artigo 3. a Transformación na comunicación influe na solidaridade e o  aprendizaxe. Por Angel Alonso González e Luis Leiro González, presidente e técnico de inclusión.

 

 

Introducción

 

 Os trocos que se dan nos sistemas de transmisión da comunicación e aprendizaxe que supoñen a aplicación das novas tecnologías, significan evidentes transformacións na solidaridade e a xeralización do e-learning.

Dase unha profunda transformación na realidade social e no análise dos fenómenos que xurden co emprego das novas tecnolóxías na comunicación, en especial pola utilización de webs para a transmisión do coñecemento e o emprego das TIC no aprendizaxe ca xeneralización do e-learning dos que este artigo non pretende sinon dar unha primeira apoximación. Analizanse as redes de webs que fan que ese fenómeno non sexa aillado. Hoxe en dia non é viable unha institución que non empregue a rede como medio de difusión dos seus obxetivos e actividades.

Imos a analizar a realidade social, amosando   que ésta é moi diferente de aquela que provocou o modelo do capitalismo e que produce novos fenómenos que precisan ser estudiados e que neste artigo non podemos mais que poñer de menifesto e decribir algunha edas súas características.

 

Concepto de Exclusión.

 

Exclusión social[1] supón a denominación nova dun vello fenómeno que supón a expulsión dos mecanismos da sociedade a determinados colectivos. Os grupos excluidos teñen un papel predeterminado e as excepcions do modelo non confirman a regra do funcionamento xeral senón que son casos aillados, excepcionais, raros. Como excepcions, cabe citar a  un deputado de etnia xitana, unha muller ministra,… De excepcional pode-se calificar a posesión por parte de algún membro dunha minoría excluida dun cargo (público ou privado) relevante. A nova denominación trae consigo un novo enfoque.  Require un replantexamento dos estudos feitos ata o de ágora.

Anque legalmente (pola Constitución do 78) “todos somos iguais ante a lei”, na práctica non é así, o que obriga a fixar cuotas ou establecer raras paridades, subvencionar e axudar  a numerosos grupos excluidos, isto non sería senón un camiño para acada-la integración ou a igualdade protexida, mentras subsista a desigualdade que as crea a que salva a sua constitucionalidade.

Os particulares, pola súa banda, arbitraron unha serie de mecanismos, seguindo o sistema capitalista no que estan inmersos, ainda que non cá súa lóxica do máximo beneficio económico, senón  o beneficio social (é decir cunha lóxica diferente a do propio sistema): autoemprego, cooperativas, sociedades laborais, ONG´S, voluntariado... son realidades que perseguen a integración de colectivos difíciles (mulleres, ex-presos, drogodependentes, enfermos da SIDA, discapacitados, pobres, etc.) ou simplemente loitar contra o desemprego creando postos de traballo, e decir cousas que non son máximo beneficio (e por tanto non siguen a norma do sistema).

O modelo imperante  transformase, de dar o papel máis importante o estado como corrector dos desequilibrios, a seguir nesta terceira vía que vai abrindose paso. O particular asume o sistema de mercado no que esta inmerso; pero posúe obxectivos diversos do máximo beneficio económico. Xurde así a economía social: as cooperativas de traballo asociado, de inserción, as sociedades laborais ou simplemente os autónomos que queren garantiza-lo seu posto de traballo (moitas veces ineficiente dende a óptica capitalista ortodoxa).

Dende as derradeiras décadas do século XX e con máis nitidez no seculo XXI, por poñer unha data a un proceso que vaise desenrrolando cara un sentido pero non é doado poñerlle principio nin ten fin (polo de agora), dase  un profundo proceso de transformación e troco na sociedade, na economía, na cultura, nos estilos de vida, etc., derivados dunha nova revolución tecnolóxica asociada ós progresos que en materia de telecomunicacións, computación e biotecnoloxía se veñen sucedendo tra-la II Guerra Mundial, o troco é profundo, non pode ser analizado cos instrumentos de análise do vello capitalismo originario e elo manifestase tamén como non podis ser doutro xeito na solidaridade. Os trocos son cointinuados e a senda progresiva ou exponencial.

Os equilibrios tenden a ser asimétricos e non paretianos como pon de manifesto o traballo de Stiglitz. Danse situaciones mellorables para todos os participantes si melláramos a información.

Así, a exclusión social é un indicador de desigualdade que non ten igual significado no primeiro que no tercer mundo. Non se establece comparación cun termo absoluto senón relativo. Non se da un límite absoluto (por ejemplo de pobreza) senon relativo (así por ejemplo gran parte dos pobres da UE serían ricos en outro entorno ej China).

 

 

Procesos diferentes

 

Pódese observar doadamente que a sociedade actual non ten moito que ver coa sociedade da revolución industrial que xenerou vellos esquemas, Masuda (1980)[2]senta as bases para caracterizar a nova sociedade emerxente, ainda que de xeito non absoluto a nova sociedade, coñecida como a Sociedade da Información, ista tende a favorecer a creatividade intelectual fronte ao consumo material propio da Sociedade Industrial precedente.  A calidade (diferenciación de productos,…) fronte a cantidade.

Elo xenera novas demandas e novas ofertas, Stiglizt (1998)[3] asocia a idea de crecemento co a incorporación de novos servicios e plantexa que estamos ante cambios tan profundos que permiten deseñar un novo sistema ou tercera vía, que plantexa o fin da socialdemocracia e do socialismo e capitalismo como estaban concebidos na súa orixe.

Na nova sociedade emerxente, que poderíamos sen dificultade denominar Sociedade da Información; prodúcese un fenómeno relevante: a xeneralización do uso de Internet o cal favoreceu a circulación de fluxos de información entre calquera punto do planeta de forma sinxela e rápida. Con Internet desaparecen as resistencias espaciais e as distancias que separaban as comunidades e individuos á hora de establecer comunicacións e intercambios de informacións. A dependencia temporal tamén foi moi relaxada. O tempo adicado o aprendizaxe e moito mais libre e dependente do usuario. Por outra banda, con Internet ábrese un novo mundo de relacións de dependencia, aínda moi difícil de avaliar nas súas consecuencias. Cunha denominación que tamen creou escola a Fenda Dixital sinala territorios á marxe do desenvolvemento económico e social pola falla de cultura e uso das TIC. O eixo espacio-tempo deixa de ser tan decisivo.

 

Papel das TICs

É importante un decisivo posicionamento cara o emprego das TIC, que posibilita o nacemento da aldea global. Un aprendizaje e un aproveitamento das TIC.

 As novas posibilidades dos territorios están na facilidade dos seu membros para acceder a nova tecnoloxia o seu aprencizaxe e o seu emprego cotiá.
 Na eurorexión que conforman  Galiza e  o Norte de Portugal os datos ainda son baixos, cumpre facer un esforzo nese senso, vexamos algún dato que amosa algún exemplo clarificador:
Un 37,10% dos fogares galegos contan con ordenador persoal (Pc), o que supón un 2,10% máis que o pasado ano 2003. Aínda así, Galicia segue por debaixo da media europea en canto a penetración de ordenadores no fogar, que no 2003 acadaba o 45%, segundo datos do ECATT. En comparación con Alemaña, un dos países máis desenvolvidos en canto a TIC en Europa, a distancia aínda é maior: alí o 53% dos fogares teñen Pc. Ó preguntar ós enquisados que non teñen Pc (o 62,9%) cal é a razón pola que non o mercan, o 60,9% respondeu que non o precisa, o que da unha idea da falta de información e adaptación ás novas tecnoloxías que existe na nosa comunidade. O 31% restante esgrime como razón que non sabe utilizalo. Este grande descoñecemento pon de manifesto a necesidade dunha sensibilización permanente sobre as novas tecnoloxías no noso país.
O 17,6% dos galegos están conectados á Rede dende o seu fogar, a meirande parte deles concentrados no medio urbano. É esta unha cifra baixa en comparación co 40% dos europeos, segundo datos do Eurobarómetro do 2002. Para facernos unha idea, en Alemaña, un dos países máis avanzados, o 44% da poboación está conectada á Rede. A principal razón pola que os galegos non dispoñen de conexión a internet na casa é porque non a necesitan (31,8%). O alto custo dunha conexión é a segunda razón (25,7). O feito de non ter conexión no lugar onde viven ocupa o cuarto lugar desta lista, e está relacionado en grande medida cos problemas de dispersión xeográfica da realidade rural galega.
A maioría dos galegos conectados á Rede escollen o
módem analóxico (64,6%) como primeira forma de acceso, ó igual que a maioría dos europeos: a media europea é un 72%. Tamén en Alemaña, un dos países europeos máis avanzados é o método preferido (58%), seguido do RDSI (45%). O ADSL  é o seguinte medio de conexión máis utilizado en Galicia: supón o 13,5%, mentres que pola contra en Europa o segundo método máis escollido é o RDSI (16%). A forma que menos empregan os internautas galegos para conectarse á Rede é o teléfono móbil (4%), coincidindo coa media europea, a diferencia dos alemáns (17%), que o que menos usan é o cable (9%). No noso país, o cable  supón a forma de conexión utilizada polo 5,5% dos internautas, mentres que en Europa escóllena o 10%. Por último, un 7,5% das conexións a Internet en Galicia decántanse polo RDSI , así como o 16% dos europeos e o 4,5% dos alemáns.

                                                                                                     

A maior transmisión do coñecemento e un máis doado acceso a este, posibilitado po-las TIC permitirá desenvolver social e economicamente (e non so crecer[4]) os espacios periféricos xa que logo os espacios liberanse da sua dependencia espacio temporal na nova sociedade da Comunicación emerxente fronte a unha sociade chamemoslle da producción (física) na que os imputs tiñan influencia e posibilitaban, se non marcaban os procesos de crecemento. Na nova sociedade da Información o imput fundamental e o capital humán, a creatividade, etc. E iso non ten localización espacio-temporal concreta.

Trocos na estructura da solidaridade

 

A resposta as necesidades que amosan os individuos pode ser diversa na súa orixe. Teóricamente e simplificando moito as formas de satisface-las necesidades se dividen  en tres: mercado, estado ou tercera vía. Recentemente abundan as asociacions, cooperativas e sociedades laborais que actúan no  mercado, venden, compran,... pero a súa lóxica non é o máximo beneficio económico  senón que amosan outra faciana, un beneficio social.

www.eiris.edu.es/images/webs/16_Nuevas_Tecnologias_1.jpgA Economía Social, Terceiro sector, Terceira vía,….  pretenden cubrir   unha febleza nas  demandas do cidadán e que o estado ou o mercado non satisfan plenamente.

Ante esta realidade, os particulares  asocianse creando sinerxías sociais; o papel social de gobernos e entidades  muda,  convirtense en aliados estratéxicos, fomentando as actitudes positivas (premiando ás que seguen a liña correcta).

Existen fisuras no  funcionamento do mercado e na actitude correctora do Estado que os particulares e as asociacions tentan cubrir. Pódense dar duplicidades (abordando unha necesidade similar) pero a boa intención e o empeño na laboura a desenrrolar, soe suplir con creces calquera deficiencia.

Moitas redes de asociacions estan a ter boa acollida e a participación das institucións medra. Exemplos como: participación cidadá dos concellos (especialmente activa en Vigo), Coruña solidaria, Socialia (da Fundación Caixa Galicia), etc.

Facer viable que esas asociacions extendan a súa rede protectora e asegurarse que o fan con boa fe e cá ética correcta son así as misions fundamentais das redes de redes ou asociacions de asociacions que adoitan ser tuteladas por algún ente público ou privado relevante, pero que poden ser acometidas sen problema legislativo algún por calquer particular.

 

Presencia nas TICs

 

Un dos xeitos de transmisión do coñecemento mais empregado polas asociacións e organizacions non lucrativas e a rede de redes (Internet) e a creación e manteñemento de portais webs solidarios.
 Comenzaremos pola definición de Internet (rede de redes): os sistemas de accións intencionais que, con deseño previo e mediante instrumentos baseados en coñecementos científicos e producidos industrialmente, transforman entidades  co  fin de lograr resultados. Na súa orixe foi  concebido en principio  cá denominación ARPANET, Advanced Research Projects Agency Net (ou "Rede da Axencia dos Proxectos de Tecnología Avanzada" do exército norteamericano),   Nos nosos días o impulso da rede de redes faise de mans das empresas privadas, estas innovacións tecnolóxicas acaban operando no eido do social, da actividade cotiá, da economía. Internet é un claro exemplo. A web non é máis que unha parte da rede consagrada a tarefas multimediáticas, e na que se poden consultar textos, imáxes, secuencias musicais ou videogramas. A medida que Internet se foi desenrrolando, millorando o entorno virtual no  que opera, incrementando a calidade das líñas de comunicación sobre as que opera, reducindo custes...o seu ámbito de aplicación se foi  ampliando. Internet  pasou de ser unha "ferramenta" aplicada nas grandes empresas, fundamentalmente con obxectivos económicos, a ser asumida por Administracions e finalmente, incorporarse á vida cotidiá dunha poboación todavía minoritaria. Este efecto expansionista foi estimulado polas empresas involucradas no seu desenrrolo (empresas de telecomunicacións, empresas de software, etc.), pero tamén por certo interese público en xeralizar, senón universalizar, o uso desta nova ferramenta, vinculándoa o progreso e a modernidade propia dos países desenrolados.
As entidades sen ánimo de lucro, entendidas, neste caso sí, dende unha acepción moi ampla dada a heteroxeneidade de fenómenos (Estructuras de Mediación) e formas organizativas (Asociacions, entidades de Economía Social, etc.) que acolle, se caracterizan como sector non lucrativo por: estar organizadas formalmente, ser privadas, disfrutar da capacidade de autocontrol institucional das súas propias actividades, non reparti-los beneficios entre propietarios ou administradores e cun marcado grao de participación voluntaria. Pese a  amplitude desta caracterización do sector non lucrativo, a realidade todavía plantexa brechas que esixen unha maior laxitude dos límites ou polo contrario, una tipoloxía hermética e verdadeiramente diferenciadora, excluínte.

Características das entidades sociais de internet:

  • A súa temperá idade, a maioría xurden na década dos 90 (más ben a finais).
  • O seu xeito de traballar e comunicarse: na rede.
  • O carácter extensivo das súas relacións, propiciado pola dinámica que impon a rede: amplitude de contactos, colaboracions, redes de traballo... de carácter virtual. En definitiva, non se pode dicir que están constituidas únicamente polo número de socios senón que as súas relacións con persoas e organizacións provoca o establecemento de lazos de cooperación e traballo (en ocasions con carácter puntual) que van texendo unha estructura en continua contracción e expansión, difícil de delimitar.
  • A universalización das súas accións. Internet como ventá aberta o mundo, permite amplifica-la proxección destas organizacións, dirixirse a calquera colectivo, etc.
  • A capacitación dos seus membros no  uso das TIC.
  • A consideración que posúen sobre as TIC non como meros instrumentos que facilitan a comunicación senón como ferramentas sobre as cáles articular o traballo das entidades sen ánimo de lucro, a denuncia e a movilización social, un canle de participación e exercicio da cidadanía e un dereito o cal deberían poder acceder de xeito verdadeiramente universal toda a poboación que o desexara.

 

Características Básicas do E-learning

Definimos o e-learning como unha ensinanza a distancia caracterizada por unha separación física entre profesorado e alumnado, entre os que predomina unha comunicación de doble vía asíncrona onde se usa preferentemente Internet como medio de comunicación e de distribución do coñecemento, de tal xeito que o alumno é o centro dunha formación independente e flexible, o ter que xestionar o seu  propio aprendizaxe, xeralmente con axuda de titores externos. Hai unha serie de características diferenciadoras do e-learning respecto a  ensinanza presencial tradicional:

1. Separación física entre profesor e alumno

No  e-learnig, o profesor está separado físicamente dos seus alumnos, os cales recurren as ensinanzas dos seus profesores gracias a material impreso, audiovisual, informático etc. e, rara vez mediante un contacto físico. Hai unha dispersión xeográfica importante de profesores e alumnos o que posibilita o acceso da educación a áreas que doutro xeito non poderían.

2. Uso masivo de medios técnicos

Si nos fixamos nas universidades europeas, observamos cómo foron sempre pioneiras na utilización dos medios nas súas ensinanzas. Este uso dou lugar a que se  superaran as dificultades xurdidas das fronteiras de espazo e tempo, de tal xeito que os alumnos poden aprender o que queiran, onde queiran e cando queiran.

3. O alumno como centro dunha formación independente e flexible

Mentras que na ensinanza presencial é o profesorado o que determina casi exclusivamente o ritmo de aprendizaxe, pois decide a cantidade de materia que se explica cada vez, no  e-learning é o alumno o que ten que saber xestiona-lo seu tempo e decidi-lo seu ritmo de aprendizaxe. O alumno ten que ser moito máis independente, e se lle esixe unha maior autodisciplina respecto ós alumnos presenciais. De ahí que o primeiro que ten que aprender un estudiante do e-learning é o xeito de organiza-lo seu tempo.

4. Tutorización

A diferencia da ensinanza convencional, aparte dos contidos dun curso, que non son transmitidos por un profesor presencial, senón que, son distribuidos en medios impresos (obtidos de CD, DVD,…), audiovisuais e telemáticos, existe unha laboura de tutorización, xeralmente levada a cabo por persoal diferente do que  elaborou os contidos do curso.

 

Conclusions

 

Existen na nova sociedade  novos retos e novas posibilidades. Analizamos a transformación na dinámica da solidaridade, cá xeneralización do emprego das TIC, mediante webs solidarias e redes de asociacions, os trocos que se producen na transmisión da información e do coñecemento. O e-learning libera o individuo de acudir a centros de formación e incluso universidades, achegando o coñecemento o eixe espazo-temporal da persoa que o demanda. Facilita a solidaridade entre espazos e xeneraliza o coñecemento, das premisas básicas para a transformación que estamos vivindo. É evidente que esta sociedade da información xera bens intanxibles como as webs solidarias ou o e-learning, diferente da concepción de xerar bens tanxibles e da idea de mercado como lugar físico que xa é propia do pasado. O e-learning é todo un novo método de aprendizaje, diferente do tradicional, caracterizase por:

1.     Separación física entre profesor e alumno.

2.     Uso masivo de medios técnicos.

3.      O alumno como centro dunha formación independente e flexible.

4.     Tutorización.

 

Bibliografía

 

*Alonso Angel e Alvarez  Julio. Nocions de crecemento e desenrrolo In Revista Galega de economía  2005 Santiago

*Castells, Manuel (2002) Internet y la sociedad red, Lección inaugural del Programa de Doctorado sobre Sociedad de la Información y del conocimiento,en Universitat Oberta de Catalunya - UOC. http://campus.uoc.es/web/cat/index.html

*Castells, Manuel (2001) La galaxia internet. Reflexiones sobre Internet, empresa y sociedad, Plaza & Janés, Barcelona.

*Castells, Manuel (1998) La era de la información, Vol. 3, Fin de Milenio, Alianza Editorial, Madrid.

*Castells, Manuel (1998) The Information age: Economy, Society and culture. Vol. I, The rise of the network society. Vol II, The power of identity; Blacwell Ed., London.

*Giddens, Anthony(2002) La Tercera vía el ocaso de la soialdemocracia Ed Taurus Madrid

*Giddens, Anthony (2000) Il mondo che cambia. Come la globalizzazione ridisegna la nostra vita, Il Mulino, Bologna.

*Krugman, Paul (1997) Un’ossessione pelicorosa. Il falso mito dell’economia globale. Ed. Etaslibri, Milano.

*Krugman, Paul (1997) The Age of Diminished expectations. MIT Press, Boston; pag. 11

*Krugman, Paul (1999) Internacionalismo Pop, Editorial Norma, Bogotá; pags. 201 y 201.

*Masuda, Yohanio (1984) La sociedad postindustrial como sociedad de información, Editorial. Tecnos, Madrid.

* Stiglitz, Joseph E. (2004). Los felices 90. La semilla de la destrucción. Taurus. Pensamiento

 

 



[1] Alonso González, A e Alvarez Gómez, J Nocions de crecemento e desenrrolo. Revista galega de economia. Santiago de C. 2005.

[2] Masuda, Yohanio (1984) La sociedad postindustrial como sociedad de información, Editorial. Tecnos, Madrid.

[3]   Joseph E. Stiglitz. Los felices 90. La semilla de la destrucción. Taurus. Pensamiento. 2004.

 

 

[4] Giddens, Anthony (2000) Il mondo che cambia. Come la globalizzazione ridisegna la nostra vita, Il Mulino, Bologna.