artigo 2. O DEREITO A  ASISTENCIA SANITARIA NAS PRISIONS. O RECLUSO DROGODEPENDENTE  Inma  Valeije  Alvarez. Profesora Titular de DereITo Penal na UniversidadE de Vigo

 

 

 

1. Cárcere e Drogodependencias.

 

Non hai  temeridade algunha en afirmar que  boa parte da poboación penitenciaria se atopa privada de liberdade por feitos que algo teñen que ver cás drogas.  De feito segundo un Portavoz de Institucions  Penitenciarias en España o total da poboación reclusa é de 52.000 persoas, o 60 % consume drogas  e o 55% segue algún programa de tratamento con metadona ou algún outro sistema para desintoxicarse ou aliviar a adición ás drogas. Facéndose tímidamente eco da creenza xeralizada de que os centros penitenciarios non son o lugar idóneo para o tratamento da drogadicción, o actual Código penal, tra-la entrada en vigor da  LO 15/2003 de 25 de novembro, contempla unha serie de reformas que poden contribuir a reduci-la poboación penitenciaria toxicómana nas cárceres españolas. Neste senso o novo art. 87 CP prevé a posibilidade de suspender as penas de cárcere ós drogodependentes con condenas de ata 5 anos de cárcere, pudendo aplicárselle a reos habituais o  desaparecer esa limitación na nova redacción. É preciso que un centro acredite que o condenado está deshabituado ou en tratamento. Obviamente, o seu ingreso no  centro penitenciario se condiciona a que non o abandone. Pola súa parte, o art. 378 CP, recolle un tipo privilexiado, permitindo o xuiz rebaixar en un ou dous graos a pena o reo que, en un delito contra a saude pública, sendo drogodependente no  momento da comisión dos feitos, acredite suficientemente que  finalizou con éxito un tratamento de deshabituación, sempre que a cantidade de sustancia prohibida non fora de notoria importancia ou de extrema gravidade. Tamén  o novo art. 508.2 LECr. prevé que, si o imputado drogodependente se achara sometido a tratamento e o ingreso en prisión puidera frustrar o seu resultado, a medida de prisión provisional poderá ser sustituida polo ingreso nun centro para continua-lo tratamento, sempre que os feitos sexan anteriores o inicio do programa terapéutico.

 

Polo que se refire ós programas de deshabituación para drogodependentes as líñas xerais de actuación da administración penitenciaria en materia de drogodependencias aparecen deseñadas no  art. 36 da LOXP, no  RP e fundamentalmente na Circular 5/1995  de 15 de febreiro completadas  por un documento denominado “Consideracions estratéxicas da intervención”, que recollen  catro principios fundamentais:

- Plurifocalidade da intervención (programas de tratamento  integral) -Normalización (campañas permanentes non temporais)

-Coordinación e integración (con participación de equipos penitenciarios e da comunidade)

-Interconexión  (dos centros penitenciarios e as institucions da comunidade). Sobre estas bases, cada centro penitenciario pode ofrecer  a totalidade de programas que existen  co obxetivo de dirixir  a cada interno o tipo de intervención máis idóneo para él, dependendo das súas necesidades. Nembargantes pode advertirse que na maioría dos centros hai unha práctica inexistencia de programas de deshabituación de carácter integrador, na medida de que os programas de metadona se limitan a dispensar esta sustancia. 

A intervención e o tratamento dos reclusos drogodependentes está baseada na xustaposición do modelo penal (tratamento contra toxicomanías  como parte do tratamento penitenciario)  e do modelo médico (recuperación da saude), o que da lugar a unha serie de prestamos, paralelismos e contradiccións. Funcionando en ocasións como modelos antagónicos no  que novamente nos encontramos con unha subordinación da saude dos internos toxicómanos o  tratamiento[1]. Tratamento penitenciario  son as actividades directamente encamiñadas a  reeducación e reinserción dos penados que obrigan a que modifique aqueles  sectores e rasgos da súa personalidade directamente relacionados ca  actividade delictiva (no  caso do drogodependente que renuncie a súa adicción porque normalmente está estreitamente relacionada ca comisión de delitos contra a propiedade ou contra a saude pública). Polo contrario, os programas de deshabituación consisten na asimilación drogadicto- recluso que debe ser sometido a diagnósticos, terapia, que precisa de determinados fármacos, controis sanitarios aleatorios para comproba-lo seguemento do programa e evitar que puntuais fracasos o poñan en perigo e fagan perder o interno os beneficios penitenciarios adquiridos pola súa participación  voluntaria nos mesmos.

 

 

 

2. Programas de deshabituación para drogodependentes.

 

No eido  penitenciario, o R.P en sede de tratamento articula diversas posibilidades de organización de programas de deshabituación, segundo esquemas máis ou menos ríxidos en canto o réxime de vida do interno, de forma que alomenos teóricamente  se poden asignar o interno que quere someterse ós mesmos, o máis axeitado o seu perfil.

Tipoloxías:

a) As Comunidades Terapéuticas: o art. 115 do Regulamento Penitenciario recollido no  Título V en sede de tratamento  posibilita a constitución de grupos de internos en réxime de comunidade terapéutica, sistema de organización que se caracteriza pola importancia que o tratamento acada (o conxunto de actividades e a organización global esta minuciosamente programada e prevista), ata o punto que a Xunta de Tratamento,  que esté ou fronte  da mesma  asume as  funcións que ten atribuidas o Consello de Dirección  e a Comisión disciplinaria do centro con exclusión tan so das que se refiren os aspectos económicos administrativos, según establece o  apartado segundo do citado art. 115[2].

 

b) Programas de atención especializada: a posibilidade de programas de actuación especializada se recolle nos arts. 116 e 117 do RP. O art. 116 establece a obligación da Administración  de ofertar a todo interno con dependencia a sustancias psicoactivas  que o desexe a posibilidade de seguir programas de tratamento e deshabituación con independencia da súa  situación procesal, esto é, sexa preventivo  sexa penado  Nembargantes, a clasificación en certos supostos  e indirectamente a traxectoria penitenciaria do suxeito,  no  que se inclue a traxectoria disciplinaria,  a situación procesal e incluso o propio delito cometido si poden condicionar a aplicación de determinados programas. O propio art. 117 do RP o regular  as medidas reximentais para a execución de programas  especializados para penados clasificados en segundo grao, esixe que cando ditos programas incluan a saida a unha institución exterior o  interno debe presentar un perfil  de baixa peligrosidade social e non ofrezca riscos de quebrantamento de condena e hai opcions que, polo grao de autogoberno que significan si que están condicionadas polo grao de clasificación, caso do cumplimento en unidades extrapenitenciarias  ou unidades dependentes.

 

c) As Unidades dependentes. O art. 165 do RP establece a posibilidade de constituir Unidades dependentes determinando que son unidades arquitectónicas destinados a internos clasificados en terceiro grao, as cales se caracterizan  por estar ubicadas fora do recinto dos Centros penitenciarios, preferentemente en vivendas  ordinarias  do entorno comunitario sen ningún signo de distinción externa  relativo a súa adicación e que ofrecen servizos e prestacións de carácter formativo. A xestión se fai de forma  directa e preferente  por institucións, asociacions  ou organismos públicos ou privados, en todo caso non penitenciarios,  sen perxuizo da participación  que a administración penitenciaria  pode ter nas tarefas con persoal  de ela dependente e sen perxuizo das funcions  de control e coordinación, que en todo caso lle competen. O funcionamento e seguemento das Unidades dependentes está regulado pola Circular 17/95.

 

3. Programas de reducción de riscos.

 

Vista previa de la imagenActualmente, e vistos os escasos resultados ós que  conduciu a utilización en exclusiva do modelo penal, pero sobre todo derivados da extensión da SIDA entre a poboación penitenciaria  e outros problemas sanitarios derivados da practica endovenosa clandestina, se  elaboraron unhas orientacións máis pragmáticas de tipo socio sanitario que se  concretaron  nas denominadas políticas de reducción de danos,  prácticas que  recibiron o apoio de organismos internacionais  como a Unión Europea e a Organización Mundial da Saude. (Resolución do  Consello de Ministros de 16 de maio de 1989). Moitos sectores profesionais contemplan estas medidas como unha implantación de medidas técnicas tales como a posta en marcha de programas de mantemento e tratamento con metadona e outros sustitutivos (xa se fala de suministro de heroína e morfina[3]), de suministro e intercambio de xeringuillas,  e preservativos, de intervención sanitaria directa, programas moves con recursos informativos o recursos socio- sanitarios,  centros de acollida de baixa esixencia ou asociacions de usuarios. Estas medidas supoñen unha ampliación das necesidades de intervención a través da diversificación e se recoñece que deben estar incardinadas en un conxunto de medidas  sociais máis amplas,  sen as cales as primeiras serían inviables. Estas prácticas implican unha certa normalización non xa dos usos das drogas, senón da coexistencia cás drogas como fenómeno social e esta normalización ten importantes zonas de incompatibilidade  cás políticas prohibicionistas dentro do ámbito penitenciario (por exemplo, aumento de sancions penitenciarias), e non deberan ser un medio para controlar e disciplinar a poboación reclusa (consecución da paz dentro das prisións mediante o troco de a boa conducta do interno a cambio de metadona). 

O contrato terapéutico impón unhas pautas de comportamento cuxo descoñecemento polo interno provocan a expulsión do programa e son as seguintes:

1. Asistir as actividades concertadas polo responsable do equipo responsable do tratamento.

2. Tomar a metadona en presencia do profesional responsable gardando puntualidade, orden e corrección a  hora da administración.

3. Renunciar a coñecer a dose de metadona  que se administra durante o tratamento.

4. Compromiso de permitir os  controis analíticos de ouriños en calquera momento do tratamento.

5. Queda totalmente prohibido  ter, vender ou consumir calquera fármaco ou sustancia non prescrita médicamente.

6. Queda totalmente prohibido o roubo, a agresión, as ameazas físicas e verbais ademáis da comisión de outras faltas graves.

7. A alteración da convivencia dos profesionais e resto dos integrantes  do programa cos funcionarios e resto dos  internos do Centro penitenciario.

 

BIBLIOGRAFIA

 

AAVV. L´empresonament a Catalunya. Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans. Barcelona 2004.

 

ABA CATOIRA, A.: La limitación de los derechos fundamentales por razón del sujeto: los parlamentarios, los funcionarios y los reclusos. Madrid 2001

 

ARMENTA GONZÁLEZ–PALENZUELA, F.J./RODRÍGUEZ RAMÍREZ: Reglamento penitenciario comentado: análisis sistemático y recopilación de legislación. (2 ed. Sevilla 2002

 

AYMERICH CANO, C.”: Reximen fechado e cárceres de máxima seguranza. Unha reflexión desde o Dereito Administrativo”. En Anuario de Dereito da Universidade da Coruña. Vol. I, A Coruña 1998.

 

AYMERICH CANO C.: “A responsabilidade patrimonial da Administración pola morte de internos en centros penitenciarios” en Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, número 8, A Coruña 2004.

 

BLANCO ARCE F.X., LÓPEZ- GUERRERO P., LORENZO CONDE B.; LOSADA DIEGUEZ J.M. y MAYO MARTÍNEZ, B (Comisión de asesoramento xurídico penitenciario (CAXPOU) del Ilmo. Colegio de Abogados de Ourense): “Seguridad social y salud en el ámbito penitenciario  en  Cuaderno de  Derecho Penitenciario número 10, del Ilmo. Colegio de Abogados de Madrid. 2004.

 

BRANDARIZ GARCÍA,  J. A.: Departamento Especiales y FIES-1 (CD): “La cárcel dentro de la cárcel” En  Panóptico, número 2 .2º semestre, Barcelona 2001.

 

BERDUGO GÓMEZ DE LA TORRE, I./ZÚÑIGA RODRÍGUEZ, L. (coordinadores): Manual de Derecho penitenciario. Universidad de Salamanca  2001.

 

BOIX REIG, J./ORTS BERENGUER, E.”: El delito de sanciones o privaciones indebidas y uso de un rigor innecesario” en El nuevo Código penal: presupuestos y fundamentos. Libro Homenaje al Prof. Doctor Don Ángel Torio López. Granada 1999.

 

BUENO ARÚS F.”: La eficacia de los derechos fundamentales reconocidos a los reclusos en el art. 25 de la CE  en Introducción a los derechos  fundamentales. Vol. II. Ministerio de Justicia. Madrid 1989.

 

BUENO ARÚS, F.: “Límites del consentimiento en la disposición del propio cuerpo desde la perspectiva del Derecho penal”, Poder Judicial,  número 15.

 

BUENO ARÚS, F.”: El Consejo de Europa y el Derecho penitenciario”, en La Ciencia del Derecho penal ante el nuevo siglo. Libro homenaje al  Prof. Doctor Don José Cerezo Mir.  (Edit. J.L Díaz Ripollés, C. M. Romeo Casabona, L. Gracia Martín  y F. Higuera Guimerá.Madrid 2002.

 

CERVELLÓ DONDERIS, V.: “La huelga de hambre penitenciaria  y límites de la alimentación forzosa” en Estudios penales y Criminológicos. Tomo XIX. Universidad de Santiago de Compostela, 1996.

 

CERVELLÓ DONDERIS, V: . Derecho penitenciario. Valencia 2001

 

CORCOY BIDASOLO M.”: Consentimiento y disponibilidad sobre bienes jurídicos personales. En particular: eficacia del consentimiento del paciente en el tratamiento médico quirúrgico” en El nuevo Código penal: presupuestos y fundamentos. Libro Homenaje al Profesor Doctor Don Ángel Torio López.  Granada 1999.

 

DEFENSOR DEL PUEBLO: “Informes, estudios y documentos de estudio sobre la situación penitenciaria y los depósitos municipales de detenidos, años  1988-1996”. Madrid 1997

 

DÍEZ  RIPOLLÉS, J.L.:“La huelga de hambre en el ámbito penitenciario”, estudio publicado  en Cuadernos de Política Criminal, número 30, 1986

 

DÍEZ  RIPOLLÉS, J.L.”: La huelga de hambre en el ámbito penitenciario”en “Política criminal y Derecho Penal, estudios”. Valencia  2003.

 

GALLEGO ANABITARTE: “Las relaciones especiales de sujeción y el principio de legalidad  de la Administración (contribución a la Teoría del Estado de Derecho) publicado en la Revista de Administración  Pública, núm. 1 34/1961

 

GARCÍA MACHO: Las relaciones especiales de sujeción en la Constitución española. Madrid 1992

 

GARCÍA VALDÉS, C: Comentarios a la legislación penitenciaria. Madrid 1982.

 

LAMARCA PÉREZ  C.: “Régimen penitenciario y Derechos fundamentales”  en Estudios Penales y Criminológicos, Vol. XVI. Universidad de Santiago de Compostela, 1993.

 

GRUPO DE TRABAJO CAPRI: “Informe del sobre calidad de la asistencia sanitaria en centros penitenciarios españoles, Revista Española de Sanidad Penitenciaria 2003.

 

LASABAGASTER HERRARTE: Las relaciones de sujeción especial. Madrid 1994

 

LEGANÉS GÓMEZ S.: Clasificación penitenciaria, permisos de salida y extranjeros en prisión. Madrid 2002.

 

LÓPEZ BENÍTEZ: Naturaleza y presupuestos constitucionales de las relaciones especiales de sujeción. Madrid 1994.

 

LUZÓN PEÑA, D. M.”: Estado de necesidad e intervención médica (o funcionarial o de terceros) en casos de huelga de hambre, intentos de suicidio y autolesión, algunas tesis” en Avances de Medicina y Derecho penal, (Santiago Mir Puig ed.), Instituto de Criminología de Barcelona 1988.

 

MATALLÍN  EVANGELIO, A. “ Tutela penal de los derechos fundamentales a la intimidad, integridad física y moral frente a intervenciones ilícitas.” (Ejercicio de titularidad presentado para concursar a la plaza de Profesora titular de Derecho Penal en la Universidad de Valencia. Trabajo inédito.

 

MAPELLI CAFFARENA, B.: Principios fundamentales del sistema penitenciario español. Bosch.1983,

 

MAPELLI  CAFFARENA, B: “Las relaciones especiales de sujeción y el sistema penitenciario” en Estudios penales y Criminológicos, Vol. XVI. Universidad de Santiago de Compostela  1993.

 

MAPELLI CAFFARENA, B.: “Contenido y límites de la pena privativa de libertad  (sobre la constitucionalidad de las sanciones disciplinarias de aislamiento)” en El nuevo Código penal: presupuestos y fundamentos. Libro Homenaje al Profesor Doctor Don Ángel Torio López.  Granada 1999.

 

MARCOS MADRUGA,  F.: Aspectos jurídicos y normativos  de los tratamientos con metadona en prisión. Diario La Ley de 19 de julio de 2001.

 

MUÑAGORRI LAGUÍA, I: “Reflexiones sobre la pena  de prisión en el nuevo Código penal de 1995: polifuncionalidad e incremento represivo de la complejidad penal”. Estudios Penales y Criminológicos.  Universidad de Santiago de Compostela. Tomo XXI (año 1998.

 

ORTS  BERENGUER, E./GUINARTE  CABADA, G.: “Consideraciones en torno a la vertiente jurídica del consentimiento informado” en La Ciencia del Derecho penal ante el nuevo siglo. Libro homenaje al  Prof. Doctor Don José Cerezo Mir  (Edit. J.L Díaz Ripollés, C. M. Romeo Casabona, L. Gracia Martín  y F. Higuera Guimerá.Madrid 2002.

 

QUINTERO OLIVARES, G./CAVANILLAS MÚGICA S./ DE LLERA SUÁREZ-BARCENA, E.: La  Responsabilidad Civil ex delicto. Navarra 2002.

 

RÍOS MARTÍN J./CABRERA CABRERA, P.J.: Mil voces presas. Universidad Pontificia de Comillas

 

RÍOS MARTÍN, J.”:Realidad penitenciaria la justicia penal vista desde sus consecuencias” en Derecho penitenciario. Vol. II. Consejo General del Poder Judicial. Madrid 2004.

 

RÍOS MARTÍN, J.C.: “Ficheros de especial seguimiento: análisis de la normativa reguladora, fundamentos de su ilegalidad y exclusión del ordenamiento jurídico”. Cuadernos de Derecho Penitenciario. Número 3. Colegio de Abogados de Madrid, 2004.

 

RÍOS  MARTÍN J.C.: Manuel de ejecución penitenciaria. Defenderse en la cárcel. (4ª ed.. Madrid 2004.

 

RIVERA BEIRAS, I. : La devaluación de los derechos fundamentales de los reclusos: la construcción de un ciudadano de segunda categoría. Barcelona 1997.

 

RIVERA BEIRAS, I: La cárcel y el sistema penal (en España y en Europa) en Sistema penal y problemas sociales (coord. Roberto Bergalli), Valencia 2003.

 

RODRÍGUEZ MOURULLO, G.”: Artículo 15: derecho a la vida” en  Comentarios  a la Constitución española  de 1978, en Alzaga Villamil, O (ED.) Vol. 2. Madrid 1997

 

SÁNCHEZ BURLÓN J.Mª: Los pacientes mentales en prisión, en Revista de la Asociación española de Neuropsiquiatría, 2001, Vol. XXI, núm.78.

 

SILVA SÁNCHEZ, J.M.: “Aspectos de la comisión por omisión. Fundamentos y formas de intervención. El ejemplo del funcionario penitenciario”. En Cuadernos de Política  Criminal 1989.

 

SILVA SÁNCHEZ, J.M.: “Muerte violenta del recluso en centro penitenciario ¿Sólo responsabilidad patrimonial de la Administración o también responsabilidad penal de los  funcionarios” en Anuario de Derecho penal y Ciencias Penales  1991-II?

 

SILVA SÁNCHEZ, J.M.: “El SIDA en la cárcel: algunos problemas de responsabilidad penal”, en  Problemas jurídico penales del SIDA. Barcelona 1993.

 

ROMANI ORIOL: “Prohibicionismo y drogas: ¿un modelo de gestión social agotado?”en  Sistema penal y problemas sociales. (Roberto Bergalli coordinador y editor. Valencia 2003.

 

TAMARIT  SUMALLA, JM. , GARCÍA ALBERO, R., SABENA GRAU, F., RODRÍGUEZ PUERTA, M. J.: Curso de Derecho penitenciario. Valencia  2001.

 

VIVES ANTÓN, T.; ORTS BERENGUER, E.; CARBONELL MATEU, C; GONZÁLEZ CUSSAC. J.L; MARTÍNEZ –BUJÁN, C.: Derecho penal. Parte especial. Valencia 2004.

 

 

 



[1]  Vid. Romani Oriol: “Prohibicionismo y drogas:¿un modelo de gestión social agotado?”en   Sistema penal y problemas sociales. (Roberto Bergalli coordinador y editor).Valencia 2003. págs. 429-448

[2] El origen de estos programas tiene lugar tras la Segunda Guerra Mundial en que empiezan a experimentarse una serie de medios de psicoterapia colectiva destacando las ideas de Maxwell Jones. Esta basa toda su idea que todo individuo  tiene ocultos poderes terapéuticos que pueden aflorar y ayudar a los demás. Son principios básicos de este método la libertad de expresión y la discusión inmediata de todo lo que aflore en el individuo.  Tales ideas han sido aplicadas en Centros hospitalarios, así como en instituciones penitenciarias a lo largo de los años 1950 y 1970 sobresaliendo la experiencia de los Clintón en Estados Unidos de América, Silver Lake en Los Angeles, Provo en UTHA ,ect. Nuestra legislación penitenciaria los incluyó en el art. 66 de la LOGP.

 

[3]En el  periódico el País, martes 8 de febrero de 2005, aparece la noticia  que el Gobierno vasco presenta  un proyecto pionero para la dispensación de heroína a los  presos. Dicho programa sólo tiene precedentes penitenciarios en Suiza. La experiencia piloto se llevará a cabo en la cárcel de Nanclares de Oca que dispensara heroína a 60 internos adictos aquella sustancia, siempre que hayan fracasado previamente en dos tratamientos de metadona.