ARTIGO 6. A ZONA VELLA DE PONTEVEDRA. POR LUIS LEIRO GONZALEZ.

 

Resumo:

Analizamos neste artigo, a extrapolación dos datos sobor do estudio sobre o casco vello pontevedrés realizado pola Asociación Inclusion.  Desglosamos neste artigo algunha das conclusións máis suliñables do traballo asi como vías de solución dos atrancos cos que se enfrenta a Zona vella pontevedresa.

 

 

Contextualización:

        

A cidade de Pontevedra conta na actualidade cuns 80.000 habitantes e atopase situada na desembocadura do rio Lérez, no fondo da Ría do mesmo nome.

A cidade foi fundada en tempos dos romanos, onde se asenta unha ponte e constitúese unha pequena población chamada Turoqua.

Ata o século XII non temos noticias de Pontus Veteri, no que pode considerarse a definitiva fundación da cidade. Pontevedra conta cun Casco Vello dos maiores e mellor conservados de Galicia, asi ten a consideración de Conxunto histórico-artístico dende 1951.

Hoxe en día, Pontevedra é capital da provincia do mesmo nome, presenta un importante pulo económico, merced as institucións públicas, comercio minorista e sector servicios.

O longo deste traballo de investigación recopilamos os datos poboacionais, cos que traballamos, que foron obtidos nunha enquisa  realizada aleatoriamente pola asoaciación Inclusión na zona vella de Pontevedra.

A metodoloxía empregada para a recollida de datos consistiu en pasar unha enquisa a unha mostra aleatoria de 75 persoas comprendidas entre 20 e 80 anos. O 75% (56) das enquisas foron realizadas in situ, de xeito presencial, buscando a opinión dos residentes no seu fogar; o 25% restante, realizouse de xeito telefónico (19), identificando  claramente a orixe do interlocutor; sempre no casco vello pontevedrés.

Preténdeuse facer unha mostraxe o chou, do máis representativo das capas sociais da zona do estudio.

 

 

Introducción:

 

A cidade do Lérez  conserva un barrio histórico de innegable calidade arquitectónica e os vestixios da súa muralla son un claro exemplo; o seu  contorno case circular segue os actuais bulevares, xalonada polos máis prestixiosos monumentos: a Catedral de Santa María a Maior o Oeste, igrexa de San Francisco e alto ábside da Peregrina o Sur,
edificios civís da cidade do século XVIII o Norte. A catedral, de estilo prateresco (século XVI), é renombrada pola súa fachada occidental, esculpida o modo dun retablo. Non lonxe, na pequena praza da Maceda, enmarcada por casas señoriais, o Parador Casa do Barón ocupa un antigo pazo galego restaurado. Seguindo o bulevar circular en dirección SE,  deixase a  dereita o concello.

 

Detrás, antes de chegar os xardins Vincenti (pequeno zoolóxico), as ruinas de Santo Domingo están ocupadas por un museo lapidario.

Ruinas de Santo Domingo

 

As rúas porticadas levanos a un dos máis fermosos monumentos barrocos de Galicia, a igrexa da Peregrina (finais do século XVIII), Edificada con pranta circular, domina a pequena praza florida da Ferrería un de cuxos ángulos está ocupado polo  mosteiro e a igrexa gótica de San Francisco.

 

RUAS E PRAZAS QUE PERTENCEN Ó CASCO VELLO NA ACTUALIDADE:

 

Prazas: Praza do Teucro, Praza de Ourense, Praza de Curros Enriquez, Praza da Pedreira, Praza de Alonso Fonseca, Praza da Ferreiria. 

Catedral de Santa Maria

 

 

A exclusión social:

 

E un fenómeno social que mostra unha situación dinámica e cambiante. Perténcese a unha sociedade concreta e perfectamente definida, ainda que algunhas persoas quedan fora dos circuítos da dinámica habitual, e non poden acceder ós mesmos recursos sociais existentes na cidade.

Distinción entre pobreza e exclusión:

-         Pobreza: céntrase nas carencias materiais, nas persoas  e colectivos.

-         Exclusión Social: incluen os “procesos” que  xeran  esa situación en persoas e colectivos, e os factores  e dinámicas que o acompañan nun contexto específico

 

 

FACTORES DE EXCLUSIÓN:

-         Ingresos económicos insuficientes.

-         Escaso nivel educativo.

-         Falla de ocupación laboral.

-         Escasa integración social.

-         Intolerancia social e comunitaria cara as diferencias.

-         O individualismo.

-         A dificultade de participación comunitaria.

-         A escasa estima social, baixa autoestima individual.

-         Obstáculos na integración social.

 

 

 

 

REALIDADE SOCIAL DO CASCO VELLO:

 

O Casco vello pontevedrés beneficiouse dunha forte rexeneración  nos derradeiros anos; as numerosas medidas adoptadas pola UE (plans urban, feder, lider,...) de reforma e rehabilitación de inmobles posibilitou un troco de imaxe de determinados edificios significativos da cidade. Tamén advertimos unha peonalización de numerosas rúas, o que posibilitou un desenrrolo maior do sector terciario.

Ainda así, atopamonos con exemplos como o da Praza da Ferreiría  (unha das máis emblemáticas de Galicia), as ruinas de Santo Domingo ou a Igrexa de San Francisco cun estado moi deficiente de conservación.

 

Igrexa da Peregrina

 

O forte desenrrolo urbán do século XX,  foi alonxando progresivamente o seu centro funcional  da antiga cidade do Lérez. Así, con este desprazamento  da vida económica, e o escaso interese que durante un longo periódo mostróu a cidade pola valoración cultural do Barrio Histórico, produxo un paulatino deterioro da paisaxe urbán que desembocou nunha importante degradación de edificios e espacios públicos. Isto provocou unha degradación da zona producindose unha acumulación de bolsas de marxinalidade.

A partires dos anos 70 vaise producindo  un envellecemento da poboación residente a causa do abandono da maioría das vivendas polo exposto anteriormente. A partires de eiquí  tódalas consecuencias son unha cadea de acontecementos:

§       Prodúxose unha devaluación social das vivendas, que serán ocupadas por persoas procedentes de áreas marxinais con poucos recursos económios e culturais, acompañado isto dun despoboamento progresivo de numerosas rúas do noso casco histórico.

§       A estes acontecementos vai unido o fenómeno da eclosión da drogodependencia nas décadas 80 – 90.

§        Delincuencia; a drogodependencia e a pobreza xerou necesidades non cubertas que deron lugar a un crecemento sostido deste mal.

§       O fenómeno da “movida incontrolada e o botellón” alonxou os veciños da zona por non considera-la axeitada para fixar a súa residencia habitual.

§       A rigurosidade urbanística por tratarse de patrimonio histórico dificultou a rehabilitación xeneralizada das vivendas.

En resumo, o Casco Vello manifestouse pola situación de marxinalidade e exclusión social que estigmatizou o Casco Histórico. Esta situación foi minando a identidade urbán e social do Casco Vello pontevedrés.

Producese, na cidade vella pontevedresa, un ralentizado e dicotómico efecto Residencial (que se caracteriza por unha subida na  renda de situación), xa que logo, evidentemente o centro das cidades tende a ser localización de servicios.

Ralentizado, posto que a cidade vella do Leréz  amosa uns niveis de residencialización por baixo doutras cidades do noso entorno, p.ex. Santiago, A Coruña,...

Dicotomizado, posto que observamos diferencias moi destacadas entre unhas zonas e outras, mentres temos rúas como a Michelena, Os soportais,... nun estado de conservación e uns niveis de renda de situación elevados, atopamonos con zonas moi deprimidas.

O efecto Residencial ou renda de situación, vai con toda probabilidade a acontecer e a facerse máis notoria na cidade vella pontevedresa, xa que logo, e de esperar a ocupación deste espacio privilexiado, por servicios e residentes dun meirande nivel de renda.

Este xa é o caso de rúas como; Michelena, onde se produce unha ocupación de grandes firmas comerciais, profesionais independentes e liberais dos diversos eidos económicos. A renda eiqui, é das máis elevadas da cidade.

A ocupación ainda tendo en conta o efecto “situación” é baixa, estimándose tan só nun   do total, cunhas diferencias notabeis con escasos metros de distancia; por exemplo entre a praza de España con porcentaxes do 100% de ocupación e a rúa  Prateria Vella  con só o 30%, distando entre ambas 300 metros aproximadamente.

Medidas similares a reforma do mercado de abastos (xa realizada) poden contribuir a unha maior cantidade e calidade na mellora do nivel de renda e de benestar social do casco vello.

Asi, a instauración de institucións públicas, a implantación de marcas comerciais de prestixio, a creación de aparcadeiros baixo chan subvencionados, políticas de rehabilitación asumibles por tódolos cidadáns, creación de espacios de mecer para a xuventude, políticas de vivenda en réxime de merca ou de aluguer para os xóvenes,… faran do casco vello pontevedrés un exemplo de modernidade e habitabilidade.

Ex. San Sebastián ou Zaragoza.

 

Estes datos nos amosan un profundo rexeitamento  dos excluidos socialmente, ainda que con certas peculiaridades; a porcentaxe de rexeitamento baixa ata o 45% nos non residentes no casco vello, namentres chega o 75%  nos residentes.

 

Algunhas das causas deste rexeitamento son:

-Escaso nivel de empatía co afectado.

-Pouco coñecemento da situación particular.

-Mala imaxe social do problema.

-Baixo nivel de preocupación social.

Isto redunda ainda máis nas dificultades de reinserción social do excluido, xa que logo, a sociedade aillao todavía máis facendo moi difícil a súa posible inserción nunca forma de vida “normal” e “axeitada” o seu tempo.

 

RESIDENCIA: a enquisa amosounos unha importante porcentaxe de poboación non residente. Dase ademais da poboación censada, un alto nivel de poboación flotante non residente e que se despraza o Casco Vello por motivos laborais ou de ocio, as veces ligado o mayor número de actividais marxinais que teñen lugar neste entorno; proceden de outros distritos máis poboados que funcionan coma núcleo dormitorio doutros adxacentes.

Consideracións: potenciación da modalidade de empréstitos subvencionados para merca polos máis xóvenes, vivendas públicas, xa que logo, atraería estratos poboacionais novos e dinamizaría o casco vello pontevedrés.

POBOACIÓN: Na enquisa observamos unha dispersión por idades onde unhas idades predominan sobre outras. Observase un claro envellecemento poboacional, ainda que os datos poden non amosa-lo claramente, xa que logo, a xente de elevada idade presenta unha problemática especifica: mal estado de saude, inseguridade, desconfianza,... o que provoca un sesgo nos resultados.

Podemos apreciar unha forma moi irregular, achatamento polos extremos e enlongación na parte central. Isto supón que non se esta a garantir o relevo xeracional da poboación no casco vello pontevedrés. O 77% da poboación obxecto de análise na enquisa ten máis de 30 anos, namentres os menores de 20 anos representan tan so un 1,78%.

A franxa máis suliñable de poboación sitúase, segundo a enquisa, entorno os  20-25, 30-35anos esto podería explicarse, xa que logo, a poboación fixada en réxime de aluguer son maioritariamente estudiantes (20-25), poboación xove con escasos recursos que se achega a zona vella na procura duns alugueres económicos (30-35). 

A falla de boas comunicacións, lugares de lecer, esparcemento e merca,  emprego e seguridade propician esta situación.

 

CAPAS EXCLUIDAS: Esta cuestión plantexouse dentro da enquisa, ofreceronselle catro posibilidades ben definidas:

-drogodependencias

-alcoholismo

-delincuencia

-prostitución

E outra denominada outros, onde cada enquisado podería facer fincapé naquela cuestión non reflexada e de principal importancia para él.

Así desta selección principal, extraemos unha seríe de datos segundo a elección dos participantes onde se extraen unha seríe de cuestións adxacentes que pasamos a desenrrolar dun xeito sinxelo.

 

Diferencias por razón de sexo; homes e mulleres valoran de diferente xeito os problemas os que se enfrontan a cotío. Para os enquisados os principias problemas do casco vello pontevedrés son  a delincuencia ( un 85% dos homes  e o 64% das mulleres dos enquisados manifestano coma un dos problemas máis suliñables).

O alcoholismo, a prostitución e o desarraigo familiar son considerados peor polas mulleres que os homes, que lle conceden unha importancia menor.

 

Estes datos poden atender a múltiples circunstancias entre as que cabería suliñar:

-Atopamonos cunha meirande presencia de toxicómanos nas rúas, lugar onde as mulleres pasan máis tempo cos homes.

-Os lugares de consumo alcoholico son frecuentados con máis asiduidade por homes, velahí que teñan unha maior condescendencia sobor do problema.

-A  prostitución rexistra unhas cifras moderadas debido a que a concentración dos focos de prostitución sitúase fora do entorno da zona vella ( estrada de Vigo).

Pasaremos a aborda-las diferentes problemáticas e posibles vías de solución, propostas en función de estudios en zonas semellantes en un enfoque das necesidades demandadas da poboación obxecto de estudio.

 

Drogodependencias: esta problemática afrontarase dende unha óptica socio pedagóxica; a educación na prevención do consumo, o estudio das problemáticas familiares concretas que levan o individuo a subsumirse nesta dependencia, a creación de circunstancias sociais favorables para a reinserción, a creación de narco salas onde se facilite un consumo seguro e controlado das sustancias evitando situacións insalubres e posibles comisións de atracos. Rematando asi, co negocio do narcotráfico e dos núcleos que o sustentan. 

Tratar as drogodependencias coma unha enfermidade, en ocasións crónica, debera ser seguida e controlada polos servicios públicos de saude, sociais,... deste xeito evitaríanse múltiples problemas asociados: delitos, mafias, enriquecemento ilícito, desestructuración familiar, malos tratos,...Atopamonos con algunhas zonas onde esta problemática faise máis palpable; a zona do campiño por exemplo ou as proximidades da zona de movida nocturna, a Igrexa de San Francisco e sobor de todo o poligono chabolista do Bao constitúen os puntos críticos a erradicar.

 

Alcoholismo; nunha sociedade onde se ve o alcohol con complacencia é “normal” os altos índices de tolerancia o alcohol. Déberase de adoptar unha seríe de políticas encamiñadas a unha concienciación sobor da consecuencias do alcohol; delitos, enfermidades dexenerativas, accidentes, malos tratos,... Para elo, creación de centros especiais de tratamento, limitar a venda de alcohol a certos establecementos,  endurecemento dos controis policiais o botellón e a consumo dos menores (penalizando os proxenitores), maior vixiancia de asuntos sociais cun seguemento individualizado das familias, apoio incondicional dos estamentos públicos na rexeneración social dos afectados, reeducación a tódolos niveis,...

O fenómeno do botellón reflicte unha problemática específica onde rapaces dende 10-20 anos abusan na vía pública do consumo, especialmente as noites da fin de semana e vesperas de festivos.

 

 

Prostitución; esta actividade experimentou un importante auxe nos últimos anos, a chegada de inmigrantes ilegais con necesidades económicas apremiantes acompañado dunha demanda cada vez maior, convirte a esta actividade nunha situación de alto crecemento ano tras ano.

A  regulación da actividade, dun xeito legalizado, e dicir, definir claramente o legal do ilegal, tomando medidas en consecuencia e primando o dereito a liberdade e a dignidade da persoa como eixes básicos, redundarían nunha  meirande xustiza social, a erradicación do tráfico de persoas e a afloración fiscal da economía sumerxida.

En Pontevedra, atopamonos esta lacra na rúa de Vigo, saida da cidade e na zona sur da Alameda pontevedresa onde se poden apreciar persoas de escasa idade e na súa meirande parte inmigrantes.

 

 

 

 

 

Delincuencia; deixamos esta situación para o final por que é en moitas ocasións, consecuencia das outras tres. E por elo, preciso facer un enfoque global de tódalas problemáticas analizadas e non só da algunha en particular.

A delincuencia é o devir de múltiples situacións ante as que os afectados decidense a delinquir: drogodependencias, alcoholismo, prostitución, ludopatía, inmigración ilegal, marxinación, social,... ligadas na súa meirande parte o concepto de pobreza; escasez de rendas que fan que o individuo se vexa grandemente condicionado a delinquir na procura de cubrir as súas necesidades, xa sexan reais ou creadas por algunha dependencia.

As especiais circunstancias de determinadas zonas; baixa ocupación poboacional, rúas angostas e de difícil accesibilidade,… fainas proclives a seren núcleos de delincuencia.

Tamén debemos suliñar as peculiaridades dos estratos poboacionais xa sexan por idades, condición social ou cultural.

En Pontevedra (coma no resto do estado) estanse  a multiplicar as cifras de delincuencia dun xeito preocupante, isto provoca que un amplo abano da sociedade o amose como o principal problema social o que nos enfrontamos.

A escasa concienciación e análise do fenómeno da emigración e a chegada de mafias do leste que atemorizan os seus compatriotas no proceso de instalación no pais receptor, provocan un auxe destes delitos.

 

PROBLEMÁTICAS SOCIAIS: analizaremos as diferentes problemáticas e a puntuación ca que os enquisados evaluan a situación actual:

Os problemas máis suliñables son a: delincuencia, as drogodependencias, malos tratos, pobreza.

Soamentes se califica con aprobado o alcoholismo e a inmigración.

 

 

 

 

RECURSOS SOCIAIS: os datos son demoledores, o 95% dos enquisados consideran insuficientes os recursos sociais do casco vello pontevedrés.

Agora veremos  as solucions propostas polos enquisados como vía para afronta-las eivas da cidade.

Os enquisados reclaman a construcción de: residencias para ancians (21%), narcosalas para os drogodependentes (17%), axudas públicas (14%) e asociacions e entidades non lucrativas (13%) para afrontar as eivas sociais as que se enfronta a cidade.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA:

 

-         ALONSO GONZALEZ, ANGEL, Inclusión por el empleo. Ed. Crónicas Visuales S.L. Vigo 2004.

-         AA.VV, Memoria de las actuaciones de la iniciativa comunitartia Urbán en el Barrio Histórico (1994 – 2000), Deputación de Pontevedra.

-         Xunta de Galicia, Programas de acción voluntaria, 2004. Ed. Grafinova, S.A.

-         VV.AA. Inclusión na Galiza. Ed. Crónicas Visuales, Vigo 2004.

-         www. inclusionweb.org

-         www.concellodepontevedra.org

-         www.cogami.es