ARTIGO 3. Unha realidade da emigración: Melina ACOSTA.
INMIGRANTE BONARENSE NETA DE GALEGOS.
Resumo
Nestas liñas
trato de amosar as miñas
vivencias nuha das viaxes máis importantes da miña vida, a
de emigrar a un país o outro lado do océano do que xa viñera a miña avoa fai uns
lustros.
Introducción
Eu sain de arxentina logo de que o Corralito me deixara
sin anda, son neta de galegos, a miña
avoa Maria veuse cara arxentina na decada dos 50. Galicia daquela estaba moi mal e decidiu cruzalo charco na procura dunha vida mellor. A morriña invadia todalas lembranzas da miña avoa, o verde da terriña, as veciñas, as aldeas,… todolos recordos da nenez marcaron a unha muller que trocou todo pola necesidade dun futuro mellor para os seus descendentes.
A miña viaxe
En Xaneiro do 2001comezei esta aventura oceánica, nós tiñamos un pequeño ultramrinos,
na rúa Bolivia de Bos
aires, o negocio ia ben
pero o corralito afogou todalas
nosas esperanzas e o traballo
de anos, non podiamos nin sequera sacar uns pesos, os pesos non valia
nada, só nos aceptaban dolares
americanos e non trocaban moeda, o traballo de toda unha vida dos meus pais non valia
un can, nin para o pasaxe a
España.
Decidimos vir, eu
a miña nai, meu pai quedou
aló, xa que logo, vender o negocio era utopico e absurdo o mesmo tempo.
A inseguridade doia mais que a fame, producianse secuestros por catro
patacos, ata por 100 dolares mataban a calquera, era arrepiente, ademais
moitos compatriotas xa viñeran cara Galicia e dician que
se vivia ben, que pagaban moito, bla, bla
bla,..
Collemos
o avión a Madrid e de ali o bus cara Vigo, o porto natural de onde partiu a miña avoa
fai xa unhas decadas,
chegamos aquí con toda a ilusión do mundo, pensando
que anosa vida ia mellorar, partindo de cero sen
nada que levar o peto nin a boca.
Procuramos un alugueiro e un traballo para comezar a sair adiante, non foi nada doado, algunha xente non lle aluga os inmigrantes, pidennos paeis, contratos,a vais, para uns pisos malisimos e caros, foi todo un periplo ata que atopamos
uns amigos en Sanxenxo, que
nos dixeron que daban traballo
e aloxamento traballando
nos hoteis de tempada de
verán e fumos cara aló.
Comenzei
traballando de camareira de
pisos nun hotel, aquel hotel que era para turistas pudentes, era do mías cutre traballabamos
facendo camas ata as 4 da tarde, despois
comiamos as sobras dos clientes e tiñamos unha hora libre para preparar outra
vez todo para a cea. O hotel tiña formigas
na cociña, a comida requentabase, estabamos sen seguridade social e cobrabamos 2€
a hora. Un dia chegou unha inspeccion de traballo e nos dicia o xefe, vos non traballades eiqui marchade e negadeo todo que me botan 3000€ de multa. Por riba de traballar por catro patacos eramos ilegais, ver para creer.
Desposi traballei
de camareira nun
restaurante, un traballo mugrento
onde traballaba 16 horas por 500€ que daban
escasamente para vivir nunca habitación cutre, este era o ”paraíso
prometido”. Despois habia
que ver na tele que en Sanxenxo
habia xente de moitos cartos e que alugar un
piso valia 6000€, que vida!.
O mellor era que o restaurante factraba o dia 10.000€ e non nons daba nin de comer
dignamente, eu reboteime cantidade de ocasions porque non
estaba acostumada a aguantar o que fora, aquí si estaban acostumados,
os propios galegos soportaban situacións
escravizantes e denigrantes.
Os compañeiros eran superpechados non falaban moito e tragaban todo o que lles
mandaban, tiña compañeiros galegos,
uruguaios e colombianos. A min
facianme facer os peores traballos,
limpa lo bater, recoller a basura,… cando o xefe
estaba de malas pagabao con nós;
arxentina de merda,
boluda,… eran algúns dos epítetos cariñosos cos que
nos premiaba a cotió.
Nas relacións sociais mías do mesmo o ser estranxeira pensan que debes ser parba ou que te chupas o dedo,
tentaban engañarme con mentiras e chantaxes en normas
ou realidades que descoñecia,
como o feito de estar asegurada, o controto de traballo, os meus dereitos como cidadán,…. Tamen detectei o forte machismo
cara as mulleres como se sen un home non ponderamos
facer nada, a verdade que era unha
situación ridícula. A seguridade e mellor que na arxentina
anque o consumo de estupefancentes
e o trapicheo nesta zona son evidentes.
A movilidade e a información escasa
e outra barreira ca que me atopei, me pagaban 2€ a
hora, e ir a Vigo valdriame 10€ como me ia permitir unha viaxe a cidade ou traballar se me valia maís a viaxe
que o soldo, non me podia
permitir nion ir o cine ou
a un concerto porque con estes
soldos era imposible.
Tiven a sorte de
facer unhas boas amigas, Maika
e Andrea que me axudaron moito
na adaptación a esta realidade
tan dura. Outras non tiñeron a mesma
sorte coñezo o caso de persoas que so trabllan e durmen e que non teñen vida, estan escravizados en vida.
Pouco a pouco funme facendo un oco, aluguei un local e montei a miña propia tenda de roupa o estilo da que
tiñamos na arxentina, levame moitas hroas
o dia de traballo pero polo
menos non me explota ninguen, explotome
eu mesma.
Recentemente fun de viaxe Os Anxeles, a casa dunha amiga arxentina que esta
aló e volveronme ca mesma historia, eiqui vivese moi ben,
gañanse moitos cartos,….pero os latinos en Estados Unidos son os esclavos
dos Ianquis.
Sempre se repite a mesma
cantiña, os emigrantes somos iguais en todas partes, discriminados sociais.
Cada un abrese camiño como
pode a uns vaille mellor o outros peor, pero a ninguén lle regalan nada en ningures e todos estamos o abeiro
da situación dos nosos paises
en cada intre, o que hoxe e
branco mañá pode ser negro
e viceversa.
Arxentina hoxe no
ano 2007 xa superou en
parte a situación que nos fixo marchar de alí, agora os soldos son
equiparables os de eiqui a seguridade
millorou e moitos arxentinos estan a voltar o seu pais
xa que se bota de menos a comida, os licores, o
folklore todolos aspectos que forxan
a túa nenez e che marcan irremediablemente.
Eu non penso
en marchar a Bos aires de novo tardei
6 anos en asentarme aquí medianamente e ainda que non
é a panacea a miña familia estatoda
eiqui e de non empiorar a
situación ecnómica aquí non obtaríamos
por marchar, xa que andar de nómadas de aquí para alá non é unha situación de vida,
ademias Bos Aires é unha cidade enorme pero no meu barrio coma en todos nos coñecemos
de sobra, son aldeas dentro da cidade, e iso e unha barreira
para voltar, voltar da
emigración ca cabeza gacha é moi
duro, marchas da fame e volves
con fame é nunha sensación
de fracaso encadeado, velahí
que nunca oirás a un emigrante decir a realidade o
100% porque os seus sentimentos
non se miden en cartos.