2. OS EMIGRANTES RETORNADOS COMO FACTOR DO VIRAXE POBOACIONAL. LUIS LEIRO GONZALEZ, ASOCIACION INCLUSION.

 

RESUMO

 

Analizarei neste artigo a pirámide poboacional galega e as súas implicacións sociais a medio e longo prazo, o factor da emigración como polo equilibrador da tachadura xeracional  e os problemas estructurais que iso conleva, especialmente para os colectivos máis febles. Faremos referencias a exemplos locais de retorno poboacional. 

 

INTRODUCCION

Hoxe en día Galicia deixou de ser un país de emigración para converterse en receptor de inmigrantes e emigrantes retornados. Se ben o número de inmigrantes estranxeiros en Galicia é inferior ó das comunidades autónomas da vertente mediterránea ou Madrid, nestes momentos ocupa o oitavo lugar en España por volume (en termos absolutos) de inmigrantes radicados no territorio galego. Polo que se refire ó colectivo dos emigrantes retornados, Galicia é a primeira comunidade receptora de retornados (10.050 en 2002), o que supón un importante continxente no que predominan aqueles que se encontran en idade activa (tan só o 24% superan os 65 anos).

Para responder a esta nova realidade, o Decreto 196/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Emigración, crea a Dirección Xeral de Apoio á Inmigración. Esta unidade é a encargada de executa-la política autonómica en materia de inmigración nacional e estranxeira, así como o desenvolvemento da política estatal neste campo.

A nivel estatal (onde radica esta competencia), o Programa Global de Regulación e Coordinación da Estranxeiría e a Inmigración en España (GRECO) representa unha iniciativa que permite afronta-lo tratamento da inmigración dende tódalas súas vertentes, partindo dun feito indiscutible: a importancia do fenómeno inmigratorio para o futuro inmediato de España e, polo tanto, de Galicia. Este programa estructúrase en tres liñas básicas:

MEDIDAS INSTITUCIONAIS

Dende a administración autonómica traballase dende varias vertentes; o plan de actuación da Xunta de Galicia cos colectivos inmigrantes e os retornados contén un triple obxectivo: formalizar e poñer en marcha o proceso de acollida e adaptación ó país dos inmigrantes e os retornados; deseña-las medidas que garantan o acceso ó mercado laboral e o sistema de asistencia social deste colectivo; e sensibiliza-la poboación galega no coñecemento directo e na comprensión das peculiaridades culturais, dos modos de vida e das aspiracións daqueles, nas situacións concretas e no ámbito local máis inmediato.

Dende os Concellos adoptanse medidas de apoio loxístico, a través do empadroamento, do asesoramento guiado dende os servizos sociais e a escasa infraestructura ca que contan.

Os consulados e embaixadas fan de oficiñas receptoras onde os inmigrantes poden informarse e conquerir os documentos precisos para desenvolver a nova realidade da súa vida en Galicia.

O proceso de acollida e adaptación

O proceso de acollida e adaptación inclúe información e coñecemento da sociedade de acollida, aprendizaxe do idioma, adecuación e actualización das cualificacións, unha primeira orientación laboral, unha solución residencial inmediata e un asesoramento para a reagrupación familiar, se é o caso.

Entre os programas que executa de cara a súa instauración a Xunta directamente, podemos citar:

- Orde de axudas extraordinarias para emigrantes retornados e os seus descendentes.

- Axudas para a adquisición de vivenda de protección oficial para emigrantes retornados (25% do valor de escritura da vivenda).

- Orde de axudas para asociacións de inmigrantes de nacionalidade española (emigrantes retornados) e estranxeira.

- Creación dun equipo multidisciplinar de apoio sociolaboral ó inmigrante.

- Promoción e apoio económico para a creación de centros de acollida en todo o territorio galego.

- Formación ocupacional dos colectivos para a adquisición dunha maior capacidade de “empregabilidade”.

- Formación do colectivo de mulleres inmigrantes e retornadas.

- Apoio económico á inserción laboral tanto por conta propia como allea.

- Liña de microcréditos con diferentes entidades financeiras galegas.

- Programas de loita contra o racismo e a xenofobia.

Polo que se refire ás entidades colaboradoras, os programas executados abranguen áreas moi diversas, que van dende a apertura de pisos de acollida ata o asesoramento legal, pasando polo apoio de actividades formativas e culturais e de loita contra o racismo e a xenofobia.

Formación e emprego

A formación e o apoio na procura dun posto de traballo constitúe unha parte moi importante da actividade de integración do colectivo inmigrante. Con isto trátase de evita-la asistencialización da poboación inmigrante, a súa incorporación ós circuítos de marxinalidade e a súa cronificación nesta situación.

 

Inclusión realizou cursos de inserción laboral orientados a este colectivo

Estanse a albiscar unha seríe de programas pioneiros dende a Consellería de emigración.

Pola súa singularidade e oportunidade, apoiaranse dous programas de inserción laboral:

Programa Comunitario de Desenvolvemento Rural, para reactiva-la vida nese medio a través da inserción laboral de inmigrantes e emigrantes retornados e da utilización dos infrautilizadosdiestros” e casas parroquiais da diocese de Ourense. Este proxecto compleméntase coa participación da cooperativa Hortoflor que adquire a producción hortícola dos “novos empresarios agrícolas”.

Proxecto Coruña Solidaria, dentro da iniciativa Comunitaria Equal de inserción laboral, promovido por unha agrupación de desenvolvemento con personalidade xurídica propia e no que participan dende o ano 2002, entre outras institucións, os concellos da Coruña, Carballo e Cerceda.

EXEMPLOS DE INTEGRACIÓN INMIGRANTE

 

Avión: unha aldea de ida, un paraíso de volta

Este é o caso dunha aldea que ca cegada dos emigrantes retornados reconverte a súa vida social, económica e cultural.

Xa hai ben anos, que o concello de Avión era unha terra de indianos; pero non daqueles indianos que facían grandes casas ao máis puro estilo colonial. De feito, ás construcións típicas de pedra das aldeas viñan sumárselles outras novas feitas por emigrantes galegos que están traballando en México e que compiten entre eles á hora de facer a mellor casa, ás veces situada nun lameiro, e utilizando sempre os mellores e máis caros materiais: granito, lousa, ferro e madeira.

 

Xeralmente, os emigrantes que volven da emigración non o van para a súa aldea senón que van vivir á capital da provincia ou, como no caso de moitos ourensáns, a Vigo, onde mercaron pisos para arrendar ou negocios da hostalería ou da construción, e deixaron a aldea de orixe baleira.  

O Concello de Avión está situado na comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense, e ten unha poboación de 3.047 habitantes. Este número de persoas aumenta dun xeito espectacular nos meses do verán, época das vacacións, e, asemade, medra o parque automobilístico tanto pola cantidade como pola calidade. Certamente, por esta estrada chea de voltas e de reviravoltas que une o Alto do Paraño con Avión circulan os automóbiles máis luxosos que se poidan ver no Estado español.

 

VIGO, O BOS AIRES EUROPEO

Son moitos os netos de galeg@s retornados da quinta provincia galega, Vigo ferve ca sangue arxentina, en moitas rúas se senten os influxos argentinos, o seu acento e as súas costumes. A súa integración social é un feito máis aló, que outras comunidades hispanoamericanas que teñen máis dificultades de integración, este colectivo implicase notoriamente na vida viguesa acadando unha intensa implicación no tecido empresarial galego.