ARTIGO 4. O Comercio xusto. Xulio Álvarez Gómez Profesor da
Universidade de Vigo (Inclusión).
Resumo
Partimos de
definir comercio xusto como aquel que relaciona «pequenos-Productores-asociados»
[Pa],
con «Consumidores-responsables» [Cr], e «Mediadores-facilitadores» [Mf] e posibilita unha mellora das condicións destes a nivel persoal e planetario. Preguntas tan de moda como o prezo dun café atopan eiquí solución.
Introducción
Estes días veñen
celebrándose en distintas localidades: A Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense (e a eles se uneu Sada)
actos reivindicativos a prol do comercio xusto, nos que participaron activamente diversas organizacións non lucrativas, Solidaridade
Internacional, Amarante,… e como non Inclusión.
Son actos que pretenden resaltar as condicións de vida de grandes áreas do planeta e como
situación global inxusta merecen a nosa reprobación.
Trataremos de achegarnos a unha definición de comercio “xusto”
que fai máis referencia
a inxusta
distribución da riqueza e pobreza, especialmente a nivel internacional que ás bondades ou maldades da
institución mercantil. Analizaremos os elementos que pretende poñer de manifesto esta singular proposta que máis que unha proposta comercial é unha proposta reivindicativa ou de protesta contra unha
situación desigual e inxusta.
Definición
O Comercio Xusto é un tipo de comercio que xurde dunha
nova relación, libre, directa entre tres
novos suxeitos económicos:
os produtores en vías de empobrecemento,
os consumidores solidarios e os intermediarios sen ánimo de lucro (sempre entendemos por tal a homes
e mulleres consumidores finais). Para ser claros,
chamaremos ós primeiros «pequenos-Productores-asociados» [Pa], os segundos «Consumidores-responsables»
[Cr],
e os terceiros «Mediadores-facilitadores» [Mf]. Podemos
decir que se trata de suxeitos que aprenderon as leccións da Historia e por iso
son novos. O fin do “comercio xusto”
é loitar contra os intertrocos
desiguais en térmos de traballo.
Se trata eiquí de beneficiar
ós productores cunha
relación directa e loitar contra o empobrecemento dunha parte do
mundo. A asignación de prezos e valores agocha unha perpetuación da
situación actual que as organizacións participantes
non dubidan en calificar de “inxusta”
e o comercio “xusto”
é un xeito de rachar con este desequilibrio reaxustando os prezos finais a unha relación máis acorde co seu valor real en traballo. Non se trata de anular o valor das relacións mercantis senon de axusta-las a un código
ético. A producción debe ter un valor acorde co traballo e a comercialización tamén,
non poden nin deben perpetuar situacións
“inxustas”.
A producción e o traballo
son de novo os eixes fundamentais
da relación económica, cando hoxe en día, ca inxeñería financieira,
as telecomunicacións, etc,
a produción física é unha
parte cada vez menor do valor xerado. Así productos
de grande calidade son comercializados a baixo prezo evitando os outros costes que eiquí
consideramos inxustos, que non aportan traballo nin elementos
físicamente apreciables.
Distribución de factores a nivel planetario
Estas “inxustizas”
son, sin dúbida máis
apreciables a nivel global, xa que logo, onde as grandes áreas productoras dos produtos estrela deste tipo de comercio: café, cacao, infusións
ou textil se atopan sumidas
cada vez máis na pobreza, e
cando, esos produtos non cesan de sufrir revalorizacións para o consumidor final. É o reflexo dunha situación de poder
económico dunhas áreas a outras
e duns factores de produción
(a tecnoloxía e o capital) sobre o factor outrora chave (o factor humán).
Dase así o predominio do factor
capital sobor do traballo,
o que da lugar a deslocalizacións, en prol de países onde a man de obra
é máis barata (China ou os
tigres asiáticos) e a un continuo empobrecemento da
clase traballadora.
É ahí onde actúa o “comercio xusto”, valorando as horas de traballo
do produtor a nivel de horas de “adicación”
dun obreiro certamente especializado no seu,
tratando de rachar un círculo que só leva o empobrecemento de numerosas áreas fora
do “centro” económico adicadas a producións
que este minusvalora e deixando as plusvalías no sector comercial.
Un caso concreto: o prezo do café
Exemplo desto pode
ser o prezo dun café. O prezo da produción do café descende, dun xa
baixo prezo mentras que o prezo unitario dunha taza de café nunha
cafetería dun centro económico ou
de un pais civilizado non cesa de medrar, ¿Cánto vale un café? Hoxe, mañá,….o seu prezo ven determinado na súa meirande
parte polo marxe comercial do sitio onde é consumido,
participando moi pouco neste coste o atribuible a
man de obra (Pa) e
en maior medida ós camareiros ou comerciais,
que levan ata o consumidor o produto final, que os produtores (Pa) cuxa posición global mermase cada vez máis.
Velahí a importancia do consumidor responsable (Cr) no desenrrolo do Comercio Xusto.