0.-Editorial do nº 6.
Exposicións, festas e xornadas en sitios fermosos e comenzan a chegar as axudas.
Vou
escribir a editorial deste número, que xa é a do nº 6, o que quere
decir que xa hai ano e
medio que uns tolos (bós
investigadores en xeral) empezamos a escribir esta
revista electrónica, (e xa van un lote de excelentes colaboracións). O feito de ser eléctrónica
e non en papel ainda é novidoso
o que nos trae de cabeza e un lote de problemas cas administracións.
O tono da editorial, como da web, como en xeral da laboura da asociación, vai ser
“en positivo”. Moitas son as cousas
agradableis que contar para centrarnos nos aspectos
negativos e o engorro que leva todo consigo (que se supón é que o da de verdade). Pero contar o traballo
que temos que facer non oscurece a felicidade do, creo que bó,
resultado obtido en xeral.
Os sacrificios, si o resultado é bo, pagan a pena.
Positiva é a concesión, por fin, do ISSN: 1885-0448 a nosa revista,
a dificultade estaba eiqui,
non na calidade das colaboracións, ni do consello
editorial (que é de primeira), senón
que en España no seculo XXI ainda
non están reguladas as publicacións electrónicas o
que nos pode traer ainda mais
de un quebradeiro de cabeza, pero un primeiro paso xa se deu, temos oficialmente o ISSN: 1885-0448 e ese é o dato que os colaboradores precisan para a súa
evaluación dos artigos como producción científica. Paradóxicamente non se compara a sua
calidade nin a do comité de
redacción que a avala, senón si vai
de tal o cal xeito (papel básicamente) e dicir criterios puramente administrativos e non científicos
ou de calidade, que
pasaríamos folgadamente. Os nosos
artigos teñen calidade sobrada ainda que agora xa tamén validez administrativa a
todo-los efectos.
Outra actividade engorrosa, xa
superada, é que por fin temos concedida unha axuda de política
lingüística para o uso do galego, na
web, na revista, na publicidade, etc.
O galego é a lingua
que nos empregamos dende o comenzo.
É sorprendente pero na propia resolución se recoñece que nos solicitamos axuda
no 2.004 é a conceden (sen aplazamento ningun polo medio) con data 18 de Xullo
do 2.005 (510 euros, eso é todo, e a esperar un ano entre a solicitude
e o que nos queda para o cobro, e da-las gracias, e seguro que o troco de cor político ten que
ver, aproban uns, pagan outros). Pasma a velocidade de xestión. Pero, no tono positivo que prometín
seguir, pagan.
Tamén paga 1.000 euros a deputación de A Coruña (temos mais solicitudes pendentes) e tamen temos aprobadas as subvencións
dos contratos (van chegando cousas
aprobadas e logo os cartos), e a axuda
de algún concello (como Vilagarcía
ou Poio).
A axuda importante, a do centro de inserción
sociolaboral Inclusión, que describiamos no número
anterior (e na web e en moitas das nosas actividades) ainda esta en periodo de trámite, é a ludoteca
en estudo, eiqui os plazos
non son como os da axuda de política lingúística, imos en plazo
correcto.
Unha denegación sorprendente é que a Deputación de
A Coruña negounos unha
furgoneta cando cumpriamos un por un, os requisitos
das bases (recurrín esa resolución que considero inxusta e baseada no troco de alcalde do BNG a outro
avalado por tránsfugas saidos do PP pola dereita (que xa é raro) máis un saido do PSOE, non nacionalista, acaecido en Sada).
Outras axudas menores van chegando,
como a da “Caixa” para as xornadas
de Sada, a do concello de Vilagarcía,
as de Caixanova,…
Non sei se podo lembrarme
de todo, a miña memoria ainda
non está de todo ben, ainda
que a miña capacidade
deductiva e outras capacidades melloran
moito, a base de enfrontarse os feitos é poderíamos dicir que isas están en grao normal ou desenrolado. Eiquí sería inxusto non acordarse de alguén ou algunha actividade.
Sempre nos quedara Paris (Bogart) ou
neste caso o resto da web
onde irán con pelos e sinais as actividades da asociación.
Lembrome das exposicións, son actividades bonitas en xeral, escomenzamos cunha
celebrada na Casa da Xuventude
(Vigo) Así, comenza o trimestre de verán cunha
mostra na casa da Xuventude de Vigo celebrada do 5 o 15 de Xullo que contou cas obras de
tres importantes artistas:
Marta Salorio
(fotografía).
Paula Tomé (acuarela en
formato minimalista).
D´Xeve (Javier Costas): arte natural
(escultura a través de productos naturales o reciclados).
Exposición na Casa da Muller de Vigo (rúa Romil 20) en esta exposición o ser na
casa da muller participaron só
socias. Ainda que curiosamente Marta Salorio (a fotografa) utiliza un
modelo masculino, rompese así totalmente o tópico: fotografo chica e modelo chico. Na
mostra contamos co a participación dunha pintora sorda Dña. XXX segue a faltar socia
da asociación de Xordos de Vigo. Para a innauguración
acudiu D. Jacinto
Lareo profesor da Universidade
de Vigo no campus de Ourense, na
Facultade de Dereito. Pertence o Foro galego de discapacidade (entidade que se adica a divulgación dos traballos
sobre discapacidade e ca
que sen duda colaboraremos).
Eiquí un pequeño alto, teño que ter
un recordo para o alcalde de Pontevedra, que nos invitou a participar na Feria
Franca Medieval (o 2 e 3 de setembro) da localidade (probablemente a festa
medieval mais fermosa de
Galicia), nos regalou un Sempre
en Galicia de Castelao no dia da Patria Galega, adicado (vai a nosa biblioteca) e charlou con
nos largo e tendido.
Asistimos a presentación da festa, a selección
do seu doce oficial, o tishpittí.
A feria en si é unha actividade
que desenrolaremos despois.
Tamén acudimos a pequena mostra Sada cara a solidaridade (segunda edición) celebrada no Paseo Maritimo de Sada (A Coruña)
que serviu como presentación de diversas cousas, o traballo de Sargadelos, as
nosas Xornadas itinerantes a celebrar de seguido en 4 locais sadenses e a obra
de artistas socios. Insistimos en presentar outras de grande importancia como o
centro a construir en Poio, a ludoteca ou si falamos de festas a de Pontevedra.

O evento importante en Sada foron as Xornadas sobre exclusión social, itinerantes o carón do mar
que se celebraron do 30 de agosto o 2 de setembro, en
colaboura ca Asociación de
Empresarios de Sada as Mariñas, “
Adicamos as xornadas a analiza-la situación de colectivos concretos e fixemos referencia especial a zoa.
Así, na sociedade
estudiamos os xovenes e o emprego,
a situación dos maiores especialmente os dependentes e os emigrantes, centrandonos
no recente proceso de regularización extraordinaria e
nos emigrantes retornados.No nautico
tocoulle a hora os discapacitados, onde se presentou a laboura
investigadora, o recentemente creado grupo de
investigación sobre discapacidade e exclusión social,
e outros temas de interese.
O seguinte día foi adicado as diferencias de xénero
e a xornada celebrouse na Terraza, edificio modernista que se mudou
dos xardins de A Coruña para centra-la vida cultural de
Sada.
O ultimo día foi adicado
a outros colectivos e a tira-las conclusións
das xornadas anteriores. Celebrouse
no salón ancora do hotel Sada Marina (catro estrelas).
Casi sin rematar unha cousa
tocalle a outra, o 2, 3 de Septembro tuvo lugar outro gran
evento, este no so para nos, senon en xeral, a feria franca medieval de Pontevedra, que é unha das ferias medievales de mayor tradición.
Fumos á Feira Franca Pontevedresa onde vestidos de época voltamos
o século XII, presentamos o traballo
dalgúns socios de Inclusión, e das nosas creacións: libro exclusión
social 1, cd de minusvalía e de lengua de signos,
obras de Sargadelos para a asociación… e pasamolo ben.
A Inclusión tocoulle un posto
de
Finalizando o trimestre e comenzándo o curso
académico celebramos tamén unhas
xornadas sobre xóvenes e empregabilidade no auditorio de Vilagarcía
subvencionadas pola concellería
de Xuventude da octava cidade
de Galicia. Nela contamos ca colaboura
dunha asociación ca cos
lazos da soliedariedade van a unir próximamente algún
dos tramos do camiño a percorrer.
Corujo, Pardellas, Julio Alvarez (a nosa directiva) e Luis
Leiro completaron o cartel de Vilagarcia
ca Fundación contra o narcotráfico con sede en
Arousa.
Finalizando o trimestre e coincidindo con asociacións de todo o mundo cumplimos gustosos ca nosa laboura
divulgativa celebrando o día mundial do Alzheimer en Vigo (Casa da Xuventude) e en Pontevedra (Pazo
da cultura) difundindo información de loita contra
este mal. Tamén celebramos o día 27 unha xunta directiva e
explicación dos plans a acometer, nunha
sá de reuniós de Caixanova en Policarpo Sainz.
Non podo facer un editorial sen
referirme o grupo de investigación en discapacidade
residente na Universidade
de A Coruña, que sigue con paso firme.
Tamén parece firme a nosa
relación co concello de Vilagarcía,
onde retornaremos cedo, xa temos
actividades previstas, e mais co de Pontevedra, e Poio, etc. pero xa o contaremos para
ó vindeiro número unha vez
realizadas.
O ultimo tramo do editorial adicareino como sempre a resumir ou cando menos decir de que van os artigos
publicados neste número da revista.
Así o primeiro,
que sigue a esta editorial, como soe ser habitual, e meu, nel intento contar a razón
da negociación colectiva e o traballo dos traballadores con discapacidade.
Fago un pequeño apartado para os cupos, as reservas, subvencions,
desgravacions, os centros especiales de emprego, … e en xeral as medidas tendentes a facilitar a integración laboral deste
colectivo que sin estas medidas (e aun con elas) o teñen moi complexo. Tamén insisto en ofrecer datos que ilustran que o traballador con discapacidade o
ten obxetivamente mais
difícil que outro de semellantes
condiciones (productividade), sin discapacidade,
ademais os dicapacitados teñen barreiras para acadar unha productividade
maior. É bastante técnico porque eu
ainda que trate de evitalo tendo a artígos que requeren formación no eido da
economía laboral.
O segundo e outro
traballo, en clara sintonía co recollido
no número anterior, da profesora titular
de dereito penal da Universidade
de Vigo a Dra. Inma Valleije
onde continúa dandolle voltas a saude
dos reclusos. Este artigo e o anterior forman parte de un traballo
amplio desenrolado por esta profesora. No número
anterior xa recolliamos
algo que deixaba claro o que Inma
pensa e neste abondamos na mesma
línea. E un artigo con certa independencia pero
continúa os vieiros do anterior, investigando no eido da saude nas
carceres.
O terceiro plantexa os trocos que na solidariedade produce Internet, as webs solidarias e o
fenómeno do e-learning que posibilita a
deslocalización da ensinanza, que é un dos bens que precisa mayor capital humán
para o seu desenrolo.
Angel e Luis van
defender unha comunicación neste
senso nas xornadas SINDUR a celebrar no auditorio de Santiago de
Compostela e nas aulas de cultura dos concellos de Brion e Arteixo.
O cuarto artigo plantexase
o papel das institucións, supón unha
avaliación do proxecto Equal, Coruña Solidaria. Nel os dous
autores Isabel Novo, economista e Andrés M. González, psicólogo, ambos da Universidade de A Coruña, cuestionan o papel de aliados estrátexicos dos axentes públicos
a vez que avalian un importante e significativo proxecto que contou con
financiación da UE (Coruña solidaria).

O seguinte
é un traballo
de marketing, porque a exclusión tamén afecta ó marketing, Manuel Escourido
Calvo é o especialista en Marketing elexido. Fai unha
visión universal deste concepto, incorpora o
colectivo dos discapacitados que adoitan estar fora das visións tradicionais. Postula un marketing universal que teña en conta os discapacitados
como elementos con unha grande e crecente
demanda. Relaciona turismo e discapacidade. E analiza
co prisma do marketing universal a inclusion de e no
marketing.
Este mes a Luis Leiro
tocalle analizar a Cidade Vella de Pontevedra, continuando asi
o traballo de Inclusion
iniciado en outros números.
Este traballo,
ainda inconcluso, pretende analizar a exclusión social nas cidades vellas
de Galicia e levanta expectación nas cidades que analiza. A análise de
Pontevedra foi realizado a vez có
de Ourense e foi xa recollido en varios artigos de prensa (ver web) e por
o traballo xeral xa pasaron: A Coruña, Vigo, Ourense
e agora vai Pontevedra (que en troques
fixose antes que o estudo
de Ourense pero a dinámica da asociación fai que Luis vaia agora co
artigo), se atopa en estado de elaboración o estudo da Cidade Vella de Ferrol que irá como artigo en próximos números.
Isabel Novo nas Xornadas da Exclusión social nas
Mariñas
Pechamos a Revista con outra entrega do Comic de Inclusiño, creación que imos a
presentar o Concurso patrocinado polo Concello de
Vigo, a celebrar na Casa da Xuventude,
nunha colaboración entre Inclusión e o xove autor (menor de 30 anos), A participación requerirá un
guión especial pois o concurso propón como tema
central o mundial de vela que Inclusiño, como é
recomendable vai visitar, pero iso
o leeremos aquí e desexarémoslle sorte
no concurso de feito desexámoslla xa.