0-Editorial

Iniciamos un novo número do Xornal Inclusión vendo dar a luz dúas criaturas importantes: O CISI que xa esta en fase de comenzo das obras e o Centro de infancia Inclusión que xa abriu como Centro Social e esta a espera de obter o permiso da Conselleria para traballar cos nenos.

Faremos un percorrido polas actividades que realizamos este trimestre, resaltando a grabación da curtametraxe Retornados, adicada os emigrantes voltos da diáspora,  encarnados en Melina unha emigrante neta de galegos.

 

Comezamos neste trimestre unha andaina de Concertos Solidarios na Comarca das Mariñas, grazas o apoio incondicional dun conxunto de artistas da zona e dos locais sadenses que nos ceden os seus espazos.

MARZO

Grabacion da curtametraxe Retornados
Vigo e Sanxenxo 23 de marzo

Concerto solidario de Paris Joel e Alvaro Muras
Sada 22 de marzo

Xornadas sobre exclusion social en Sada
Sada 21 e 22 de marzo

A mostra Viradeiras en Vigo
Vigo a 9 de marzo

Dia da muller traballadora
Poio, 8 de marzo

A ludoteca en marcha
Sada, 6 marzo

Carta dos Cidadáns de Galicia
A Coruña, 5 de marzo

Inserción laboral de discapacitados
Pontevedra, 5 de marzo

 

FEBREIRO

Inclusion visita Viradeiras
A Coruña, 24 de febreiro

Manifestación contra da violencia de xénero
Vigo, 22 de febreiro

Presentación Revista Festa da palabra silenciada sobre Maria Mariño-Dia das Letras Galegas 2007
Vigo, 21 de febreiro, Casa do Libro

A Sociedade da información: novas formas de exclusión social
Sada, do 20 0 28 de febreiro na Casa Pintor Llorens

Exposición Rosa, unha de tantas
Teis, 15 de febreiro

Visita a Fundación Ortega
Arteixo, 5 de febreiro

XANEIRO

As caras da solidaridade
A Coruña, 14 de xaneiro

Presentación do libro, A distribución da renda en Galiza
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro

Exposicion Sen Teito, da Cruz Vermella no Centro Civico de Teis
Teis, 10 de xaneiro

II Certame: Pasoarte, retratate
Vigo, 9 de xaneiro

O Centro de infancia Inclusion queda en reserva nos fondos europeos da Terra das Mariñas
Abegondo, 8 de xaneiro

 

Neste número faremos fincapé en diversos eidos sociais que tratan de abordar as diversas problemáticas do momento, dandolle isounha visión de conxunto a realidades diversas pero interrelacionadas entre si.

No primeiro artigo o nos presidente analiza O movemento cooperativo como dinamizador das capas excluidas. Angel Alonso. Tratando de poñer luz sobre unha forma societaria descoñecida para o grande público pero moi interesante polos seus resultados acadados.

No segundo artigo tratamos o tema dos emigrantes retornados, un colectivo no que estamos a traballar denodadamente de cara a súa integración na sociedade galega así este ártigo, Os emigrante retornados como viraxe da pirámide poboacional.

LUIS LEIRO

No ártigo 3 Melina cóntanos as súas andanzas a súa cegada a Galiza, co seu ártigo O caso dunha bonaerense neta de galegos. Melina Acosta.

No artigo 4, afondamos na realidade das ludotecas e as súas peculiaridades, a importancia destes recintos na conciliación da vida laboral e familiar e no efecto integrador destes espazos para o nen@. A ludoteca de Inclusión.

CAROLINA PATIÑO

No ártigo 5, María Xesús Freire no diserta o panorama familiar dos nosos xóvenes e as causas de non abandoar o fogar familiar ata ven entrados en idade, así temos este artigo Entorno familiar dos xóvenes galegos.

MARIA XESUS FREIRE

O ártigo 6 é un traballo da Fundación de Xitanos de Galiza onde nos narran en primeira persoa as dificultades deste colectivo no ártigo, Medidas cara a integración.

O ártigo 7 é unha aproximación a lexislación en materia de violencia de xénero  e as vicisitudes das vitimas no procura dunha vida afastada da violencia. Este artigo é A violencia de xénero na muller.

SERGIO ARAMBURU GUILLEM

Pechamos este novo número do Xornal Inclusión, co Comic de Inclusiño,  emplazandovos o novo trimestre que virá cargado de novidades e de obter resolución a subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística un Xornal en papel.