ARTIGO 6. CENTRO DE INSERCION SOCIOLABORAL INCLUSION. POR LUIS LEIRO GONZALEZ.

 

RESUMO

Abordaremos neste ártigo a idea deste proxecto, a súa execución e o seu desenvolvemento ulterior. Dende as súas primeiras etapas nas que era unha simple idea, ata os pasos que se levaron a cabo paseniño ata conquerir financiación, requisitos legais e comezo das obras.

 

DESCRIPCION DAS ACTUACIONS E DOS INVESTIMENTOS A DESENVOLVER.

O Centro de inserción sociolaboral xestionado pola Asociación Inclusión, a desenvolver na comarca de Pontevedra no cuadrante nororiental da ría de Pontevedra, no termo municipal do Concello de Poio.

Esta zona, pertencente a Comarca de Pontevedra, posue importantes potencialidades de desenvolvemento rural, Poio presenta núcleos intensos en población anque cunha distribución moi heterogénea. Os sectores productivos baseanse fundamentalmente no sector pesqueiro e no sector servicios.

A empregabilidade local podemos defini-la como estacional e deslocalizada, numerosa población ten que desplazarse a concellos limítrofes na procura dun emprego.

O centro de inserción sociolaboral é unha necesidade apremiante no desenrrolo deste territorio, aqueixado dunha forte estacionalidade estival, con dentes de serra na oferta de traballo.

1-Memoria Descriptiva:

O Centro contaría con habitáculos claramente diferenciados, integrando as áreas exteriores cás interiores, nelas se desenvolveran actividades independentes pero interconectadas.
Dous profesionais fixos encargaríanse de levar a bo termo as necesidade formativo-insertivas deste Centro, apoiados por persoal específico para desenvolver as tarefas programadas. Moitas veces requerirase o apoio externo, no Centro se fara unha planificación o apoio das diferentes administracións implicadas no desenrrolo da Comarca. Facendo unha traxectoria de inserción. Así moitas labouras das planificadas no centro terán no exterior o seu desenvolvimento, pois é no exterior onde as empresas vanse desenvolver ainda que no Centro prestarase a función de seguimento e control das actividades realizadas polas empresas que xurdan del. No interior do Centro desenrrolaranse as seguintes áreas:

1-Oficina de información e asesoramento ocupacional os usuarios; nesta oficina un experto laboral-psicolóxico fixará os perfis psicoprofesionais dos usuarios, habilitando as súas posibilidades de inserción no mercado de traballo e facendo unha ruta profesional persoalizada de cada usuario.Dende esta oficina traballarase en prol da inserción dos colectivos máis afectados pola exclusión social na comarca pontevedresa, facendo fincapé nos colectivos: mulleres, xóvenes, discapacitados, parados de longa duración, presidiarios, drogodependentes,…

2-Aulas formativas; os profesionais do centro impartirán cursos específicos para cada grupo de usuarios en función das súas necesidades persoais, abarcando un amplo espectro de actividades formativas (informática adaptada, lingua de signos, braile, economía, dereito laboral,…). As clases serán impartidas por docentes de primeiro nivel; profesores universitarios, técnicos de avalada experiencia,… o que posibilitará un aproveitamento real dos recursos en prol de cada un dos usuarios do centro.

3-Talleres- obradoiros; dentro deste apartado os beneficiarios do Centro que o precisen poderán desenvolve-las e mellora-las súas destrezas profesionais, creándose para elo talleres formativos rotativos por períodos de traballo a demanda dos usuarios, impartidos por técnicos con avalada experiencia nos campos a desenvolver.
Estes talleres serán dirixidos polo mestre de oficios, que se apoiará no persoal que sexa preciso para a realización axeitada de cada obradoiro. A temática de cada obradoiro a desenvolver será fixada en función das necesidades detectadas nos perfís dos usuarios.

Estas dúas áreas específicas: aula + taller, serán de uso interdependente, a través dunha parede corredoira poderase utilizar cada unha delas para a actividade da outra, en función das necesidades cotiás do centro. Dotando asi de movilidade funcional cada área e das instalacións.

4-Viveiro empresarial; unha vez formado o usuario pasaría a este viveiro onde se lle guiaría na búsqueda e inserción no mercado de traballo a través de diversas vías: emprego privado, público, autoemprego, sociedades cooperativas, sociedades laborais,… Unha vez acadado o emprego farase un seguimento do mesmo, orientando o xa traballador no correcto desenvolvemento do mesmo. O viveiro serviría como lanzadeira de novas empresas, xa que os usuarios do Centro poderán reunirse, asesorarse e recibir todo tipo de información para a levar a bo fin o nacemento e consolidación da súa empresa. Estableceríase unha rede de convenios e colaboracións do Centro de Inserción cós diversos sectores da comarca; institucións, empresas, particulares, centros de investiagación e desenvolvemento europeo,… ca intención de mellor-la formación ou inserción laboral do usuario e as empresas creadas por eles, acadando sinerxías grupais e relacións interinstitucionais, para un axeitado aproveitamento dos recursos. Dende o viveiro prestaríase unha especial atención a creación de microempresas implantadas na comarca e o apoio a formas de economía social, plenamente desenrroladas noutros países do noso entorno e con grandes posibilidades ainda sen explotar plenamente no noso país.

A ubicación do viveiro de empresas é moito máis difusa, asignándose con claridade a cada empresa usuaria, en función de cada necesidade espefícia en relación o mercado e o sector específico o que pertence.

5. Área de seguemento e control das empresas que xurdan do viveiro de empresas do Centro. Nesta zona realizarase un seguemento individualizado das aventuras profesionais que emprendan os alumnos-usuarios do Centro. Tanto dende unha óptica financieira coma de execución de cada proxecto. Realizarase un control de calidade de cada vía iniciada e un desenrrolo de cada proxecto avaliando a súa saida no mercado da Comarca, asi coma os aspectos psico-profesionais dos individuos e da forma societaria empregada para desenrrola-los. Paralelamente realizaranse sesións conxuntas con outras entidades que poidan aportar ideas e solucións as incipientes empresas. P.ex. IGAPE, SOGARPO, Confederacións Empresariais, Sindicatos,…

6.-Aseos/zona de mudas: de servicio os usuarios e os profesionais que presten os seus servicios no centro. Lugar de troco de roupa e de hixiene persoal para os alumnos e usuarios.

7.-Areas comuns: parking exterior, zona axardinada e espazos mixtos no interior do centro. Procurarase unha armonia co espacio e o entorno da Ría de Pontevedra, tanto no deseño do propio Centro como realizando actividades non agresivas co medio.

Cás 7 áreas dependentes deseñadas, tratase de formar un Centro de Inserción Sociolaboral; perfectamente desenrrolado, tratarase de evitar as barreiras arquitectónicas e de conquerir unha maior armonia co entorno que o rodea.


2-Beneficios do Centro.

Este Centro esta deseñado co obxecto dunha integración interrelacional de diversos estratos poboacionais dentro dunha comarca con especiais necesidades de emprego e de inserción. Incorpora ademáis importantes beneficios de valoración do territorio, sendo especialmente cuidadosos integración no medio (Ría de Pontevedra) de calquera infraestructura precisa para o desenrrolo local desta Comarca. É un elemento vital do proxecto a integración do territorio como un eixe para o desenrrolo das potencialidades das empresas locais. As infraestructuras e construccions precisas se realizarán cunha clara armonía o mesmo tempo que se produce unha clara mellora da calidade de vida dos usuarios directos e indirectos do Centro, xa que logo, producese unha transmisión de recursos entre a poboación diana e a xeral da Comarca. O feito de dar uns ferfís a determinados colectivos carentes desta oportunidade na actualidade, produce unha incorporación destes a vida da Comarca, poñendo en valor as súas potencialidades e millorando os recursos humáns existentes e os recursos cos que conta a Comarca. Ademáis disto, producese unha creación directa e indirecta de fixación de empregos no entorno, xerando un desenvolvemento sostible do lugar. Todo isto acompañado da intercomunicación e interconexión das infraestructuras sociais e económicas presentes e futuras como marco de desenvolvemento ulterior.

Sinalamos algúns punto do proxecto:

-Valorización territorial: infraestructura armónica co entorno.
-Integración entre sectores.
-Utilización de factores productivos locais.
-Novos xacementos de emprego.
-Innovación e desenvolvemento.
-Corrector de desequilibrios territoriais, productivos e humáns.
-Fomento da economía social.
-Accións colectivas.
-Efecto multiplicador, sinerxías multisectoriais.


3-Características do Promotor.

Tratase dun promotor colectivo. A asociación Inclusión é unha organización sen animo de lucro, prestadora de servicios sociais. Xuntanse os certificados re rexistros neste senso.
É un promotor colectivo dunha actividade non productiva, que xerará diversas formas productivas que xurdirán deste Centro. É unha organización que fai fincapé na Integración socio económica dos diversos colectivos da sociedade, en risco ou situación de exclusión social. Non como mera receptora de usuarios senón como xeradora dun futuro para estes individuos que conquiren así unha plena integración vital no seu medio, contribuíndo o desenrrolo do seu entorno de implantación.

A Asociación Inclusión esta formada por múltiples colectivos que se implican neste proxecto a nivel da Comunidade Autonoma de Galicia, dende a Universidade, ata a Empresa pasando pola masa social do voluntariado social. O noso Presidente Angel Alonso posue unha importante experiencia no eido social e no eido económico. Foi xerente de varias organizacións, é economista pola Universidade de Santiago e foi profesor de Economía Aplicada pola Universidade de Vigo. Como formación é Economista e Master en prevención de riscos laborais. É un gran coñecedor da Economía Galega e das súas oportunidades de desenrrolo e do mercado de traballo.
Entre a nosa Xunta Directiva contamos presencia de varios Catedráticos polas universidades galegas, ademáis de profesionais de recoñecido prestixio e unha laboura sobresainte nos diversos eidos da sociedade galega e pontevedresa en particular.
Xunta Diretiva Inclusión.

Presidente: Angel Alonso González, economista, máster PRL e ex profesor da U. Vigo.

Vicepresidente: Venancio Salcines Cristal. Profesor doctor da U.de A Coruña.
Secretario-Tesorero: Xaime Cabeza Pereiro. Catedático da U. de Vigo.
Vocais: Xulio Pardellas De Blas. Profesor doctor de la U. de Vigo. Ex deputado autonómico.

José María Corujo Seguido. Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra.

Carmen Padín Fabeiro. Profesora de la U. de Vigo.
Julio Alvarez Gomez. Profesor de la U. de Vigo. Exdeputado nacional. Director do INEM Ourense.


4- FASES DE EXECUCIÓN:

0-Conceptualización do proxecto.

Ante a importante precariedade laboral e solicitude a apoio de colectivos desfavorecidos da Comarca de Pontevedra, xunto ca publicación da Convocatoria dos Fondos Proder por parte do AGADER, presentamos en data xuño 2005 a solicitude do CISI Inclusión perante o ADR Comarca de Pontevedra.

 

1-Setembro 2005, Merca do terreo para a implantación do inmoble.


Mercouse unha finca no concello de Poio de 1300m2, edificable no 40% do terreo, situada na estrada Comarcal 550 de Pontevedra o Grove. Esta finca esta situada no lugar da Seca e logo de varias vicisitudes e de varios promotores interesados tamén no terreo foi Inclusión a que se fixo ca súa propiedade non sin atrancos, xa que logo, esa finca levaba 100 anos sen modificación notarial/rexistral con toda a problemática que iso conleva e os trámites nos que ainda estamos inmersos.

2-Subsanacións, requerimentos, proxectos.

O arduo devir da burocracia fixonos reunirnos en Santiago con Mar, vicepresidenta do Agader, en Pontevedra co coordinador da xestión de grupos. Paralelamente tivemos que elaborar un Proxecto básico de obras, facer a inscripción notarial do terreo e a solicitude de inscripción rexistralna que ainda andamos por mor dos antigos dereitos de retranqueo, usos e costumes.

Todo isto demorounos ata a aprobación do AGADER en outubro do 2006, un ano agardando un pronunciamento favorable despois de múltiples trocos e matizacións.

3-Licencia e axudas.

Agora andamos co tema da licencia municipal, outro cabalo de batalla, que si proxecto de excusión que si oficios de arquitecto e aparellador, voltar a explicar todo a outro organismo e adapta-lo as súas esixencias, solicitude de reducción de taxas na licencia,… un longo percorrido que agardamos remate ca concesión da licencia administrativa pertinente, tendo en conta que o AGADER nos concede un mes para presentar todo, cando so as licencias teñen unha tardanza de tres meses. E paradóxica a  burocratización que estamos a vivir, os custes nos que se incurren por papeis e na dilatación dos proxectos pola burocratización excesiva. 

4-Edificación

Construcción da edificación, adecentamento de fachadas e interiores, eliminación de barreiras arquitectónicas, ordeamento interior en módulos.

En función do Plan de obra deseñado polo arquitecto pontevedrés Enrique Barreiro Álvarez, segundo o proxecto redactado por el.


Solución adoptada:

Proxéctase o espacio coma creación dun abeiro para o home en contacto coa naturaza, establecéndose un criterio unitario de relación entre o contorno e as zonas de estancia, entendendo aquel coma extensión destas, e que se expresa mediante o soportal, a terraza, a cuberta (que frota sustentada en columnas, e se estende nun pronuciado voadizo co a vontade de atrapar e domesticar unha porción de espacio exterior) e o cerramento, pétreo en contacto co chan e etéreo (de cristal) en contacto coa cuberta. Así, a casa permite esa característica de relación do galego co seu entorno.
A planta, depurada, de grande disciplina arquitectónica e formas simplificadas, responde ó criterio de organiza-lo programa de xeito que sexa capaz de amosar unha orde, en contraposición ó método de traballo habitual consistente en dar forma a un programa.

Materiais previstos:

Formigón e aceiro na estructura.
Pedra de Porriño ou doutro tipo (adaptándose a zona) e cristal nos cerramentos.
Tella curva sobre prancha ondulada de fibrocemento na cuberta.
Madeira/Aluminio na carpintería exterior e interior.
Fábrica de tixolo rebocada e enlucida na formación de cámaras e tabiquería.
Os pavimentos en exteriores, locais húmedos e estancias, de pedra (poidendo varia-lo seu acabado e textura) e madeira.

3-Implantación do centro.

É preciso un material minimo para desenvolver as funcións do centro:
Material inventariable (activo fixo); mobles de oficina, apeiros de traballo para o taller.

Material informático; ordenadores fixos e portatis con rede de internet para o uso do Centro.

No proxecto adxuntamos orzamentos pro forma das infraestructuras a crear.


4-Contratación do persoal.

Manter un centro de esas condicions require persoal. Crearanse 2 postos de traballo directos a tempo completo e 2 postos de traballo a tempo parcial e segundo as necesidades do centro.


1 asesor económico-laboral

1 mestre de oficios


5-Dotación informática.

Importante é sinalar co Centro nace perfectamente dotado para as novas tecnoloxías e técnicas da comunicación. A aula principal estará dotada con 15 unidades de ordenadores PC, tamén contemplase a posibilidade de que monitores é directivos do centro conten cun portátil que permita a movilidade ata un máximo de catro unidades.
Tamén a conexión a Inernet estaría contemplada na fase inicial e a impresión en calidade laser para os traballos que a precisen e multifunción (normal) para os cotidians.



6.-Apertura das instalacións e disfrute dos usuarios.

Unha vez finalizado o proxecto de obra, procederase a apertura das instalación.
Prazo máximo de execución 18 meses.

Os usuario ten unha cota simbólica por curso de inserción laboral (estimada en 3 meses). Esa cota axudara o mantemento do Centro.
Por outra banda, o mantemento do Centro esta garantido pola Asociación Inclusión que aportará os recursos financieiros e humáns precisos para o seu mantemento futuro.


7-Orzamento, importe solicitado o Proder II:


1-Investimento merca do terreo 78.000€
2-Gastos derivados da merca: 7.800€
3- Permiso de obras e honorarios de técnicos 13.000€
4-Orzamento da construcción 138.349€
5-Material inventariable; mobles de oficina, apeiros de traballo para o taller. 46.429€
6-Material informático; ordenadores fixos e portatis con rede de internet para o uso do Centro. 39.870€


Desglose Total……………………323.448€

Deste orzamento inicial foron concedidos 160.000€ pendentes da aprobación da licenza de construcción e de actividade que terá que cegar nestes días.

 

O proxecto sufrirá incrementos dun 50% segundo o proxecto de execución presentado, sobre o básico inicial, ademáis disto deberemos acondicionar o espazo do lavadeiro e o regato que por ali discorre, xa que logo, as recentes choivas desbordarono.

O proxecto integrara no espazo toda a edificación facendoa un exemplo de integración co medio, xa que logo, dotarase de novas fontes de enerxía non contamínate, enerxía solar principalmente.