ARTIGO
RESUMO
Neste ártigo
afondarei na idea da relación
direta entre a incorporación o mercado laboral da muller e as tarefas e roles
socias que desempeña no seu eido
familiar, finalmente falrei das perspectivas futuras
da muller.
INCORPORACION O MERCADO
LABORAL
A incorporación da muller o mercado laboral supuxo unha verdadeira revolución e a
dignificación do seu papel na
sociedade. Nembargantes,
este troco non foi acompañado polas
precisas transformacións sociais
para acompasar o traballo feminino
fora da casa e as labouras
que as mulleres desempeñan no fogar, incluido o coidado de nenos e de anciáns. A situación
dista de ser a desexada, pero hai
camiños para conciliar vida laboral e familiar, sempre que se conte co esforzo de tódolos implicados: pais, empresas e Administración pública.
Vexamos algúns
datos recopilados de investigacións recentes sobor do tema que
estamos a tratar. Catro de cada cinco mulleres está satisfeita por ter un traballo fora da casa. Nembargantes, a metade das nais considera que esta situación é mala para os nenos. Estes dous
datos, aportados por un estudio dirixido por dona
Constanza Tobío, profesora da Universidade
Carlos III de Madrid, amosan que a conciliación da
vida laboral e a familiar segue sendo un problema, que se pode resumir nun
quero e non podo. E grande dilema das nais traballadoras. A
incorporación da muller o mercado laboral se pode
considerar un dos grandes logros do pasado século. Non só dignifica o papel
das mulleres, senón que demostra
que neste eido son iguais ós homes.
En canto as mulleres se lles concede a oportunidade de
avanzar no terreo profesional, amosan evidentes
capacidades que, en moitos casos, serviron de
complemento para as aptitudes do home traballador. Entrega, capacidade
de organización ou humanización da empresa son algúns dos elementos positivos que a muller introduciu co seu traballo. Paseniño
a paseniño, vanse rachando
os teitos que lles impiden
acceder a postos de responsabilidade,
e hoxe xa non soa alleo, que unha muller opte a Presidencia dun Goberno, dirixa unha grande empresa multinacional ou
porte sobre o seu lombo un
fusil de asalto. Nembargantes, esta chegada da muller ós postos de traballo,
masiva dende mediados dos anos 80, non foi acompañada
dos trocos precisos na estructura da sociedade para que quedaran cubertos
os papeis que antes correspondían exclusivamente ás nais. As labouras
do fogar, o coidado e a
educación dos nenos, a atención ós
ancianos, os enfermos e os incapacitados, ou a xestión da economía doméstica, eran tarefas
encomendadas, durante séculos, ás
mulleres da casa. O home tiña un papel moi delimitado como proveedor. O home
lle
correspondía gañarse o pan co sudor da súa frente, e esta laboura
parecía deixarlle exento de calquera
outra tarefa. Cando a muller deixou de adicarse por completo a
casa e a familia, ninguén tomou o relevo. Pero os
días desas nais seguían tendo 24 horas, como antes; só
que agora estaban obligadas a estira-las ata o límite. A conciliación da vida
familiar e a laboral se convirte, en moitos casos, nun verdadeiro inferno. Pero a muller traballadora, incluso anque traballe só por diñeiro, e non pola satisfacción de desenrrolarse
a través dunha carreira
profesional, non está disposta, nun
80% dos casos, a renunciar a esa oportunidade. Pero
es consciente de que parte do custe dese troco na sociedade
o van a paga-las persoas o seu
cargo, fillos e anciáns. Os
múltiples debates sobre a situación da infancia na actualidade sempre pasan polo traballo das nais. "Xa non hai bocatas no recreo -explica unha
mestra dun colexio concertado de Madrid-". A muller asume o
rol dos traballos do fogar
sen que ninguén a sustitúa.
As razóns
que llevan a muller
a adicar grande parte do seu
tempo a un traballo fora do
fogar, dependen moito do
estrato social da familia. Nos niveis máis baixos, a muller traballa por necesidade, e a súa ausencia do
nido supon un serio trastorno, posto
que non soen ter recursos
suficientes para contar con alguen que lle coide ós
nenos, o sufragar los custes
dunha gardería. Nas capas altas da sociedade se
percibe un maior desexo da muller por desempeñar unha labor
profesional fora do eido
doméstico. Claro que, en xeral, teñen
máis facilidade para atopar vías de escape a
conciliación, tales como coidadoras para os nenos e anciáns. As veces, estas
mulleres con máis responsabilidades teñen tamén máis
dificultades para dispor de tempo libre e para saber,
con seguridade, a qué hora rematará a súa xornada laboral.
A muller
asume un papel determinante nas relacións
socio-familiares do seu entorno o que redunda no seu nivel de ocupación efectiva a nivel laboral.
PROXECION FUTURA
As estatísticas
máis recentes apuntan a que
un 17% da poboación ten máis
de 65 anos, e cada ano se incorporan 100.000 novas persoas
a esta franxa de edade. As previsións non son nada alentadoras. Para o ano 2020 agardase que, entre o 18 e o 23 por cento
das persoas, estén xa en idade de xubilación. E, para o