ARTIGO 4. AS MULLERES E OS XOVENES.
Xaime Cabeza. Profesor Universidade de Vigo, Maria Xesus Freire-profesora
Universidade da Coruña, Luisa Celis Sanmiguel. Tecnica de emprego local.
(o artigo é un resume do presentado no programa
a terra solidaria das mariñas)
RESUMO
Os colectivos das mulleres e dos xóvenes son dous colectivos que
actúan de dinamizadores sociais e económicos, para elo é preciso unha igualdade real destes colectivos co
resto da sociedade. Son importantes os pasos dados
para unha igualdade real de
xénero. Aboradaremos a
problemática da súa empregabilidade
e da súa situación na sociedade galega actual.
O emprego nas
mulleres
A muller é maioritaria na sociedade galega, representa o 52% do total, pola contra no mercado de traballo
aínda esta en minoría, circunscribese a traballos reducidos, os denominados “de mulleres” que se
corresponden os que desenvolvía a muller de xeito cotiá; empregadas
do fogar, enfermeiras, coidadoras, limpadoras,
conserverías, axudantes de cociña,
camareiras,…
Os postos
elevados do escalafon laboral estan
ainda reducidos para as mulleres, con denominado teito de cristal, denotase esta característica das
sociedades postindustriais, a muller
vese afastada(salvo contadas
excepcións) dos postos de mando das grandes empresas
e das xuntas diretivas e consellos das entidades públicas, isto debese a
múltiples factores sociolóxicos, que non de índole real, xa que logo, a muller
e maioritaria cuantitativa e cualitativamente, xa que
logo, é maioritaria
entódals titulacións
académicas tanto en número como en tituladas.
Falaremos agora das axudas,
que para paliar a situación de desemprego co que se atopan as mulleres, se puxeron en
marcha:
Plan mera
Pretende a creación de autoemprego nas mulleres; axudas o autoemprego, o contrato
da propia promotora ademáis da contratación doutra muller por contrato indefinido por outros
5 anos. Plan de viabilidade, cunha
memoria económica baseada en tres anos, ata 18.000€,
ata o 50% do investimento no seu
plan de inversións, unha
das mulleres debe estar anotada 3 meses INEM.
Programa labora para entidades locais
Destinado a menores de 30 anos
inscritos como demandantes de emprego, cunha antigüidade de 4 meses, ou
que non traballaran 180 dias nos derradeiros
3 anos. Para inscribirse no servizo publico de emprego e no servizo galego de colocación. Tentase incentivar o emprego dos xóvenes durante 12
meses, non prorrogable.
Axudas a entidades sen ánimo
de lucro
Para entidades culturais
e sociais a contratación de determinados colectivos
en dificultades de inserción.
Proxecto Arela
Continuación do programa Pertega realziado nos anos
2000-2003, sería a segunda fase do proxecto, desenvolto polo Consorcio das Mariñas, a través do fondo
social europeo. Desenrrolar iniciativas do tecido productivo con actividades determinadas para
mulleres, nenos, maiores,…
a través de varias iniciativas, formación e emprego e
iniciativas empresariais.
O traballo dos menores
Este é un problema que lonxe de abolirse volta con maís forza.
A globalización económica esta a
propiciar deslocalizacións empresariais
de dubidosa moralidade con
este colectivo.
En Galiza temos ratios menores que os dos demáis
continentes, no referente o traballo dos nenos, ainda así atopámonos con vestigios do pasado que compre extinguir.
Hai un concepto que
é “a minoria de idade”, hai traballo por debaixo dos 16 anos; no traballo
familiar, na hosteleria, no
medio rural (agricultura, pesca,…), que é ilegal e que se centra na economía informal.
Os nosos nenos non sofren as mesmas eivas que os nenos de lugares menos desenrrolados
económicamente, aínda así compre facerfincapé
en que empresas de eiqui non vaian
facer fora o que non esta legalizado na nosa terra.
Así, estamos a albiscar que nas
fases de subcontratación das empresas, por exemplo unha empresa textil
cunha empresa turca ou
china, os menores vense afectados, en traballos infrahumáns que eiqui serían denotados como ilegais
e con consecuencias xuridico-penais,
equeatopan acubillo, xa que son fora de Galicia pero
con capital galego.
Hai un convenio da OIT que fala da utilizacion dos nenos na pornografia
e no trafego de drogas, traballos
perigosos (minas, construccion)
e noutros sectores da nosa
economía que son capitalizados eiqui e realizados en
países con lexislacións “brandas”.
Os estudos nos nosos
xóvenes
Faremos unha
diferenciación xa dende o comezo:
estudios regrados
e non regrados.
Os regrados
son aqueles con homologación oficial e recoñecidos por algunha insititución de carácter público (universidades,
institutos, centros de formación, colexios…).
O Ensino regrado atópase cunha seríe de eivas:
-Excesiva duración: as ensinanzas medias e superiores están distribuidas en ciclos
longos no tempo esto fai que o estudante
acaba os estudos a idades moi elevadas, isto unido o
declive dos estudos sociais
e o exceso doutras titulacións
que non vai parello a
demanda real, fai unha creba entre a oferta e a demanda laboral.
Os datos dos que dispoñemos
e que falan dunha
permanencia na universidade
moi longa, cando rematan as carreiras
son individuos moi vellos en relacion
a UE, é unha eiva a efectos
de incorporacion as categorías de “xunior ou aprendizaxe”
nas grandes
empresas. No reino unido son carreiras de 3
anos e no resto o periodo máximo son 4 anos, en España reduciuse
o tempo na Universidade os catro pero mantendo as mateiras importantes e accesorias, así en catro anos e moi dificultoso cos mesmos contidos, supera-los
en menos tempo. Debense centrar en materias fundamentais para a carreira, non
360 creditos en catro anos,
deste xeito so uns poucos poderian
remata-los no prazo dos 4 anos.
-Estudos fora de Galiza; o pasado ano 1024
estudantes
cursaron estudos fora
de Galicia; 270 na
UNED, 180 na Complutense, 120 na Politécnica e 80 en Salamanca. Algunha
das razóns foron as notas de corte, estudar
nunha Universidade de maior renome ou a modalide a
distancia, que permite compaxinar os estudos co traballo .
-A fábrica de parados: a masificacion na Universidade abarata a man de
obra, pecha portas os profesionais e fai un embudo na saída dos rapaces o mercado laboral. Isto
débese os desajustes entre a demanda real das carreiras
e as matriculacións dos alumnos, o cal non e
productivo nin para a sociedade
nin para os alumnos.