artigo 2. os dous grandes proxetos de Inclusión. Angel Alonso González Presidente de Inclusión.

 

 

Resumo

 Presento de forma resumida e comprensible os dous proxectos básicos de Inclusión: o Centro de Inserción socio-laboral Inclusión (CISI), que se situará nos nosos terreos de Poio e o centro de Infancia Ludoteca Inclusión que se situará nun amplo e luminoso baixo que Inclusión ten alugado por 7 anos na localidade de Sada. Son dous ambiciosos proxectos que polo seu volume requiren cofinanciación da UE para os investimentos precisos para a súa implantación. Neste número van tamén artigos dos dous mozos que se farán cargo de levar a bo fin ambos proxectos: Luís e Carolina. Intento contarlles o fío dos proxectos e non pararme en cada un deles para que sexan os propios encargados os que vaian asumindo a responsabilidade de transmitir o que fan, por que o fan e como o fan,... non entanto se teñen algunha dúbida aclararémoslla gustosamente.

Luís asumirá a dirección do CISI e a coordinación xeral e Carolina será a nosa ludotecaria xefe e asumirá temporalmente, e esperemos que por pouco tempo por asumi-las unha terceira persoa, os labores de secretariado e dirección de Inclusión A Coruña.
Inclusión realiza grande número de actividades, é unha asociación dinámica, e ademais as actividades a desenvolver e o apoio dos poderes públicos vai en progresión, diriamos xeométrica ao longo dos seus xa case catro anos. No entanto estes dous proxectos singulares supoñen unha transformación cuantitativa (que non cualitativa) importante.

 O proxecto de Poio xa foi resolto favorablemente no periodo entre a anterior revista e esta, sendo valorado en 235.441,8€, ao proxecto asignóuselle unha subvención do 77,25 % isto é 181.878,79€ pero por deficiencias orzamentarias da axencia de desenvolvemento local puidéron asignarnos 163.000€ quedando 21.878,79 aprobados pero pendentes dunha asignación ou reasignación orzamentaria posterior. Aínda así, seguimos crendo na viabilidade do noso proxecto estrela. O outro proxecto tamén foi aprobado pero a asignación económica irá nun periodo posterior. E xa se vén asomando un terceiro proxecto de cooperación internacional con México.

 

Introdución

A realización das múltiples actividades que leva a cabo Inclusión fai precisa unha infraestructura básica e de nace a idea de crear e dotarnos do Centro de Inserción Socio-Laboral Inclusión (CISI), que fará ao mesmo tempo de centro de formación socio-laboral e de base central e estratéxica. É a primeira e máis importante infraestructura planificada por Inclusión, tanto pola súa calidade, como temporalmente e atópase nunha fase moi avanzada.
Suscita unha construción con accesos adaptados e armónica co incomparable marco onde se sitúa (ría de Pontevedra).
Destinarase, como xa avanzamos a dúas cousas fundamentalmente: formación dos diversos colectivos cara ao emprego (e procura e seguemento deste)/deste:, en definitiva á súa inserción social polo emprego e ocuparase tamén da dirección xeral da asociación. Neste edificio central, compartindo espazo físico e sendo útil para ambas funcións, situarase a nosa biblioteca, tradicional e informática, que dispoñerá de subsedes en cada local de Inclusión (biblioteca que pese a non avanzar todo o aprisa que desexo xa pasa dos 200 exemplares e urxe a tarefa de organiza-la). O plano final deste edificio pode ser xa consultado, ata hai unha reprodución en tres dimensións.
Posteriormente observásense algunhas carencias de dotacións básicas (en especial na zona norte) e xorde a idea do centro de infancia-ludoteca Inclusión con dous obxectivos claros: o xogo da infancia (que ademais educa) e o respiro familiar que posibilita unha maior igualdade home muller e permitirá á muller acceder a un traballo en condicións máis igualitarias con respecto ao varón.
Na ludoteca, como é lóxico, situarase a maior parte da literatura infantil.
É pois un centro con dous obxectivos claros, a infancia e o traballo das mulleres-nais.

 Ademais a situación física (Provincia da Coruña) dese centro posibilita unha axuda, para a xestión, da diputación herculina, que comparte os obxectivos de evitar a exclusión do sexo feminino e posibilitar a súa igualdade co varón. E é alí onde situaremos, co seu tempo, a xestión de toda a zona norte da asociación, particularmente activa é Inclusión A Coruña.
Suscitamos pois, dous proxectos singularmente importantes para a asociación: un central, o de Poio, que se suscita á súa vez para atender a todos os colectivos e á comarca de Pontevedra e por extensión ao sur de Galicia e outro, a ludoteca, para atender aos individuos da Coruña e por extensión aos do norte. Paralelamente a estes grandes proxetos a asociación continuará o seu labor de divulgación que se verá reforzada coas sinerxias que cren estes dous importantes proxectos.

 O terceiro proxecto que se aveciña será de cooperación internacional.

CISI Poio

 

Empezarei cronolóxicamente, a máis diso, por ser a infraestructura prioritaria, sinalando os avatares do CISI de Poio.
Esta importante infraestructura xa aparece recollida con toda a amplitude que se precisa en este e outros apartados da web, dada a súa enorme importancia no devir desta asociación, pero non entanto, para aqueles que sentan curiosidade, nun ou outro extremo, que pregunten e daráselles toda a información que temos.
A razón de ser do CISI é o emprego de colectivos en situación ou risco de exclusión na convicción de que o traballo normaliza, a máis diso unha articulación do territorio que non pode ser indiferente ao uso nin ao lugar en que se desenvolve.
No artigo de Luís Leiro atopasen sen dúbida maiores detalles de como vai o proxecto (administrativa e ata políticamente falando) pero eu como presidente quero facer constar que a nosa decisión como colectivo, e máis aló a miña persoal, que avalo o proxecto, é firme.
A idea orixinaria do proxecto é a seguinte, integrar recursos humanos en risco de exclusión en actividades produtivas e integrar o territorio, Poio- ría de Pontevedra, como axente dinamizador e activo.

 Iso culminaría o noso labor no Sur de Galicia.
O proxecto do CISI dedicarase á ría de Pontevedra e paralelamente situarase alí físicamente a sé central de Inclusión, a Asociación suscita unha total autonomía das sedes.
No periodo deste número por fin prodúcese a asignación definitiva que ascende a 181.878,79€ resultado de aplicar a porcentaxe obtida de 77,25 % sobre o orzamento elexible 235.441,8€ ligeramente inferior ao proposto 335.847.74€ pero aínda así suficiente para realizar o proxecto.
A axuda limítase ademais na súa concesión a 163.000€ pola disponibilidade de recursos actual da ADR, algo máis porque os “flecos” xogaron a favor esta vez. Aínda así é de esperar que se aumentan os recursos se de unha asignación íntegra.
Iso implica un troco cuantitativamente importante nos fondos da asociación, pois primeiro eramos unha asociación voluntarista, con patrimonio 0 como recollen os nosos estatutos fundacionais, para pasar a posuír un patrimonio propio coa adquisición de terreos, a obtención de permisos e agora de axudas vinculadas a isto e en breve gozaremos do edificio.

 

Ludoteca Inclusión


O segundo proxecto de maior peso é sen dúbida a constitución dunha ludoteca en Sada (provincia-comarca e contorna da Coruña), no local que Inclusión ten alugado a tal fin.
Trátase dun proxecto totalmente distinto e independente do anterior.
Este proxecto posúe unha subvención para a súa xestión de 8.992€ da diputación da Coruña con cargo o ano 2006, na liña de posibilitar maior igualdade home-muller.

 Tamén acudiu a financiamento comunitario aínda que o proceso iniciouse con posterioridade, e a día de hoxe aínda non está resolto pero contamos con todos os pronuciamentos favorables e imos dando pasos firmes cara á súa consecución.
O expediente comunitario está aprobado, pero á espera de fondos, aínda que se atopa nun 5º lugar (próximo) á consecución de fondos.
A porcentaxe é elevada 79,20% e a cuantía aprobada importante para a asociación (82.512,12€) o que permitiría un investimento sen apertarse o cinto, cousa que nos veremos obrigados a facer en caso de ter que afrontar o investimento na súa totalidade, con fondos propios, este redimensionamento tería lugar para garantir a viabilidade do proxecto aínda que todo parece facer ver que non será preciso.

A subvención á xestión (e primeiros pasos) están financiados a través a diputación da Coruña e o primeiro expediente estará ao cobro en breve asi como xa están solicitadas outras dúas axudas autónomas e compatibles coa da UE.

Tamén se solicitarán axudas ao emprego das novas encargadas a levar a bo fin este proxecto.

Trátase de dous proxectos diferentes na súa concepción pois parten de dúas contornas e comarcas con necesidades moi distintas e o seu público obxectivotarget” é radicalmente distinto. Con eles Inclusión suscita abarcar dúas realidades moi diferentes a do norte e a do sur de Galicia.

 Posteriormente afrontarase un proxecto de cooperación internacional cos compañeiros de CEIDIR (Mexico) destacando ademais que o seu diretor xa colaborou nun número anterior desta revista e eu xa colaborei na súa Ceidir review.

 

 

Fondos estrucurais

 

Para a financiación da elevada inversión inicial precisa en ambolos proxectos principais, Inclusión  acudiu ás convocatorias oficiais dos fondos FEDER, no  caso da zona norte xestionados a traves de Terra das Mariñas e no  caso da zona sur xestionados pola asociación Comarca de Pontevedra.

O que corresponde a  zona sur se  iniciou con moita anticipación sobre o da zona  norte presentando xa unha comunicación de concesión de axuda anterior, de data 10 Novembro 2006, lonxe do 29 de xuño do 2005 no  que o comezabamos. Pero a súa resolución é feliz e positiva o fin, agora a esperar que o expedente da ludoteca (tamén comezado fai tempo) teña igual fin.

No expedente de Sada nos atopabamos agora nunha situación difícil, aprobados pero sen fondos, co cal non podemos facer nada polo expedente posto que  reune toda-las condicions esixidas. De todas formas a situación non é  desesperada posto que somos o quinto proxecto en orde de esa situación, o que nos posiciona ben cara a unha segura repesca de proxectos. Outras dúas alternativas serían a financiación autónoma (a traves de AGADER) ou retomar  a súa presentación cara a fondos 2007-2012.

O proxecto reune toda-las condicions para ser beneficiario de fondos de feito a puntuación obtida (79,20%) é dabondo alta, si ben as datas (que coinciden co remate dun período e o principio de outro) sen dúbida non son nada propicias.

Neste segundo proxecto é máis importante, si cabe, diferenciar entre xestión (garantida pola diputación de A Coruña) e inversión (que é o que se plantexa no  expediente Proder). De forma subsidiaria esta inversión podería cubrirse por outras entidades públicas ou pola propia asociación, pero o proxecto-inversión sufriría, sin duda, una merma considerable.

 

Conclusions

 

Non é un intre especialmente oportuno para elevar conclusions, xa que logo,  para apoiar estos dous importantes proxectos; o de Poio parece que xa deu o seu pistoletazo de saida, pois xa reune casi todolos fondos para face-lo efectivo, no  de Sada aínda non recabou todolos fondos, hai fondos aprobados pero indispoñibles, non obstante, é decisión firme da asociación afrontar os dous proxectos na medida en que as inversiones sexan posibles. E evidente que o non poder planificar de inmediato as situacións e os fondos supondrá un problema, pero nós non imos a deternos por elo, Inclusión crecerá considerablemente.

As inversións fixas subvencionables a realizar nestes dous importantes proxectos galegos serán cubertas en porcentaxes elevados (máis do 75%) por fondos públicos. No caso do CISI de Poio se comezará a dispoñer deles en breve, contra a oportuna realización  das obras descritas e no caso de Sada, agardaremos o levantamento das reservas sobre o emprego de estes fondos por parte da nosa Asociación.

O terceiro proxecto nace agora e tentará ser o primeiro no  que Inclusión aborde a cooperación internacional en Santa Fe (Mexico).