0.-Editorial do número 13: Cortos, música, CISI e un sinfín de actividades.

Como  é normal en min, doulle máis peso ás actividades lúdicas que ás económicas ou sociais, e neste trimestre hai  diversos proxetos con cantidades importantes e ademais hai transformacións que supoñen trocos relevantes.
Quero seguir unha orde cronolóxica, pois ademais de ser o habitual, o que para un pode ter vital importancia para outro non vai revestir o máis mínimo interese e ademais permite ao narrador (eu) non perderse. Naqueles elementos que se merezan a vosa atención especial poderedes visita-los detidamente na web onde aparecerán con fotos e detalles ou preguntar.

 Comeza o meu recordo do trimestre onde o deixei, retomando nos meus oidos o son dos bongos, o caixon flamenco e o baixo de ALVARO MURAS, KARLOS KARNEIRO e VICTOR "CHARLIE", ou o son de PARIS JOEL, no primeiro concerto, sen dúbida memorable, dos Xoves Solidarios de Inclusión, o concerto desenvolveuse no mesón “A Marola” de Sada, aínda que os bongos e timbais soaron, tamén, fora do local, nas rúas e na praia de Sada, conformando unha noite memorable. En canto ás imaxes véñenme ás das dúas curtas. O aínda inconcluso “retornados” do que xa falei no trimestre anterior, que ademais dos actores e actriz ten unha grande canción de César de Centi e outro que se rematou o 30 de Maio, xusto para participar no concurso da dirección xeral de cooperativas “As cooperativas do mar de Galicia”, moito máis didáctico pero con fermosas imaxes e a música folck do linho do cuco.  Case sen  rematar un deles xa ben outro, con Oswaldo Digón de protagonista e música de Alvaro Muras que narrarei no próximo editorial.
Na parte económico-construtora destaca o Centro en Poio cuxa construción arrinca, lenta pero arrinca e cuxa evolución e situación case a día de hoxe pódese seguir na portada da web.

A licenza é do 26 de decembro do 2006, pero recentemente colocamos os carteis de inicio das obras nos  1.200 m2 de terreo no lugar de A Seca.

Agora ireí desglosando unha a unha as actividades que xa veredes como hai para todos os gustos:

Montamos a mostra fotográfica “De paraplexico a construtor de violins”, na sala relacional da ludoteca Inclusión, no que vai a ser a súa sede permanente cando non visite ningún lugar específico.

O 10 de Abril acudimos as X Xornadas sobre formación en violencia de xénero no  Centro civico casco vello de Vigo, coordinadas pola Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos e en especial pola sua afable coordinadora, Rosa Fontaiña. A violencia de xénero é un tema recurrente que desperta e vai a seguir faéndoo un interese especial en nós.

Logo celebramos un Videoforum no Cibercastro de Vigo, onde dimos a coñecer os nosos avances na elaboración da curta Retornados, e a xa case finalización da curta de Cooperativas do mar. Na sesión de traballo, Carlos Acuña interprete da curtametraxe se comprometeu a interpreta-la canción; “Soa a música”, que con letra do presidente  participa no  concurso Utopía Son a celebrar no pub Uff de Vigo.

A seguinte actividade terá o seu punto importante no  seguinte trimestre,  celebrouse unha reunión da Feira Franca Medieval de Pontevedra, feria a  cal Inclusión acostuma acudir e disfrutar dela, e o voltará a facer este ano. Completei a miña estancia en Pontevedra na Mostra Viradeiras, da obra social de Caixa Galicia, que se ubicaba nesta ocasión na  Praza da Peregrina de Pontevedra.

O mércores 18 abril,  algunas das personas máis activas en prol da defensa da muller entre as que se atopaba, como non, Rosa Fontaiña, celebraron no Complexo "Cristo da Vitoria" de Coia en Vigo, un acto reivindicativo O día da muller, acto no que Inclusión estivo presente.

Máis tarde, realizamos unha Visita a Xoan Gorgojo no seu taller de luthier no  centro de Vigo, onde nos mostrou instrumentos en fase de elaboración e unhas peculiares obras de pequeno tamaño, en madeiras nobres, que acuñou co nome  eEfluvios de madeira.

Posteriormente, acudimos a un acto que se celebraba en varias sedes, nós visitamos as mostras de Vigo e A Coruña, se trataba dunha mostra da ONG Intermon Oxfam celebrada entre outros lugares na lonxa do Concello de Vigo e nunha carpa nos Xardíns de Méndez Núñez de A Coruña, nós tamén fixemos a nosa colaboración altruista.

 

O derradeiro xoves de mes tivo lugar a segunda edición dos xoves solidarios, nesta ocasión na cafetería Oasis da praia de Sada, onde interveu Cesar de Centi que interpretou uns cantos temas de canción de autor, acompañado da súa guitarra e o tema da curta retornados, nun concerto intimista e brillante. Nesta ocasión se presentou unha 2ª versión  desta curtametraxe e se avanzou cara a confección da súa banda sonora definitiva.

Para rematar Abril, outro acto no  que Inclusión participa activamente, na  presentación no  Hostal dos Reis Católicos de Santiago do estado da Carta dos Cidadáns por parte dos invitados da Consellería de Presidencia  ca  intervención de expertos de outras CCAA.

O proceso de elaboración desta carta de dereitos, volverá a facer acudir a Inclusión a utras reunións.

 Comezamos mes acudindo a un acto sobre o apadrinamento internacional, ofrecido pola Fundación Balms, os procesos de apadrinamento son complexos, pero sempre solidarios.

Pouco máis tarde, no  Centro Social Caixanova acudimos, con outras entidades, a unhas Xornadas do plan local sobre drogas, VI Xornadas PlsDa, onde diversos expertos analizaron a realidade do caso na cidade de Vigo, Inclusión botou en falla  algunha voz autorizada.

Posteriormente e na cidade de Pontevedra, Inclusión realizou a Inauguración da Mostra As Caras de Xurxo, o seu autor, Xurxo Casal Piñon é un xóven discapacitado pontevedrés especialmente dotado para a caricatura e as artes plásticas en xeral. A mostra tivo lugar no pazo da cultura da cidade.

A mediados de Maio, comenzaron una serie de actos de Inclusión en prol do Comercio Xusto, con asistencia a seminarios, exposicións e presentación de artígos, un dos cales vai neste mesmo número da revista. Estreitas relacións co  Comercio Xusto teñen as dúas actividades que narramos a continuación:

 

a)A   Feria da Diversidade que se celebró na Praza de Compostela de Vigo, onde era posible atopar produtos que non acceden normalmente ós circuitos comerciais.  Nestas feiras Inclusión pudo adquirir xoguetes de elaboración non convencional con destino a súa Ludoteca.

b) As Vacacions Solidarias que ofrece Solidaridade Internacional unha das organizacións máis implicadas no  Comercio Xusto. Nunha reunión na Galería Sargadelos de Vigo, un técnico desa ONG explicou as variantes que ofrecen o futuro coperante.

 

A mediados de maio en Santiago de Compostela, Inclusión acudiu a dialogar sobre a nova Lei de voluntariado. Para a elaboración desta lei tanto  Luis Leiro como eu  fumos incluidos en sendos grupos de traballo, no  meu coincidín co Diretor Xeral de Voluntariado Xesús Cela.

Comezamos xuño cunha actividade gratificante, un día adicado a  xente con discapacidade no  que persoas discapacitadas toman (ou tomamos) o paseo marítimo de Sada e  as súas pistas deportivas,  hai competicións de boccia e slalom en cadeira de rodas para os máis afectados; tenis e baloncesto en cadeira de rodas para os que poden considerarse atletas. Nesas actividades de orgullo e participación é no  que Inclusión se sinte cómoda. Este presidente  entregou unha praca conmemorativa da súa participación o equipo de baloncesto Thot Orto de Avilés.
Outra actividade gratificante foi o acto de reivindicación e degustación de produtos procedentes do Comercio Xusto organizado por Inclusión en Sada, contamos ca adhesión de casi tódalas forzas políticas sadenses.

Un acto para a infancia, a  que Inclusión lle adica especial atención e cara a que proxeta especializa-lo seu Centro de Sada (ludoteca),  foi o celebrado pola Fundación Meniños, ca que Inclusión colabora (vendendo bonecos Don) e ca que ten coincidido en diversos actos (ex. participa na exposición Viradeiras que xa  saido nesta editorial). Neste acto se presento; “O mundo de Miluunha web interativa que permite coñecer xogando moitos aspectos da infancia.
Como non todo vai a ser divertirse, que tamén hai moito traballo formal, e non todo divertido, Luis Leiro participou nun Curso de Xestión de Asociacións, que se desenrrolou en Cambados onde se estudiaron as obligacións e fontes de financiación dunha asociación como a nosa.

O mesmo tempo eu acudía en Vigo a unha sesión organizada en Caixa Galicia sobre o Proxeto Home, onde un dos máximos responsables nos explicaba a súa laboura contra o alcoholismo, a drogadición e outras adicións entre as que cada vez ten maior presencia a ludopatía.

 

 

Socialmente tamén hai dous temas trascendentes como serían:

1) Unha leve reforma estatutaria que nos permita desenrrolar o proxecto da Ludoteca ou afrontar por fin os nosos proxetos internacionais (con Mexico).

2) Un troco na composición da diretiva, con incorporación de maior número de mulleres, cosa que ademáis é coherente co que sostemos. Na primeira diretiva eramos pioneiros respetando o exiguo porcentaxe do 20% agora respetamos gustosos a paridade. Relatarei no  seguinte número a composición definitiva unha vez se estabilicen ditos trocos e a xente se adapte a súa nova posición, non obstante a web é dinámica e permitirá coñecer ditos trocos (que a día de hoxe estan na Xunta) antes de que eu os relate e a administración os reafirme.

Paso a relatarvos a modo de índice e de forma resumida os artígos-colaboracións que compoñen en si este número.

No primeiro artigo facemos unha profundización na produción audiovisual de Inclusión que xa vai tomando forma, cinta a cinta. O percorrido é realizado polo noso presidente Angel Alonso.

No segundo Paula Vazquez, psicóloga analiza o fenómeno do nen@ tirano ou emperador.

No terceiro analizamos a problemática da discapacidade e as capacidades artísticas, Luis Leiro fai un percorrido por persoas con algunha discapacidade que colaboran con Inclusión e que son exemplos dunha integración real e completa a través das súas capacidades artísticas.

O carto é un artígo que entronca con moitas das actividades desenrroladas neste trimestre, supón unha explicación do que é económica e socialmente o Comercio Xusto, realizada polo noso socio e profesor da Universidade de Vigo Xulio Álvarez Gómez. Nel se analizan cuestións tan de moda como o prezo dun café.

No quinto Carmen Sobrino analiza a situación da Conciliación da vida familiar e laboral nas familias de hoxe.