EDITORIAL: CONSOLIDACIÓN DEFINITIVA DE ALGUNS GRANDES PROXECTOS.

 

O CISI Poio, o que xa lle adicamos espacio na editorial cando nacía como proxecto e mais fragmentos para segui-la sua evolución, agora volve por méritos propios a abri-la nosa edición da revista e a encabezar o editorial porque comeza a facerse realidade paseniño a paseniño. O longo da revista facemos un repaso polos feitos más suliñables, pero

a firma do contrato-axuda  cos poderes locais, representantes da UE, supón o relanzamento definitivo do proxecto. Xa temos terreos, xa se firmou o contrato de axuda comunitaria, cabe decir que a constricción xa é realidade tarden o que tarden as obras. No próximo número ou no seguinte tocaralle o turno a ludoteca que tamén ven de ser aprobada pola Unión Europea, pero neste caso en reserva o que ven querer decir a esperar novas resolucions mais favorabeis. Isto vai facendo realidade os proxectos mais ambiciosos que conviven cun día a día de pequenas realizacións.

 

Neste número teremos unha seríe de artigos:

0.-Editorial

1-Os obxetivos do desenrrolo do milenio

2-Os grandes proxetos de Inclusión

3-Crónica de unha viaxe

4.- Mulleres e xóvenes

5-A ludoteca Inclusión

6- CISI de Poio

7.-O xogo sobre todo educa

 

Os primeiros artigos adicaremo-los o desenrrolo en xeral, facendo unha pequena incursión no desenrrolo africano, os proxectos de Inclusión e a conciliación da vida laboral e familiar. O final narraremos polo miudo os dous grandes proxectos nos que Inclusión está metida pola boca dos seus protagonistas.

Singularmente o primeiro artigo o adicamos a suliñar os obxetivos de desenrrolo do milenio señalados por UNICEF como básicos e que nos asumimos.

Logo eu como presidente deteñome a contar os dous grandes proxectos nos que esta sumida a organización e que está sendo un éxito, transformando unha pequena ONG con obxetivos de boa vontade nunha ONG de tamaño considerable que vai tentar intervir e actuar no desenrrolo da sociedade galega.

O terceiro artigo narra unha experiencia persoal do noso vicepresidente, o rally solidario A Coruña-Dakar realizado polo clube de leons Marineda de A Coruña e a ONG ecodesarrollo Gaia. Este rally a semellanza, pero tamén a diferencia, do Paris Dakar percorre o deserto pero aportalle a solidariedade de esas organización e dos seus participantes, entre eles Venancio Salcines, profesor da Universidade de A Coruña e vicepresidente de Inclusión que narra para nos a actividade.

No cuarto artigo faise unha disertación no programa Terra solidaria das Mariñas sobre os colectivos das mulleres e dos xóvenes na Comarca Mariñana.

No quinto artigo afrontamos dende un punto de vista profesional e teórico un dos grandes temas; a ludoteca inclusión, a cargo de Carolina Patiño, que  pretende aportar solucions na práctica: a conciliación da vida laboral e familiar, pois cada vez son máis as familias con duas fontes de ingreso e a situación dos nenos muda.

O sexto  artigo é para Inclusión moi relevante,  nel o adminsitrativo Luis Leiro, que farase cargo da xestión do centro de integración socio-laboral Inclusión (CISI) de Poio, analiza as cuestións fundamentais deste proxecto.

O derradeiro artígo que incluimos neste número é de Iolanda Redondo, unha pedagoga que colabora con nós en Sada, A Coruña, nel nos fai reflexionar sobre as labouras educativas do xogo, en clara sintonía co que se pretende desenrrolar na ludoteca Inclusión.

Entre as actividades realizadas compre suliñar seguindo un orde temporal lóxica.

E un trimestre, pese a coicidir co Nadal, cheo de actividades e arranca cunha actividade vencellada as compras do período navideño, velahí as actividades deste trimestre:

 

OUTUBRO

2ªMostra de voluntariado
CCGran Via de Vigo 6,7 outubro

Programa de inserción laboral Inclusion
Pazo da cultura de Pontevedra

Renovación crédito BBVA
Vigo 19 de outubro

Curtocircuito '06
Santiago 21 de outubro

Secuencia Cero
Verbum de Vigo 19,20 e 21 de outubro

XIV mulleres veciñais contra a violencia
Vigo 24,25 e 26 de outubro

Inclusion participará na sesion en paralelo do Liceo de Vilagarcia
Vilagarcia 31 de outubro

NOVEMBRO

Realización da videoclip de Inclusión en Sada(descarga)
Sada 4 novembro

Curso de habilidades sociais a mulleres inmigrantes
Pontevedra 2-10 novembro

Participación no Foro do Terceiro sector sobre os Fondos Estructurais
Santiago 7 de novembro

Exposicion D'parapléxico a construtor de violins na Casa da cultura de Culleredo
Culleredo 1 de novembro

Ludoteca Inclusion


Clusternet: contidos audiovisuais para a rede

Centro sociocultural Caixa Galicia de Ourense 7 de novembro

Sesión en paralelo do Liceo Casino
Auditorio de Vilagarcia, 11 de novembro


III Xornadas Anuais de Cooperación
Santiago de Compostela, 23 de novembro


Visita a exposición Xóvenes, moito que dicir, "La Caixa"
Santiago de Compostela, 23 de novembro


Conmemoracion do Dia contra a Violencia de xénero
Vigo, Pontevedra e Sada 24,25 de novembro


Visita a exposición Violencia, tolerancia cero
A Coruña, xardins Mendez Nuñez, 27 de novembro


4ªXornadas Pobreza Extrema
A Coruña, 27 e 28 de novembro


DECEMBRO

Dia mundial contra da SIDA
A Coruña

Conciliación da vida laboral e familiar
Vigo, martes 12 de decembro

Comunicación&discapacidade
A Coruña, sábado 16 de decembro

Mostra Comunitaria ano 2006
CXVigo, mes de decembro

Sinatura contrato co ADR Pontevedra
Pontevedra 28 de decembro

Acompañamento de xóvenes vigueses contra a violencia de xénero
Vigo, do 1 o 30 de Nadal

 

Estas actividades abordaron múltiples aspectos  de diversos colectivos resumimo-los neste colaxe de fotos:

 

 

 

 

Agardando que vos parecesen interesantes e abertos as vosas sugerencias agardamosvos no vindeiro número do Xornal Inclusión.