ARTIGO 6. MEDIDAS CARA A INTEGRACION. Santiago González Avión, Tania Cobas González e Irene Jiménez Cortiña, Técnicos FSXG-Acceder Lugo.

 

¿Qué e a FSXG?

a Fundación Secretariado Xeral Xitano É unha Entidade Social sen Ánimo de Lucro e de ámbito estatal, cuxo fin fundamental e a promoción integral da Comunidade xitana dende o recoñecemento da súa Identidade Cultural

 

Obxetivos principais da FSxG

 

ü     Traballar pola promoción integral dos xitanos/as na Sociedade Española

ü     Fomentar a participación e implicación activa da comunidade xitana no seu propio desenrrolo

ü     Mellora-la imaxe pública do pobo xitano na sociedade

ü     Difundir os valores culturais propios do pobo xitano nunha sociedade intercultural

ü     Colaborar con persoas, asociacioes, ONGs, plataformas e organismos tanto públicos como privados que traballen pola promoción da comunidade xitana

 

 

 

 

MODALIDADES DE ACTUACION

 

ü     Desenrrola programas de intervención directa atendendo a diferentes necesidades da poboación xitana

 

ü     Actuacions destinadas o fomento de Políticas máis activas dirixidas a Comunidade xitana

 

 Problemas fundamentais de acceso o emprego

 

l     Dificultades de acceso a  formación profesional regrada e ocupacional

l     Desenrrolo de profesions tradicionais, que ben se realizan de modo informal e en precario, ben están en forte proceso de recesión, ou ben precisan unha reconversión e adaptación nos seus modos de exerce-las

l     Influencia de componentes de tipo cultural (valor que se otorga o emprego), así como de hábitos, tradicions e referencias, (matrimonios moi xóvenes, pouca experiencia de socialización, non presenza en redes informais, etc.), que non favorecen a incorporación o mercado laboral normalizado

l     Condicionantes relacionados co hábitat e as condicions de vida, así como cós prexuizos e estereotipos sociais, que se convirten en barreiras para o acceso o traballo por conta allea

 

A EDUCACION

A Primaria cúmprese. Os xitanos queremos que os nosos fillos e fillas vaian aprender á escola. O problema chega na Secundaria. A reforma educativa que obrigou á escolarización deica os 16 anos non nos axudou. Os cambios que implicou foron radicais. Que os rapaces de 12 anos tivesen que cambiar de centro e ir ó instituto sendo tan noviños non foi positivo, polo menos para nós. Aquí entran en xogo moitos matices. Que unha nena de 12 anos comparta espazo con adolescentes de ata 18 incomódanos. A realidade é así. Insisto, non a imos xulgar. Se cadra temos que aprender a confiar e a non protexernos tanto entre nós, pero a nosa historia, a que levamos nos nosos xenes, cóntanos que fomos moi perseguidos, e isto, intuitivamente, lévanos a gorecernos entre nós. Outro matiz é que a educación académica e regulada non foi vista como un valor. Esa necesidade de coñecementos útiles ou aplicables para determinadas disciplinas deixábase para outros. Agora procuramos corrixilo ou, mellor dito, apoiamos ó xitano ou á xitana que quere estudar unha carreira. E, por matizalo aínda máis, direille que moitas veces o xitano non ve reflectida a súa realidade na escola. É máis, séntese alleo ó que lle contan.


A VIVENDA

Estamos chegando a unha estrutura de cidades herméticas. Antes, certo que había menos veciños, menos barrios e menos rúas, pero podías atopar nunha mesma rúa, ou nunha próxima, diferentes tipos de persoas, a veciñanza era heteroxénea. Agora as zonas clasifícanse cada vez máis e sepáranse os grupos sociais. E aínda que os elevados prezos da vivenda lle afectan a toda a sociedade, sen dúbida ningunha, nos grupos máis marxinais e con menos recursos fai estragos. Destes formamos parte as familias xitanas. Vémonos abocados a marchar lonxe dos centros das cidades e buscámonos para estar arroupados, co que acabamos creando espazos propios. Aínda non hai moito, na miña cidade isto non era así. As familias xitanas vivían en moitas casas, rúas e lugares. Parece que como agora non é así, non o foi nunca. E non, isto mudou.

A EXCLUSION SOCIAL QUE PADECEMOS

Seguimos a ser unha minoría, non censada, porque ninguén nos pregunta se somos xitanos e non hai un apartado para cubrilo no padrón. Pero facemos moita vida de comunidade e isto lévanos a recoñecérmonos. Pode sorprenderlle a quen non queira entender que a familia é tan importante para nós, tan determinante que mesmo nos distingue fisicamente. Eu son capaz de saber os apelidos polas faccións, é como se nos delatase un trazo físico característico: os ollos azuis, os beizos finos, a pel escura.

 

 

A Tolerancia é...

* unha actitude aberta, humilde, que valora positivamente os intercambios igualitarios, o respecto ás diferencias, a superación das ideoloxías pechadas, que dogmatizan sobre o curso inevitable da historia.

* unha actitude crítica, non conformista, capacidade de loita contra a violencia estructural e a inxustiza social.

* unha disposición ou virtude que consiste esencialmente na consideración e o respecto ás diferencias das persoas e grupos, que compoñen unha sociedade ou comunidade. â a supremacía do valor das persoas, da súa dignidade, das súas características específicas, das diferentes identidades e, en consecuencia, implica consideración ás opinións doutras persoas e grupos, ás súas crenzas ou prácticas, anque non se compartan, consideración que non debe supoñer o aceptar a conculcación dos dereitos fundamentais da persoa.

* unha predisposición interior da persoa para acoller e admitir a diferencia, a estranxería, as novidades, sen que o que é diferente e propio de cada ser humano, perdan a súa esencia, unidade e identidade.

* unha virtude social, que implica un compromiso ético ou mesmo unha obriga moral... â un dereito, unha esixencia moral no ámbito da convivencia, xa que fomenta a comprensión, a solidariedade, a superación dos odios e dos egoismos no marco das complexas relacións sociais, que imperan nas actuais formas de vivir..

Todas estas definicións recoñecen que a tolerancia é unha necesidade non só para a sociedade civil, senón tamén para a supervivencia mesma da humanidade. Neste sentido o Preámbulo da carta das Nacións Unidas sobre, o ano Internacional da tolerancia, pon de manifesto que hai que practicar a tolerancia para manter a paz, a xustiza, o respecto ós dereitos humanos e promover o progreso social. A tolerancia só se pode manifestar na súa forma máis activa nun marco no que se respecten a dignidade da persoa humana e as liberdades públicas-.

A tolerancia non é....

* piedade, complacencia, resignación ou -pasar das cousas-...

* un conformismo xeralizado, que implica uniformidade ou desinterese polas cousas.

* unha especie de indiferencia frente ás ideas ou conducta dos demais.

* unha instrumentalización xustificativa da presencia estranxeira, que espera a súa desaparición ou a súa hibridación ou a súa neutralización, de modo que se asimile á sociedade maioritaria, para que non se -diferencie ou particularice-, en relación coa sociedade maioritaria dominante.

* renegar das crenzas, ideas propias e conviccións.

Formas graves de intolerancia

Despois de longos anos expectantes ante a chamada -guerra fría-, todos tiñamos a esperanza de que no planeta terra os humanos camiñasen a solucións pacíficas dos conflictos e que as desigualdades, que moitas veces están na orixe deses conflictos, se remediasen. Pero esta esperanza veuse abaixo coa aparición de conflictos rexionais e hostilidades entre os pobos, as guerras entre comunidades, problemas cada vez maiores de pobreza, de refuxiados, inmigrantes e dunha ampla epidemia de intolerancia.

Existen diversas formas de intolerancia, que revisten gravidade no mundo actual. Citamos algunhas delas.

O sexismo

O sexismo supón unha forma de discriminación das mulleres nos tempos actuais, a pesar de terse mellorado algo, en comparación co pasado.

O sexismo supón unha serie de políticas e comportamentos que exclúen ás mulleres dunha plena participación na sociedade e no disfrute de todos os dereitos humanos, atribuído ó suposto de que os homes son humanamente superiores ás mulleres.

Existe un uso sexista na linguaxe (vocabulario, libros...) que van establecendo unha imaxe do home e da muller. Isto tamén se extende á educación, publicidade, política e cultura. Do mesmo xeito no traballo tamén existe unha división sexual. O traballo doméstico, o traballo asalariado e a dobre xornada son algunha das formas que amosan estes comportamentos discriminatorios cara á muller e por tanto intolerantes.

O sexismo non é exclusivo do mundo occidental. Nos medios de comunicación aparecen tamén noticias que nos indican diversas formas de intolerancia en paises non occidentais. Pénsese na extirpación do clítoris nas mulleres exipcias e doutros casos que misturan o ancestral co relixioso e boas doses de integrismo.

O II Programa de de Acción Comunitaria pretende seguir o proceso de cambio cualitativo nas políticas de igualdade, propoñendose a consecución de dez grandes obxectivos:

1. Aplicar e desenvolver a lexislación igualitaria.

2. Promover a participación equitativa das mulleres nos procesos de elaboración e transmisión do coñecemento.

3. Equilibrar cualitativa e cuantitativamente a participación das mulleres no mundo laboral.

4. Difundir unha imaxe social das mulleres axustada a súa realidade actual.

5. Promover un reparto equitativo de responsabilidades domésticas.

6. Incrementar a participación social e política das mulleres.

7. Propiciar o acceso das mulleres ós postos de decisión.

8. Mellorar os aspectos sanitarios, que afectan especificamente ás mulleres.

9. Insertar socialmente a colectivos de mulleres afectados por procesos de marxinación.

10. Integrar as políticas de igualdade no marco internacional.

O etnocentrismo pechado

O etnocentrismo podémolo definir como -unha mentalidade para a que o propio grupo é o centro, e calquera outro grupo é valorado en relación con el-.

Dalgunha maneira todos e todas temos unha sensibilidade etnocéntrica, en canto que a nosa cultura é parte da nosa historia e ademais algo que vai conformando a nosa biografía persoal. Pero o perigo de intolerancia está en converter a esta cultura en algo absoluto.

Unha cousa é ter presupostos, comportamentos e hábitos propios dunha cultura e outra, ben distinta, é alimentar prexuizos etnocéntricos. A superación destes supón a adopción dunha actitude crítica, que valeira a nosa mente da ilusión de posuír o monopolio da verdade absoluta.

Criticamos, xa que logo, a cultura do etnocentrismo pechado, do etnocentrismo como prexuizo. Segundo Remo Cantoni14:

-Pode afrontar a non fácil tarefa de criticar as propias estreiteces e cerrazóns etnocéntricas somente aquel individuo ou aquel grupo social que teña a capacidade intelectual, o valor moral e a imaxinación creadora de asumir como cadros de referencia, para xulgar a validez do propio -etnos-, non só o propio grupo, senón tamén os demais grupos, que viven en situacións institucionalmente distintas e segundo escalas de valores e sistemas normativos que se diferencien dos nosos (...)

A superación dos dogmas etnocéntricos é quizais o problema máis urxente do noso tempo. A persistencia deses dogmas agudiza os xa graves contrastes sociais, inflama os prexuízos raciais, predispón en actitude de tensión e de odio a unha nación en contra doutra, a un grupo social en contra doutro, fai imposible a convivencia pacífica e a colaboración dos pobos e das culturas. Mentras nos empeñamos en identificar o valor da civilización co sistema cultural no que temos nacido e medrado, coas institucións que os nosos preguiceiros hábitos mentais non teñen o valor de criticar, cos nosos comportamentos tradicionais que interpretamos como manifestacións inmutables da eterna natureza do home, os espectros amenazadores e inminentes do racismo, do imperialismo da sociedade ideoloxicamante hermética e do grupo sectario e violento non desaparecerán nunca-

Existen grupos nacionais que son etnocéntricos, en canto que tenden a valorarse a si mesmos como superiores a outros grupos de fóra. Por outra parte é propio dos grupos dominados recoñecer a superioridade dos dominantes, especialmente nas dimensións de competencia e nos atributos de riqueza, éxito e intelixencia.

O racismo

Unha das lacras máis lamentables da historia da intolerancia é a historia do racismo. A ideoloxía de que existen razas superiores e inferiores, de que a raza moldea a cultura e naturiza as diferencias sociais, resulta dun proceso histórico, con aportacións de filósofos, teólogos , anatomistas, fisiólogos, psicólogos, historiadores...

Dentro desta historia non podemos esquencer a doutrina medieval católica sobre a -pureza de sangue- para distinguir, segregar e excluír a musulmáns e xudeos.

Ata o século XIII os musulmáns, xudeos e cristiáns conviviran na Península Ibérica nun clima de relativa tolerancia.

Este clima dexenerou a mediados do século XV, nunha doutrina racista do pecado orixinal. A partir deste momento, a descendencia de xudeus e musulmáns foi concebida como unha mancha permanente. O auténtico cristián de raza era o cristián vello, é dicir, non contaminado polos xens da etnia xudea, árabe ou bereber.

A partir do século XVII comenzan a aparecer diversas tipoloxías e clasificacións raciais, que intentan xustificar a existencia de razas inferiores e superiores.

O paradigma do racismo político foi o nazismo e o -apartheid- sudafricano. Con el aparece o racismo político que aporta, amais de proxectos e programas, unha estructura ideolóxica a tódolos elementos difusos do racismo fragmentado.

Hai poucas semanas apareceu nos EEUU, o libro -The Bell Curve- de Charles Murray e Richard Herrnstein. Neste libro os autores afirman que a orixe das diferencias sociais hai que buscala nas desigualdades da intelixencia. Pero van máis lonxe aínda e sosteñen que a raza negra é xeneticamente menos intelixente que a branca, o cal condea ás persoas de raza negra a unha irremediable inferioridade social. Esta idea xa non é nova e parece demostrar un renacemento das teorías xenetistas. Non existe en todas elas ningunha consideración ás influencias do medio ambiente socio-familiar sobre os rendementos intelectuais das persoas negras.

Este tipo de ideoloxías reavívanse periódicamente. Normalmente forman parte dunha campaña política para reducir as prestacións sociais. Nos anos 20, cando as autoridades dos EE.UU. estaban preocupadas pola avalancha de emigrantes, conseguiron demostrar que o 83% dos xudeos inmigrantes eran imbéciles, desde o punto de vista intelectual. Anos despois Eysenck, un psicólogo inglés, considerou que non só os negros eran menos capaces, senón tamén outros grupos étnicos como os italianos, os españois, os portugueses e gregos.

Claude Levi-Strauss dá unha definición do chamado -racismo científico-, que resumimos en catro enunciados:

a. Existencia dunha correlación entre o patrimonio xenético, por unha banda, e por outra, as capacidades intelectuais e as disposicións morais.

b. Ese patrimonio xenético é común a todos os membros de determinados grupos humanos.

c. Eses grupos chamados razas poden xerarquizarse, en función da calidade do seu patrimonio xenético, e

d. Esas diferencias autorizan ás razas consideradas superiores a dominar, explotar e, eventualmente, destruír ás outras.

O racismo é un sistema ideolóxico máis complexo que o simple etnocentrismo. O racismo lexitima a subordinación e o rexeitamento , proclamando que o exogrupo é esencialmente (bioxenética e culturalmente) inferior. No racismo existe unha ideoloxía que xustifica a evitación social e a dominación, por referencia ás características inalterables dun grupo particular e un conxunto de normas sociais que prescriben un tratamento diferencial cara a eses grupos.

No racismo concorren todas as ideoloxías, actitudes, comportamentos, modelos individuais, políticos, económicos, culturais, sociais, que teñen por efecto mante-lo poder, a influencia e o privilexio dun grupo étnico e\ou territorial sobre outro.

Para algúns autores existen basicamante tres variedades de racismo, que nalgúns aspectos poden confundirse coa xenofobia, que trataremos no apartado seguinte:

a. O racismo de alarma: que comporta unha actitude ofensiva e discriminatoria, que nace da superposición ou adición dunha diferencia somática, étnica, cultural... é un factor de alarma social, derivada de -sentimentos de angustia- provocados por ameazas sociais (tráfico de drogas, microviolencia contra persoas e propiedade, difusión de enfermidades contaxiosas...). Esta ameaza pode ser real ou percibida como tal, baseada na necesidade de atribuír -males- a alguén externo á propia comunidade.

b. Racismo concurrencial: que comporta unha actitude ofensiva e discriminatoria, que xorde da defensa do control simbólico e material do territorio e dos recursos. Pénsese nunha disputa de postos de traballo nunha sociedade na que existe moito paro. Isto está a suceder, tanto no noso país como en varios do noso entorno cultural. A pesar de todo dáse a paradoxa que moitos inmigrantes, legais e ilegais, seguen ocupando os postos de traballo máis duros e perigosos, que os nativos rexeitan.

c. Racismo cultural: tamén chamado -intolerancia etnocéntrica- supón unha actitude ofensiva e discriminatoria, que nace da defensa da propia cultura, sistema de valores e estilo de vida, e do rexeitamento (ou desprezo) da cultura, valores e estilos de vida alleos.

As tres formas de -racismo- maniféstanse misturadas e raramente de maneira pura. O racismo adopta formas diversas nos distintos países, en función da historia, cultura ou outros factores sociais, aínda que como nexo común adoita conlevar discriminación, segregación espacial, rexeitamento da cultura e dos valores alleos, practicando abertamente a fustigación ou a violencia cara á víctima ou ó seu colectivo, amosando a súa exprexión máis criminal no escravismo, no holocausto, no apartheid ou na limpeza étnica.

As fronteiras do mundo péchanse para os máis de 15 millóns de refuxiados que foxen da guerra e da fame. No último decenio triplicouse amplamente a poboación mundial deste grupo de marxinados. En toda Europa prodúcense movementos de ultradereita que conlevan violentas actitudes de racismo contra grupos de persoas que proveñen doutros países. Cada vez máis atoparemonos coa realidade de ter que convivir con outra xente de distinta raza ca nós e coa que deberemos adoitar actitudes de tolerancia e solidariedade. Recollemos como significativo o testemuño do antigo dirixente alxeriano Ben Bella, quen afirmaba nun diario español:

--Que absurda sería unha España que acollese cos brazos abertos ós polacos e rexeitase ós marroquinos e alxerianos, unha España que intentase controlar a inmigración, despregando o exército nas súas fronteiras, como fai Italia. Non hai policía ou exército que poida resolver este problema. Anque Europa diga: -imos vivir ben dentro do noso muro e ignorar ó resto do mundo-, o resto do mundo non ignorará a Europa. O Sur é un gran arrabalde de chabolas, que ten diante un terreo de golf.¿Que pode ocorrer?. Unha invasión do terreo. Para impedilo só existe unha fórmula: que ese arrabalde viva mellor.Europa debe axudar ós paises do Sur a desenvolverse seguindo os seus propios vieiros-.

A Xenofobia

A xenofobia é un prexuizo etnocentrista que conforma actitudes de antagonismo, rexeitamento, incomprensión, receo e fobia contra grupos étnicos ós que non se pertence.

A xenofobia é unha aprehensión e aversión cara os estranxeiros e persoas doutras culturas, en base á crenza de que o -estranxeiro- perxudicará á sociedade.

A xenofobia conleva a intolerancia, de igual xeito que o racismo, a hostilidade fronte ás persoas que proceden doutros lugares ou países, fronte á súa cultura, os seus valores ou tradicións. O prexuizo permite á maioría ou colectivo étnico dominante arbitrar medidas discriminatorias contra outras realidades étnicas.

Asi, pois, a xenofobia, de igual xeito que o racismo é un prexuizo, en canto que supón unha opinión ou sentimento, normalmente desfavorable, formada a partir dunha información a miúdo inadecuada e limitada ou mesmo sen facer referencia a algunha información, coñecemento, pensamento ou razón. Por outra banda supón unha discriminación, en canto que conleva un tratamento diferente e desigual dunha persoa por pertencer a un grupo particular, baseada nunha posición arbitral en relación co detentamento de poder. Por último, na xenofobia funciona o estereotipo, é dicir, unha categoría, baseada nunha inadecuada información, que encadra ás persoas, atribuíndolles determinadas características asociadas a esa mesma categoría.

Se atendemos ó suxeito, poden distinguirse tres clases de xenofobia:

1º. Xenofobia social latente ou difusa: cando existe unha animadversión contra ó estranxeiro (o de fóra), por causas pasadas ou actuais, que poden ser moi diferentes: militar, política, relixiosa, cultural, económica, social, ou combinada con algunha destas formas. Tal sería o caso da antipatía histórica entre franceses e alemáns, franceses e españois, contra os inmigrantes estranxeiros, contra os xudeus (neste caso por motivos supostamente relixiosos)...

2º. Xenofobia teórico-ideolóxica: propia das teorías e ideoloxías políticas que afirman o propio grupo (etnocentrismo) en oposición a outros, ós que se responsabiliza dos males e problemas daquel. Tal é o caso do nazismo, do nacionalismo vasco de 1900º1939, (nacionalismo xenófobo na teoría, pero non na práctica) e o norteamericano (nacionalismo non xenófobo na teoría, pero sí na práctica)...

3º. Xenofobia política ou simplemente política: â o resultado da articulación e potenciación mútua das dúas anteriores; é dicir, cando unha ideoloxía nuclearmente xenófoba , prende socialmente, esta adoita ir unida a nacionalismos totalitarios ou autoritarios. Tal é o caso do nacionalsocialismo dos anos 30, da Serbia e Croacia actuais, da xenofobia xenocida por parte do nacionalismo democrático norteamericano.

Un dos grupos sociais que sofren xenofobia e intolerancia é o dos xitanos. En Galicia viven uns 8.000 xitanos, que forman unhas 1.650 familias. Isto supón un 2% dos máis de 400.00 xitanos españois. Están distribuidos nas sete grandes cidades galegas nun 70% do total. A Coruña, O Ferrol, Pontevedra, Vigo e Ourense teñen as máis altas porcentaxes de xitanos.

A maioría da comunidade xitana galega, un 80% pertencen ós chamados -xitanos galegos-, que se asentaron na nosa Comunidade polos anos 60. Os xitanos galegos forman unha comunidade diferenciada fronte ós xitanos béticos, cataláns ou casteláns. Existen diferencias entre os membros deste grupo social e así os xitanos casteláns, que se asentaron en Galicia distínguense por disfrutar dun nivel de vida sensiblemente superior ós demais e por demostrar unha maior tradición de convivencia e hábitos de comportamento social.

Os -xitanos zamoranos- constitúen o segundo grupo máis numeroso, que se estableceu en Galicia polos anos 70, adicados á venda ambulante. Viven maioritariamente en vivendas da súa propiedade. Teñen postos de venta e niveis superiores de formación. Viven maioritariamente en Marín, Tui e O Porriño.

A comunidade xitana complétase con outros grupos de xitanos portugueses en Ourense e húngaros (un 2%) en Pontevedra.

 

Como sinalan Geles Botas e outros:

-Cómpre deixar constancia de que houbo evolución e, por conseguinte, cambios. Partimos duns principios básicos e fundamentais:

1. Os xitanos responden na súa organización ó concepto de familia extensa, que cumpre as súas funcións de: reproducción, crianza, educación dos fillos, autoridade xerárquica, seguridade colectiva e solidariedade coa familia, ascendentes e descendentes.

2. Son unha minoría étnica con tradición oral, costumes e formas de vida moi peculiares e arriscadas, quizais por marxinación histórica e por automarxinación como defensa.

3. Teñen tendencia á autonomía en tódolos aspectos da vida e unha organización de roles moi definidos: o ancián, o fillo maior, a muller, o tío...

4. O sentimento colectivo familiar predomina sobre o individual. O individuo non conta, e isto vémolo sobre todo no momento de cumprir condenas por delitos non cometidos.

5. Poboación, en xeral, moi xove e con alto índice de analfabetismo.

6. O traballo concíbese como necesidade e non coma un fin en si mesmo

Poderíamos enumerar, entre os cambios:

1. O asentamento na periferia das grandes cidades industriais.Pasaron polo campo, sen arraigar nel. Son sedentarios. 2. Xa non son indocumentados, case todos están empadroados.3. Con dificultades van entrando na burocracia: os seus coñecementos sobre papeleos administrativos son mínimos. 4. A reconversión industrial crea crise na chatarra e obrígaos a novos traballos coma peóns e á necesidade de adquirir hábitos laborais. 5. A asistencia dos fillos á escola aporta grandes cambios de comportamento. Xa non educa só a familia (escola, televisión...).6. O dereito á vivenda, xa sexa como adxudicatarios directos ou en programas de realoxamento, trae consigo a separación do clan por unidades familiares: da chabola ó piso comporta moitas aprendizaxes que ás veces descoñecen, e uns e outros teñen que sufrir as consecuencias da convivencia. 7. O diñeiro fácil, conseguido pola venda de droga, que aínda que comporte riscos, tamén dá beneficios, e máis cando xa non hai chatarra e as portas pechan non só polo paro xeral, senón pola condición de xitanos.

O que non fixeron as pragmáticas nin as persecucións, estao facendo a droga: desxitanización-.

Unha educación para a tolerancia debe ter como finalidade o respecto á diferencia , a pluralidade diferenciada, que respecte o que os xitanos sexan protagonistas da súa propia historia.

Segregación e discriminación

Os fenómenos sociais de segregación e discriminación acompañan ó racismo e á xenofobia.

A segregación mantén a persoa ou o grupo segregado a distancia; resérvalle espacios propios, que só poden abandoar en determinadas condicións, máis ou menos restrictivas.

A discriminación impón un trato diferenciado en diversos ámbitos da vida social, con características humillantes e degradantes.

Na práctica segregación e discriminación adoitan combinarse, como sucedera na Africa do Sur, onde o -apartheid- conlevaba tamén unha organización económica da producción, que convertía ós negros nun grupo socialmente dominado, a mais de segregado.

Asimilación, Integración e Mestizaxe Cultural

A asimilación é unha acción de política cultural co obxectivo de facer desaparecer os sinais de identidade orixinais dunha determinada cultura. A cultura sometida chega a ser substituída pola cultura dominante. O resultado final é a transculturización (cambio de cultura) ou\e a aculturización (proceso de privación ou perda de certa parte da cultura dunha persoa ou grupo). A asimilación encobre un acto de intolerancia violenta por parte da cultura dominante e o abandono da comunicación intercultural.

A integración afirma a capacidade dun grupo para manter un intercambio de valores, normas e formas de comportamento con outros grupos desde unha posición de igualdade, de tolerancia participativa e non discriminatoria. A dinámica da integración implica a minorías e maiorías, busca a comunicación entre as diversas culturas nun clima de igualdade e de respecto ás diferencias.

A mestizaxe cultural resulta da interacción entre culturas diferentes. O resultado é unha nova cultura, que asi sexa.