ARTIGO 2. O SÍNDROME DO NENO TIRANO OU EMPERADOR. PAULA
VAZQUEZ, PSICOLOGA.
RESUMO
Analizaremo-la problemática dun
síndrome en auxe na nosa sociedade que crea inquedanzas nos pais e familiares e
nos fai reflexionar a onde levamos as novas xeracións.
DESGLOSE
No presente artígo imos a tratar un
problema crecente na nosa sociedade como é o tipo de violencia que exerzen os
nen@s en contra dos seus pais. Como di Vicente Garrido: “os nen@s tiranos teñen
dificultades para sentir culpa e amosas empatía, son pequenos tiranos, nen@s
que dende pequen@s insultan os pais e aprenden a controla-los cas súas
esixencias…son nen@s cuxo principio filosófico é primeiro eu e logo eu. El
pensa que todos xiran o seu alredor, que ve ós pais como “caixeiros
automáticos”. Un neno o que non lle dixeron non ”.
Os pais están desbordados porque non saben que
facer con estes nenos, además é un tipo de violencia pouco visible porque se
oculta pola vergüenza e o sentimento de culpabilidade dos propios proxenitores.
É por elo, que os educador@s e
psicólog@s recomendan os pais poñen límites os seus fillos dende bebés, marcar
as fronteiras do inadmisible, innaceptable e innegociable. Unha das creenzas
erróneas máis extendidas é que afecta a familias permisivas ou neglixentes de
clase baixa ou marxinais cando a maioría dos casos afecta primordialmente a
familias provintes de niveis socioeconómicos medios, altos e moi altos. Por
norma xeral o agresor é varón e a vítima soe se-la nai e, en raras ocasións o
pai. O fenómeno dos fill@s violent@s vai en alza. Un estudo que Vicente
Garrido, psicólogo criminalista e profesor da universidade de Valencia, puso de manifesto que o promedio de casos de
nen@s con este transtorno se multiplicou
por oito nos derradeiros anos.
As causas poden ser múltiples pero
este fenómeno convírtese nunha eiva importante para o desenrrolo destes
menores. Unha toma de decisións axeitadas a tempo, un estudo dos casos
particularmente e unha educación reorientada son algunhas das premisas a
conquerir para avaliar, confrontar e mellorar a situación dos nen@s.