Artígo 5. O Centro de Infancia - Ludoteca Inclusión. Carolina Patiño
Freire, ludotecaria xefa.
RESUMO
O que segue é un artígo introductorio sobre unha realidade que me preocupa e a que volverei máis adiante.
Para comezar definirei
o concepto de xogo e as súas
utilidades, asi como as características nas que @ nen@ desenrrola o seu potencial ca axuda do xogo
tradicional ou empregando
as novas tecnoloxías presentes no centro. Estes elementos ou características
positivas para o neno son os que pretendemos
potenciar co Centro de Infancia-Ludoteca Inclusión. Os derradeiros
apartados os adico ás
magnitudes concretas do proxecto; A aula de
informática, a Sala de xogos,…
INTRODUCION
Para achegarnos a un concepto
definición de ludoteca-centro de infancia podemos empregar
a etimoloxía, así a palabra ludoteca veñen do latín “ludos” que
significa xogo, festa, a
cal foi unidade á palabra “theca” que significa caixa ou local para gardar algo. Máis
aló desta definición as ludotecas non só son locais onde se gardan xogos e xoguetes, non son un simple depósito de xoguetes.
Si tratamos de achegarnos o concepto “Centro de
infancia” tenríamos que facer referencia a todolos aspectos que rodean o neno,
pero nos que o xogo representa un papel prioritario. As novas tecnoloxías
representan un papel pioritario tanto na vida do neno como no noso centro.
HISTORIA DAS
LUDOTECAS
A primeira
ludoteca data de 1934, na cidade
de “Os Anxos”, California. Esta, copiaba é sistema dunha biblioteca de préstamo deixando
en lugar de libros, xoguetes para utiliza-los na casa. En Europa,
a ludoteca non apareceu ata 1959, en Dinamarca. Coa publicación da Carta dos Dereitos
do Neno en 1959, onde se recolle
no punto 7c o dereito do neno
ao xogo. Os centros de infancia con ludoteca son un
concepto novo que pretende combinar os beneficios dunha
ludoteca con prestar ademáis otros servizos
que permitan unha atención integral do neno.
A LUDOTECA
A ludoteca é un espazo deseñado
para posibilitar vivencias lúdicas con resultados positivos para os nenos/as, a familia e a comunidade.
Aínda que o noso obxectivo principal é crear un espazo
para o desenvolvemento do neno
a través do xogo e a participación nas actividades lúdico formativas.
Se se define a ludoteca como un
lugar destinado ao goce creativo do tempo a través da
actividade lúdica atopamos unhas implicaciones básicas:
1º Non son para ocupar ou usar o tempo libre senón para ¿gozar? un tempo que en virtude
do tipo de actividade que se realiza en o, adquire a dimensión de deliberado.
2º Os xoguetes cos que se vai
a dotar o centro de infancia Inclusión son aqueles
pertinentes para facilitar unha convivencia lúdico pedagóxica, non se trata de poñer
ao usuario e o xogo ao servizo do xoguete
senón ao contrario.
3º O que facer na ludoteca debe corresponder a unha programación definida cunha intencionalidade que vai máis aló de simplemente encher un
espazo cun banco de xoguetes.
O meu papel como ludotecaria
é bastante complexo na medida que non debe
concertarse exclusivamente a animar a xogar senón que planificar unha aprendizaxe progresiva tendo en conta os intereses e os coñecementos
previos dos usuarios/as, organizar amentes lúdicos pedagóxicos que ofrezan unha diversidade de estímulos e
que susciten unha realidade
rica en matices, tornando a situación didáctica en algo suxerente.
Crear un ambente de comunicación, motivación,
participación en torno a actividades que desmitifican o erro,
o “perder”, valorando o esforzo e a superación de dificultades.
A continuación suscítanse unha serie de cuestións que sinalan a necesidade e a importancia da ludoteca Inclusión na sociedade actual:
1º ¿Cal é o tempo que teñen os/as pequenos/as
para xogar?
A modernidade esixe que o
individuo incorpórese o máis cedo posible e coa máxima capacidade profesional
ao mercado de traballo,
polo que os pais e profesores preocúpanse
por ¿formar? a os/as pequenos/as polo que as cargas
docentes e extracurriculares deixan moi pouco marxe
de tempo ao neno/a para o xogo libre.
2º ¿Cales son os espazos reservados
a os/as pequenos/as para xogar?
As modernas cidades resultan un escenario inadecuado
para o xogo infantil, por risco do tránsito e a
ausencia de áreas previstas a tal fin.
3º ¿Xoga o neno con outros do seu mesma
idade?
A disminución do número de fillos nas
familias conspira contra a posibilidade de atopar compañeiros con quen xogar de modo cotiá.
4º ¿Con que recursos conta o neno para xogar?
Desde a conversión en mercancías os comerciantes e fabricantes de juguetes,
mediante a manipulación da publicidade a través dos
medios de comunicación, estimulan a cultura de consumo que nada ten que ver co verdadeiro valor do xoguete como
motivador da acción lúdica.
5º.-Teñen as novas tecnoloxías un papel axeitado, lonxer do bélico ou matar indios ou alienixenas?.
Esta posibilidade alineante que
estimula a violencia, a competición irracional, a diferenciación sexista no tratamento dos xogos e xoguetes ten como terrible consecuencia que anula a
socialización, a comunicación. A única solución rescatar o xogo
tradicional, empregando tecnoloxía
ou non de aí unha das labouras de importancia
da Ludoteca Inclusión.
AULA
INFORMATICA
A aula informática albiscase como unha ferramenta de apoio indispensabel na sociedade do coñecemento que estamos a vivir. Os nenos
deben familiarizarse ca súa
ferramenta de traballo e
de vida máis
factible, que gaña peso na sociedade
actual co paso do tempo e que rixe o nos desenrrolo presente e futuro. Os nenos
poden así, aprender cas técnicas máis avanzadas sen
perder de vsita o papel do xoguete
tradicional, facendo unha
función multiplicadora que favorece o desenrrolo dos nen@s.
MAGNITUDES
DO PROXECTO
O proxecto de creación dun Centro de infancia-ludoteca Inclusión presenta dous aspectos importantes a tratar: a xestión
cotiá do centro e a elevada inversión precisa
para o seu establecemento. En canto a
inversión estimada nuns 128.000€ dos que 82.000€ forón
concedidos en reserva polo programa de fondos europeo Feoga
da Terra das
Mariñas e as aportacións anuais
da Deputación de A Coruña, todo isto
precisará dunha aportación da propia Asociación e
toda a axuda que veña será
precisa.
Cara o manteñemento contemplase o alugueiro dun local axeitado e a asistencia de duas profesionais, todo isto
contemplado nun Plan de xestión
a 5 anos que desenrrola o traballo
do Centro.