterminar as súas necesidades e os procedementos para satisfacelas. O feito de que teñamos unha forte relación coa súa discapacidade non nos incapacita nin en dereito nin en autoridade, e moito menos xustifica a discriminación legal fronte o Estado, polo argumento do maiorcuste” das políticas asistenciais: non debería ser un custe asistencial o que nunca deixou de ser igualdade ante a lei. Ningún dereito humán poder ter plazos de tempo ou restriccións económicas para o seu cumprimento, e quenes os toleren deben asumir que exercen a opresión e a discriminación.  Garantir os dereitos básicos das persoas non admite condicionantes de orzamento. Cando se di que non hai máis fondos, non é que non existan senón que se adican a outros proxectos que non son os de salvagardar os dereitos e as libertades fundamentais.