ARTIGO 3. As artes e a discapacidade. Luis Leiro González. Asociación Inclusión.

 

Resumo

 

Neste artigo contarei unha seríe de historias persoais, de xentes de eiqui, que sofren algun tipo de discapacidade e que podería servir de exemplo para outr@s, que en situacións parellas poden afondar no esforzo e na mellora persoal en prol dunha vida completa e chea de metas conqueridas.

 

A discapacidade

 

Ter unha eiva xa sexa física ou intelectual produce na persoa que a padece e no seu círculo máis próximo unha sensación de abafamento, de non saber como afronta-lo. As veces o descoñecemento da eiva, como trata-la como enfrontarse a unha realidade provoca unha frustración inicial que logo do tempo e con boa actitude é superada con éxito. Velahí a importancia de saber enfrontarse a situación explotando tódals nosas posibilidades vitais que van máis aló dunha ou outra carenza puntual.

 

Casos Reais

 

Xurxo

 

En Pontevedra coñecin a un rapaz que ten unha discapacidade visual e auditiva, o seu nome é Xurxo. Él atopase con problemas a hora de acadar un emprego e facer un vida máis ou menos normal.

Xurxo posúe unha seríe de habilidades artísticas para plasmar en papel o que ve o seu redor, así dende caricaturas ata comics, dos persoaxes máis variopintos van pasando pola súas mans e quedan reflexados nas súas obras.

Son traballos de calidade onde amosa fielmente os persoaxes que retrata, froito distes traballos Inclusión trata de apoiar a esta xente que ten moitos intereses e a sociedade debe saber que estan ahí. Así fixemos unha exposición en Pontevedra co título As caras de Xurxo, tamén esta a participar en varios concursos de autor como por exemplo Gcrea da Xunta de Galicia.

 

Luz

E unha rapaza con discapacidade que estudia na facultade de bioloxía da Universidade de A Coruña e ademáis ten tempo para adicarse a xogar na primeira división do basket feminino, este é un deporte que esixe adicación, entrenamento, esforzo e sen apenas recompensas económicas. As recompensas son sociais e persoais, fanse amigos, coñecense cidades,...estase nunha palabra socializado e desfrutando das pequenas cousas da vida.

 

 

Xoan

 

En Vigo, atopeime cun rapaz que sufriu un accidente no porto e quedou nunha cadeira de rodas, agora é Luthier, fai instrumentos musicais esculpindo a madeira, o  seu nome e Xoan. Posúe capacidades artísticas en diversos eidos, xa que logo, non soamentes fai arte ca madeira senón tamén cas letras, así xa leva varias novelas, contos,... todos eles cun humor moi galego e cun estilo persoal particular. Xoan refixo a súa vida e sempre ten un sorriso que o acompaña, sempre con novos proxetos en mente e con gañas de facer cousas.

 

 

 

Xavi

 

Outro artista que coñezo e Xavier, vive en Xeve un pobo preto de Pontevedra, el sufreu un accidente que lle provocou unha parálise parcial. Acuñou o termo D’Xeve arte natural, as súas obras formanse con restos naturais de madeira, pedra,...  todo o que a natureza xenera lle vale para modelar a súas obras, dende botellas coloreadas ata portavelas de madeira ou cadros de ferraxes,... un longo abano de posibilidades co arte natural que Xavi leva o extremo, reciclando o inservible  e facendo arte para o desfrute dos sentidos.

  

 

Conclusións

 

Son moitas as persoas que posúen capacidades innatas e menos as que explotan todas as súas potencialidades creativas e as levan a cabo. Estes son so unha mostra da realidade que se agocha nas persoas, todos temos capacidades  propias ou adquiridas e a discapacidade non debe ser un impedimento para saca-las a luz.