ARTIGO 7. O XOGO, SOBOR DE
TODO, EDUCA. YOLANDA BARREIRO.
RESUMO
Faremos fincapé na importancia do xogo na desenrrolo dos nosos nenos. Un xogo iso si creativo e educativo,
afastado dos excesos belicosos que imperan nos nosos días.
INTRODUCION
É obvio que nos nenos e nenas de hoxe en día a televisión ocupa demasiadas horas da súa vida. De feito, xa en
O XOGO EDUCATIVO
É preciso
que os pais tomen conciencia do importante que é
introducir distintas actividades lúdicas que favorezan
o desenvolvemento dos fillos
e que fomenten tanto os aspectos físicos como os intelectuais.
E é que o xogo é importante, é unha
actividade que ten un fin en si mesmo,
que está presente en moitas especies animais, no home dende as primeiras etapas do desenvolvemento
e que exercita todas as potencialidades e capacidades
da persoa. Ademais, ten
grandes beneficios como actividade de ensino e aprendizaxe a nivel
escolar. Xa que logo, os pais
debemos priorizar o xogo como a primeira
actividade de lecer dos nosos fillos e ademais, debemos xogar con eles , ofrecéndolles os xogos máis axeitados
e de forma atractiva.
O xogo é unha anticipación
do mundo real na que o neno
practica o que vai necesitar na
súa vida adulta. Xa que
logo, xogar é acción, é imaxinación,
é experimentación, é liberdade, é respecto ás regras marcadas, é orde e respecto ás quendas, ao compañeiro,
o xogo é divertido.
O
xogo polo tanto, actua como
factor socializador nunha primeira
etapa do desenrrolo do individuo, velahí
a importancia de que o xogo sexa
educativo e formador.
A IMPORTANCIA DA RÚA
A cidade
só é cidade cando é para
todos: un espacio aberto e compartido por nenos e adultos, anciáns e
rapaces novos para moverse e gozar dos mesmos lugares, inventando modos de convivencia onde as
vidas se entretecen con urdiduras de palabras e lazos
de veciñanza.
Tamén habitan a cidade os nenos. Pero, onde están
os nenos, quen os consulta? Que políticos contemplan a rúa desde a altura dos seus ollos? Os nenos teñen que ser recoñecidos como cidadáns para
que aprendan desde ben cedo a exercer
a cidadanía, onde dereitos
e deberes fan posible unha vida en liberdade.
Proclamamos solemnemente os seus dereitos,
entre eles o xogo. Un dereito
e un deber. O neno ten que xogar
e deberiamos garantir unhas
horas de xogo na rúa cada
día. É terrible que os ‘malditos’ deberes das escolas
e outras mil actividades acaben devorando os tempos
de ocio duns nenos que
antes podían perder o tempo. Agora non. Ese tempo de vagariño
é o máis aproveitado
porque, a carón da liberdade e dos outros, o neno está vivir
experiencias fundamentais.
Un dos indicadores ecolóxicos da saúde
dunha cidade é a presencia
de nenos xogando nas rúas. Por iso cómpre presionar ós políticos para
que eliminen da cidade os atrancos para os vellos, as
barreiras para os discapacitados, as trampas para os nenos, e para que creen na cidade espacios abertos e libres.
E cómpre poñer couto ós coches que aterrorizan, ás motos que atordan, ós motores que afogan, ós vehículos que están a expulsar a xente
das rúas, e mesmo a ocupar o escaso espacio das beirarrúas. Algúns compórtanse como matóns
impoñendo na cidade a súa lei:
a lei da selva.
A cidade ten que permitir que os nenos
se movan, berren e barullen, que sexan nenos. Ten que escoitalos e telos en conta. E para iso ten que reducir as calzadas e ampliar os espazos para eles, poñer os pasos
de peóns á altura da beirarrúas.
A cidade lles está a roubar o seu tempo de nenos, os lugares de xogo
condenándoos ó maltrato das pantallas e da soidade.