ARTIGO 3. Discapacidade e mercado de traballo. Alonso
González, Ángel (Secretario do grupo de investigación), Nuñez Gamallo, Ramón
(Director da primeira fase) e Salcines Cristal, Jose Venancio (Director da
segunda fase, en realización).
Resumo
Analizamos primeiro a investigación en España especialmente a colectiva. Facemos referencia a regulación destas figuras na Universidade de A Coruña. Posteriormente vemos a composición concreta dun grupo de investigación sobre discapacidade e emprego residente nesa Universidade, nas dúas fases que plantexa acometer. As normas que regulan a constitución de grupos diverxen segundo o organismo consultado. Plantexamos un equipo que gradualmente vaia superando tódalas normativas.
Afrontamos logo, unha primera investigación práctica. Coñecer o terreo no que vai a traballar o grupo.
Afrontamos a definición de minusvalía e discapacidade que supoñen o punto de partida.
Posteriormente cuantificamos o problema, da discapacidade, en térmos xerais e atendendo as causas e a evolución destas causas.
Sinalamos as principais líñas de investigación internacional a luz dos traballos revisados polo grupo de investigadores.
Para rematar nos centramos no emprego e a súa problemática e especificidades dentro do colectivo.
Introducción
Comezamos o traballo fixando as formas nas que imos a realizar unha investigación profunda sobre discapacitados e emprego da que este traballo vai a supoñer unha primeira aproximación. Primeiro nos ocupamos de inventaria-la organización dos recursos humáns dende un punto de vista teórico para irnos aproximando a unha composición concreta que nos permita avanzar na investigación marcándonos obxectivos concretos de evolución na capacidade investigadora e de resultados da propia investigación. Analizamo-las líñas de investigación seguidas internacionalmente e se realiza unha primeira revisión bibliográfica, si ben unha máis profunda está en curso.
Posteriormente,
pasamos a defini-los conceptos cos que imos a traballar: minusvalía e discapacidade. Realizaremos unha primeira cuantificación e nos centraremos en estudiar o emprego, que vai a ser sin dubida obxecto de traballos específicos posteriores.
Para irnos introducindo no tema, analizaremo-las figuras que a lexislación pon o noso alcance para investigar de forma colectiva unha líña o un puñado de líñas con evidente conexión.
Figuras
de Investigación
Como figura individual, o persoal investigador, completamente formado é o doutor, existen dous sistemas en medio os que les falla la experiencia de ter presenta e lida unha tese doctoral (documento investigador por excelencia): as persoas con suficiencia investigadora e as persoas que obtiveron o seu diploma de estudios avanzados (en ambos casos es preciso superar uns créditos específicos o rematar a licenciatura).
Conven lembrar as distintas figuras nas que se articula a investigación colectiva en España, en Galicia e a normativa autónoma da Universidade de A Coruña por ser de aplicación neste caso.
A figura básica é o grupo de investigación: que se define legalmente como o conxunto de persoas que baixo a dirección continuada dunha, realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de líñas, afins ou complementarias. O grupo ten carácter de permanencia dentro da súa natureza dinámica. Un investigador so poderá formar parte dun grupo.
Grupo novo: o que posee composición mínima, componentes con pouca antigüidade, un doutor e en torno a él dous investigadores do organismo e investigadores asociados.
Grupo
consolidado: máis experimentado que o anterior, composto ó menos por tres membros
que teran a
categoría de doutor cun
sexenio ou acreditar nos derradeiros
catro anos:
-Ter dirixida unha tese de doutorado que xa fora lida.
-Ter publicados dous artígos de calidade.
-Ter realizados dous estudios técnicos de relevancia científica.
-Un artígo e un estudio.
Grupo de excelencia: Cinco membros, tres de eles doutores e:
-Director con 2 sexenios ou
-Ter dirixidas dúas teses
-4 artígos de calidade.
-4 estudios técnicos.
O 2º membro do grupo acadará a categoría que se pide para dirixir un grupo consolidado.
A Universidade de A Coruña posúe unha normativa autónoma e esixe como criterios para constituir un grupo de investigación:
-Director cun sexenio e conxuntamente 2 de estas 3 opcións (non as 3):
1.- Económicos. Financiación externa.
2.-Dous sexenios entre tódolos membros do grupo.
3.-Dúas teses lidas e unha en realización.
Así revisaríamos os modos nos que os distintos órganos califican os grupos de investigación adicados a investigación de xeito colectivo máis ou menos coordinado.
Composición
concreta
O grupo nace na súa primeira fase fai un año, loitando con
problemas da propia investigación e administrativos. Está recoñecido
pola Dirección Xeral de I+D
como grupo novo. Actualmente, existe financiación autonómica para realiza-la
fase preparatoria ou inicial.
Director de esta fase: Dr. Ramón Núñez.
A composición inicial nesa primeira fase preparatoria é básica, se tratan de acadar niveis superiores. Nela, dada a inexperiencia do equipo, se acada a primeira e máis elemental calificación, a calificación de grupo novo dacordo cós criterios da Dirección Xeral de Industria (I+D+i), xirando en torno o seu director. Se comenza cás primeiras investigacións, anque os medios humáns e materiais non se aproximan a súa composición óptima. Forman este grupo inicial:
Dr. Ramón Núñez. (Director).
D. Ángel Alonso González (Secretario).
Dña. Inés Mezo Balaca.
Dña. Mª Jesús Alonso Seoane.
D. Luis Leiro González.
A seguinte fase supon acadar a categoría de grupo consolidado, cumplindo o obxectivo de producción que se fixou o grupo novo. Os plazos da Dirección Xeral de I+D+i se abren anualmente (en Febreiro) e para esa data o grupo estará sobradamente preparado para solicita-la súa recalificación acorde ca categoría amosada e abordar con solvencia a segunda fase.
Composición da segunda, e definitiva fase:
Dr. J.
Lic.
n
Presidente Inclusión.
Dr. Ramón Núñez (UDC). Doutor.
n
Director Fase Inicial.
Dra. Isabel Novo (UDC). Doutora.
Lic. Inés Mezo (UDC). Diploma de Estudios Avanzados, profesora da Universidade de A Coruña.
Investigadores asociados dependentes:
D. Manuel Escourido Calvo. Phd.
student Diploma de Estudios Avanzados. D.Luis Leiro González. Membro da fase inicial.
Se estudian outros membros.
Potenciarase a evolución cara a un nivel maior dos investigadores membros do grupo ou asociados así como se estudiará calquera posible incorporación.
Obxectivos do grupo de investigación:
Os obxectivos da 1ª
fase son claros, acadar
a 2ª nas mellores condicións. Explicitaremo-los obxectivos desta 2ª (ou finais), anque
muitos de eles se poidan
observar nas dúas.
O grupo de investigación se marca como obxectivo básico realizar Investigación Aplicada xa dende a súa primeira fase. Coordinando da
maneira máis eficiente os
recursos materiais e humáns.
Así se pretenden dous obxectivos
paralelos, o de mellorar a capacidade
investigadora e obter resultados de investigación
aplicables a realidade.
Faremos un esforzo para
explicitar os obxectivos concretos:
1.-Estudiar a realidade galega baixo a luz das investigacións internacionais máis recentes.
2.-Propoñer
medidas para incrementar a inclusión laboral das persoas con discapacidade.
3.-Xerar
tese doutorais sobor
do tema: O doutor
é o investigador por excelencia
n Ángel Alonso, posúe suficiencia investigadora e está cualificado para ser doutor en breve plazo. A tese doutoral é o documento que lle conferirá a plena capacidade para investigar xa sexa de modo autónomo xa sexa integrado nun grupo.
n Otros membros e asociados poden seguir ese camiño.
Os dous primeiros puntos reflexarían a
vocación externa do grupo e o terceiro as
posibilidades que teñen os membros
e investigadores asociados o grupo de cara a mellorar
a súa situación persoal
como investigadores da realidade social.
A doble realidade
externa: mellorar os resultados e interna: mellorar as potencialidades, é dende o inicio unha referencia. Traballaremos
para mellorar
os resultados da investigación aproveitando o
máximo os recursos dispoñibles.
Liña actual de traballo
Na actualidade
se está realizando unha rigurosa revisión
bibliográfica como necesario paso previo a calquera
tipo de actuación ou recomendación que o grupo emita,
por outra banda, o grupo ten claro o seu compromiso académico, investigador.
Estudio da bibliografía máis
recente.
n
Revistas dos Índices: Social Science Current Index. EconLit.
w
Labor, Disability & Society, Industrial Review,
etc.
Estase redactando un traballo compendio (Survey) sobre
as diferentes liñas de investigación relevantes:
n Responsable: Ángel Alonso, dirixido por V. Salcines.
O tempo estase realizando
por parte dos membros do grupo e investigadores asociados
unha laboura
divulgativo-investigadora sobre distintos aspectos incidentes nesta realidade como o Marketing
(investigacións de D. Manuel Escourido
Calvo. DEA e investigador asociado o grupo) e a formación (
Definicións
Vexamos algunhas definicións
relevantes e elementais que imos
utilizar ao longo do traballo
e a fonte de onde proceden. Supoñen
o punto de partida:
Discapacidade:
1.-É toda restricción ou ausencia (debida a unha deficiencia) da capacidade
de realizar unha actividade
na forma ou dentro da marxe que se considera normal para un ser human.
(Definición OMS).
2.-É toda limitación grave que afecte de forma duradeira
á actividade do que a padece e teña
a súa orixe nunha deficiencia. (Definición do INE).
Minusvalía.
1.-Dentro da experiencia da saúde, minusvalía é unha situación desventaxosa para
un individuo determinado, consecuencia dunha
deficiencia ou dunha
discapacidad, que limita ou impide o desempeño dun rol que é normal, no seu
caso. (Definición OMS)
Como vemos ambas definicións non coinciden: Toda persoa discapacitada ten polo menos unha
minusvalía pero non toda persoa con minusvalía é
discapacitada.
Entenderase por Minusválido a toda persoa cuxas posibilidades de
integración educativa, laboral ou social áchense diminuídas como
consecuencia dunha deficiencia, previsiblemente
permanente, de carácter congénito ou non, nas súas capacidades físicas,
psíquicas ou sensoriais. (Lei de Integración Social dos Minusválidos LISMI).
O termino minusválido deviene en desuso dado o cariz pexorativo
“en negativo” que presenta. As persoas con algunha discapacidade non son
menos-válidas por iso.
Cuantificación
A discapacidade afecta principalmente ao individuo, e a sociedade na súa rol de garante do benestar individual debe intervir.
É cuantificable o número de individuos con discapacidade.
Non entanto, cando un problema teno
un número importante de persoas, entón
o problema alcánzanos a todos.
Vexamos algúns números e a
evolución das causas que devienen en discapacidade:
Distribución por idade e sexo:
-De
-Dos 45 aos 64 anos, afecta máis
ás mulleres.
Analicemos as principais causas, para o conxunto da poboación:
-Deficiencias osteoarticulares: Máis do 36%.
-Deficiencias visuales e auditivas: Máis do 18%
cada unha delas.
Se analizamos a poboación, deixando
fose aqueles que teñen máis de 64 anos (xubilados por idade das relacións laborais, vaise a alterar lixeiramente a importancia dalgunha
causa, como serían as causas ou trastornos mentais.
As causas ou trastornos mentais
son máis frecuente entre a poboación
máis nova (Un 20%).
Algunhas causas están vendo perder a súa importancia co paso do tempo:
|
Número de afectados |
||
|
Causas |
1986 |
1999 |
|
Endocrino metabólicas |
320.805 |
68.059 |
|
Aparato circulatorio |
849.558 |
143.694 |
|
Aparato respiratorio |
254.316 |
58.610 |
|
Aparato dixestivo |
175.838 |
20.939 |
|
Osteoarticulares |
1.922.642 |
1.255.810 |
Outras creceron:
|
Número de afectados |
||
|
Causas |
1986 |
1999 |
|
Sistema Nervioso |
111.925 |
299.426 |
|
Deficiencias Psíquicas |
438.778 |
514.871 |
Analizando a distribución no conxunto do Estado
e a situación en Galicia podemos sinalar unha primeira aproximación para a
nosa comunidade autónoma:
A discapacidade acada
en Galicia o 4,17% do total estatal. Atendendo á súa distribución por sexos por cada 100 mulleres hai 95 homes con discapacidade.
-Total Galicia: 73.933 persoas.
-As principais Comunidades Autónomas atendendo á porcentaxe de poboación suxeita a grados de
discapacidad relevante serían segundo o mesmo ano e fonte :
Cataluña (13,83%), Andalucía (12.30%), Madrid (11.44%) e Valencia (10.24%).
Fonte: Alba e Moreno, 2004 (Elaboración propia a partires da base de datos estatal de persoas
con discapacidade, IMSERSO)
Liñas internacionais
Nunha primeira revisión da
literatura internacional (recordemos que se está acometiendo este traballo en profundidade) atopamos que os autores seguen unha serie de liñas e empregan unha metodoloxía
homoxénea:
1.-Análise profunda da lexislación
en especial do ADA, American Disability Act
-O estudo do impacto legislativo sobre o emprego e o benestar dos
discapacitados estadounidenses absorbe o maior número
de traballos científicos dos EE.UU.
2.-Análise da Baixa taxa de actividade: Unha das características comúns aos colectivos ou individuos en
exclusión ou risco (e os discapacitados claramente sono) é a súa baixa
incorporación ao mercado de traballo.
Póñense de manifesto algunhas das causas que motivan esa baixa
actividade (incorporación ao
mercado) que son variadas e pódense apreciar nalgún
artigo da literatura revisada.
Singularmente: é o caso dos problemas ou barreiras para acceder a unha
educación (analizado en profundidade para Texas, pero
generalizable), a maioría das veces a educación é
especial.
As barreiras arquitectónicas entendidas en sentido amplo como dificultades físicas e as barreiras
de comunicación (problemas de comunicación especialmente visuales e auditivos)
son tamén importantes.
3.-Discriminación
laboral-salarial
Os autores abordan o problema desde un enfoque eminentemente empírico e
vinculado á súa realidade
concreta. É preciso ir cara a un concepto de discriminación salarial
cuantificable e aceptado. Así, en teoría é posible construír
un indicador que mida o grado de discriminación existente (cando sexa posible cuantificar cuantifiquemos).
As metodoloxías aplicadas son:
Esencialmente empíricas, revisáronse poucos modelos matemáticos, numerosos estudos
de casos e análises de políticas públicas.
Emprego
Como fase previa analizamos os servizos de
colocación, onde aparte dunha adecuación dos servizos tradicionais podemos atopar outros claramente propios:
Sistema Nacional de Emprego (SNE)
A intermediación laboral é o conxunto de accións que teñen por obxecto poñer en contacto as
ofertas de traballo cos demandantes de emprego.
O novo SNE está sustentado na Lei 56/2003 e está integrado
polos servizos públicos de emprego
estatais e autonómicos.
Os servizos ofertados polo SNE son: acceso ás ofertas de emprego e os
programas de inserción laboral.
Os programas de inserción laboral dan lugar a que o demandante de emprego póidase beneficiar de dous tipos de accións:
1.-A orientación profesional para facilitar a inserción
2.- A percepción dunha renda
activa de inserción
Axencias de colocación privadas.
As axencias sen fins
lucrativos representan un papel importante e están fortemente
reguladas, obligatoriamente teñen que cumprir unha serie de requisitos
como son:
-O principio de igualdade de acceso ao emprego
-Estar autorizadas polos servizos públicos de emprego estatal ou autonómico
De destacar serían:
-Disc@pnet. Vinculada ao
grupo FUNDOSA a iniciativa da ONCE e con financiamento
do FEDER.
-Fundación ADECCO. Vinculada á empresa ADECCO e destinada á integración
laboral de discapacitados con máis de 45 anos.
-MERCADIS. Nace co apoio da Fundación
Telefónica e co apoio técnico da Asociación
Telefónica de Axuda a Minusválidos.
Ausencia do mercado
O dato máis relevante cara ó mercado de traballo no colectivo de discapacitados é, sen dúbida, a súa ausencia deste, reflectido na súa baixa
taxa de actividade, sinalemos datos:
-A taxa de actividade
da poboación discapacitada é dun
32%, xa que logo, 67 de cada 100 discapacitados séntense fóra do mercado laboral.
Atendendo á súa distribución
por sexos. A taxa de actividade
masculina é sensiblemente superior á feminina: 46% fronte ao 23,7% respectivamente o
que permite suxerir un comportamento
diferente.
A distribución por idades non difiere
sustancialmente da que presenta o conxunto da poboación española.
Causas da escaseza de poboación
activa:
Unha parte importante, o 58,7% manifesta non poder traballar.
Algúns deles manifestan non
poder traballar por motivo do seu
discapacidade (descoñecemos
a porcentaxe e a súa
cuantificación presenta problemas obvios, pois poder traballar ou non incide na posibilidade de cobrar rendas ou pensións).
O resto son xubilados.
Outra
parte, cuantitativamente relevante, o 22,8% perdeu a
esperanza de atopar emprego,
deséxano, séntense útiles,
pero ven que teñen pechado o mercado laboral.
Un tercer porcentaxe, o 7,1% non necesitan traballar. A maioría son mulleres
de máis de 50 anos, que teñen
unha situación económicamente holgada por mor dos ingresos familiares.
Outro grupo, composto polo
6,7% son nais que desexan
dedicar todo o seu tempo ao
coidado dos seus fillos e renuncian ao mercado
laboral.
O 3,8% son estudantes.
Así unha parte importante atópase
dentro das características básicas da inactividade
como tipoloxía económica: non querer traballar, pero as súas causas
difieren moito das da inactividade
en sentido estrito.
Características do emprego.
Analizamos primeiro que discapacidades afectan máis ó emprego.
As discapacidades que afectan á vista e ó oído son as que teñen unha maior
taxa de ocupación e de actividade.
Pola contra, os que teñen unha
discapacidad que lles impide relacionarse con outras persoas presentan unha taxa de ocupación moi baixa, o 8,79% e só un 15,49% de actividade.
Datos similares pódense observar para os que presentan discapacidade
na comunicación.
Se atendemos ó nivel de estudos acadado
polas persoas con discapacidade e o emprego
desempeñado por estas:
Imos ver datos que nos permiten concluír que
existen “barreiras de formación” ou
dificultades especiais para que os discapacitados
accedan a unha formación xeral
ou específica. As persoas
con discapacidade teñen en xeral baixo nivel de estudos.
Non se observan nisto grandes diferenzas
entre homes e mulleres. Ao redor do 10% das persoas cun grado de discapacidad relevante son analfabetas e preto do 25% non teñen estudos terminados. Soamente un
3,6% (porcentaxe claramente excepcional e
minoritario) teñen estudos
universitarios.
Para terminar vemos o tipo de emprego ocupado polas persoas con discapacidade.
Pese ás políticas encamiñadas
a favorecer a este colectivo (cupos, reservas, axudas,..)
a súa participación no emprego
cabo cualificala como moi
escasa. Dentro dela:
Catro de cada cinco traballadores
discapacitados son asalariados.
Un 15% eran autónomos
Soamente o 3% eran empregadores
O 25% das mulleres asalariadas traballa para o Estado,
fronte ao 16% dos homes
Bibliografía
*Alba e Moreno García. Discapacidade e mercado de traballo.
Xente Interactiva, S.L..
Madrid 2.004
*Estevill, Jordi; Besnier,
Alain; Valadrou, Cristian:”Las empresas sociales en
Europa. Comisión europea. Dirección general V. Empleo relaciones industriales y
asuntos sociales. Ed. Hacer. Barcelona. 1984.
*Giddens, Anthony “La tercera vía. La
renovación de la socialdemocracia”. Ed.Taurus. Madrid
1.999
*Vázquez
Barquero, Antonio. “Desarrollo local. Una estrategia para la creación de
empleo”. Ed. Pirámide. Madrid. 1988.
*Vázquez
Barquero, Antonio. “Política económica local”. Ed. Pirámide. Madrid. 1993.
*Vázquez
Barquero , Antonio y Garofoli,
G: “Desarrollo local en Europa”Ed. Col. De
Economistas. Madrid. 1995.
Fontanella, L. (2002): A responsabilidade social da
empresa, Global Philanthropy. The
Sinergos Institute, febreiro.
Fundación Empresa e Sociedade (1999): Marketing con
causa: como engadir valor ás
marcas vinculándoas a proxectos
sociais, Fundación Empresa e Sociedade,
Madrid.
Kotler, P. y Roberto, E. L.
(1989): Marketing Social. Estratexias para
cambiar a conduta pública, Díaz de Santos, Madrid.
Kotler, P. y Zaltman, G. (1971): Social Marketing. An Aprroche to Planed Social Change, Journal of Marketing,
number 25, pp. 3-12.
Moliner, M. A. (1998): Marketing
social, A xestión das causas sociais,
ESIC, Madrid.
Solé, M.M.L. (1999): Os
consumidores do século XXI, ESIC, Madrid.
Ramos e Silva, J. A. e Periañez, I. (2003):
Delimitación do Marketing con causa ou marketing
social corporativo mediante a análise de empresas que
realizan accións de responsabilidade
social, Universidade do País Vasco, Euskadi, xuño.