4. XÉNERO E DISCAPACIDADE: Panorámica da situación en Galicia: Análise provincial. Isabel Novo Corti e jon sanmartin rojas.

 

 

 

Resumo

 

Neste traballo se aborda unha primeira aproximación a  situación das mulleres discapacitadas en Galicia. En primeiro lugar se aborda unha valoración estatística do problema a nivel nacional e se acomete un desglose por Comunidades Autónomas, aplicando un análise comparativo entre elas, establecéndose comparacións entre a situación galega e a española, para ambos sexos.  A continuación se presenta a situación en Galicia por provincias, sexo e número de discapacidades, para finalmente enfocar o traballo no  estudio da situación das mulleres discapacitadas dende unha perspectiva provincial.

 

Introducción

 

As diferencias de xénero deixan sentir a súa influencia en tódolos eidos da vida: Laboral, social, político, familiar, etc.. e tamén nos aspectos de saude, en concreto nos relativos ás discapacidades. É precisamente este o tema que pretendemos abordar, é dicir, enfocar o estudio das discapacidades dende unha perspectiva de xénero.

 

As discapacidades non distinguen de sexos, calquera home ou muller pode formar parte deste colectivo por moi diversas razóns, nembargantes  faise pertinente adicar un tempo o estudio do colectivo feminino e  a súa relación ca discapacidade. É ben sabido que as mulleres, polo simple feito de se-lo, atopan maiores dificultades que os homes, na mayoría das esferas en que deben desenrrolar a súa actividade, o que en principio fai das mulleres un colectivo poboacional especial e claramente diferenciado, que en moitas ocasións precisa ser obxecto do que se  deu en chamar “discriminación positiva”. Estas cuestións son especialmente relevantes si, ademáis, se trata de mulleres discapacitadas.

 

Este traballo pretende aportar unha visión descriptiva da situación en España e en Galicia; para elo utilizaremos os datos máis recentes facilitados polo Instituto Nacional de Estatística, que neste caso datan da EDDS: Enquisa de Discapacidades, Deficiencias e Estado de Saude elaborada en 1999[1]. O campo de traballo consistirá na poboación española e galega en dito ano. Estudiaremos a parte de poboación que presenta alguna discapacidade e distinguiremos a mesma por sexos. Faremos fincapé ademáis en outras cuestións como: tipo de deficiencias, idade, situación laboral, localidade, etc.., sempre vinculándoas o aspecto xeral do traballo que é o sexo do discapacitado.

 

O traballo se estructura da seguinte maneira:

-        Panorama da poboación española: a súa distribución por sexos e idades

-        Panorama da poboación galega:  a súa distribución por sexos e idades

-        Incidencia das discapacidades na poboación española: a súa distribución por sexos e idades

-        Incidencia das discapacidades na poboación galega: a  súa distribución por sexos e idades

-        Visión panorámica da situación nas Comunidades Autónomas

-        Análise provincial da incidencia das discapacidades na poboación galega: a súa distribución por sexos e idades

o       Entre 6 e 64 anos: a súa distribución por sexos e idades

o       Maiores de 65 anos

-        Análise provincial da incidencia das discapacidades na poboación galega segundo o número de discapacidades padecidas por cada persoa: a súa distribución por sexos e idades

 

1. Poboación en España e Galicia

 

A poboación española no ano que nos ocupa era aproximadamente corenta millóns de persoas (Anexo: Taboa 1), das cales o 51 % eran mulleres e o 49% varóns e en Galicia de casi tres millóns, sendo a porcentaxe de mulleres do 52% fronte o 48% de varóns. Galicia representa por tanto o 6,96% da poboación española, distribuida no  7,08% de mulleres e o 6,8% de varóns (Anexo: Taboa 2).

 

A presencia dunha maior poboación feminina é común en ambos casos, nembargantes a distribución da poboación por idades indica que esta tendencia non é uniforme o longo de todo o ciclo vital. O número de nacementos é maior en varóns, polo cal son maioría en idades temperás, pero a partires dun intre, que varía segundo as sociedades e as circunstancias que éstas viviron, esta tendencia se invirte superando a poboación feminina a  masculina. O punto de inflexión aludido se presenta entre os 35 e os 44 anos para España e entre os 25 e 34 para Galicia (Anexo Gráficos 1 e 2).

 

2. Poboación discapacitada en España e en Galicia

 

A proporción entre sexos existente na poboación total non se manten, en contra do que cabería esperar, en canto a poboación discapacitada. A distribución por sexos no que a persoas con discapacidade se refire arroxa porcentaxes diferentes, non so con respecto a  poboación total, senón tamén en canto a zonas xeográficas.

 

Poderíamos dicir que o número de discapacitados en España supera ampliamente os tres millóns de persoas (véxase Anexo Taboa 3), representando un 9% da poboación total (8,9897%), nembargantes a distribución non homoxénea entre sexos indica que mentras o 10,3% das mulleres españolas presentan algunha discapacidade, esto ocurre soamente o 7,7% dos varóns, polo que, obviamente a porcentaxe de persoas discapacitadas en España é desfavorable as mulleres, que representan o 58% da poboación discapacitada, e dicir, que por cada home con algunha discapacidade hai 1,4 mulleres.

 

No párrafo anterior expóñense datos aportados polo Instituto Nacional de Estatística (Anexo Táboa 3), que con todo aparentemente se contradín cos aportados pola mesma fonte o efectuar un estudo por Comunidades Autónomas; isto é debido a que no primeiro caso inclúense todas as idades, mentres que no segundo apórtanse as comprendidas entre 6 e 64 anos, que son os mesmos que os que se facilitan para as Comunidades Autónomas. Dado que a nosa análise vaise a dirixir cara á Comunidade Autónoma de Galicia, os datos que utilizaremos serán precisamente os aportados para o grupo de idade de 6 a 64 anos (Anexo táboa 4), por tal motivo faremos unha pequena reflexión en torno a este asunto. Sinalamos que en 1999 España conta cunha taxa de discapacitados do 9 % (8,99), sendo maioría as mulleres que os varóns, con todo, cos datos que manexaremos de ágora en diante afirmaremos que a taxa de discapacitados en España non chega ao 5% (4,59) e que a maioría está representada polos varóns fronte ás mulleres (4,65% e 4,54% respectivamente). Isto é debido a que só consideramos un grupo de idade, que é realmente amplo, pero exclúes os tramos con valores extremos, é dicir os nenos pequenos e as persoas maiores; obviamente é este último grupo de membros da sociedade o que fai que as estatísticas troquen dun xeito tan significativo. O tratamento independente do grupo de idade de maiores de 65 anos faise pois aconsellable, debido ás peculiaridades do mesmo.


No tramo de idades do que nos ocuparemos de ágora en diante, de 6 a 64 anos, estas porcentaxes trocan e son as seguintes: en España a poboación discapacitada achégase o 5% (4,59%), mostrando máis incidencia nos varóns (4,65%) que nas mulleres (4,54%).

En Galicia hai 103.570 persoas con discapacidade, distribuídos en 56.111 varóns e 47.459 mulleres, por cada muller discapacitada hai, xa que logo, 1,2 homes. A taxa de incidencia de discapacidade en Galicia como porcentaxe dos residentes é do 5,05%, lixeiramente superior á española, que é do 4,59%. A distribución das discapacidades entre sexos en Galicia segue unha traxectoria paralela á española, no sentido de que en ambos casos é maior a incidencia sobre os varóns; con todo no caso galego é máis favorable para as mulleres que representan o 46% en Galicia e o 45% en España, mentres que os varóns galegos discapacitados son o 5,48% e os españois son o 4,65%.

3. Comparativa con outras Comunidades Autónomas


Nunha análise global do territorio español vemos que a Comunidade Autónoma con maior índice de discapacitados en relación coa poboación da súa propia comunidade, é Melilla, que roza o 7%, e a de menor incidencia é A Rioxa, que non acada o 3%. Véxase Anexo Táboas 4 e 5 e Gráfico 3). Con todo, atendendo o xénero A Rioxa segue mantendo o liderado rexional na menor porcentaxe de discapacitados, pero para o caso das mulleres é a Comunidade Foral de Navarra a que presenta unha menor incidencia de discapacidad. No caso de Melilla é moi rechamante a gran diferenza entre a incidencia das discapacidades segundo sexos, sendo altamente significativo a porcentaxe de mulleres con discapacidades, moi por riba de calquera outra rexión española.

No tramo de idades que estamos analizando, o quedar excluída a cola superior (maiores de 65 anos) onde predomina claramente a poboación feminina, detéctase unha maior incidencia das discapacidades, en térmos xerais, nos homes, sendo estes os mais afectados en tódalas rexións, excepto na Comunidade Valenciana, Extremadura, Madrid, País Vasco, A Rioxa e Melilla (véxase táboa 5).


4. Análise provincial da incidencia das discapacidades na poboación galega.


Efectuaremos un estudo por idades, cendrándonos especialmente en dous grupos das mesmas: entre 6 e 64 anos e maiores de 65 anos. O mesmo tempo analizaremos o lugar de residencia por provincias e os tramos de idades dentro do grupo, facendo en todos os casos unha reflexión comparativa cos valores rexionais e nacionais.

 
4.1. Entre 6 e 64 anos


Neste tramo de idade en Galicia de cada cen habitantes máis de cinco sofren algunha discapacidade (5,05%) (ver Anexo táboa 6), o que representa máis de 100.000 persoas. Esta taxa é relativamente alta en relación cas rexistradas a nivel nacional, onde soamente o 4,6% da poboación atópase nestas circunstancias. En canto á distribución por sexos, apréciase unha tendencia similar á nacional, no sentido de que son os homes os máis afectados (un home galego ten case un punto mais de probabilidade de padecer unha discapacidade que unha muller española).

 
En térmos absolutos o maior número de discapacitados galegos atópase nas provincias da Coruña (47.316) e Pontevedra (29.656), naturalmente estas cifras están estreitamente relacionadas ca distribución poboacional na Comunidade Autónoma, xa que son precisamente estas provincias as que acollen un maior número de habitantes. Con todo son as cifras relativas as que nos poden indicar realmente a incidencia do problema.

En térmos xerais podemos sinalar que a porcentaxe de persoas con algunha discapacidade é maior en Galicia que no resto de España, tanto para homes como para mulleres, salvo no caso da provincia de Pontevedra onde é lixeiramente inferior para ambos sexos. A provincia máis afectada é Ourense, especialmente no que a varóns refírese, seguida da Coruña, que presenta indicadores similares: taxas bastante máis elevadas que as españolas e notablemente máis elevadas para os varóns. É Lugo a provincia que máis se achega á media nacional, con índices de discapacidades soamente algo superiores os nacionais. A distribución de discapacidades por provincias, en térmos relativos para idades comprendidas entre 6 e 64 anos, podemos vela no gráfico 4, do anexo. É rechamante a alta taxa de discapacidade presente na provincia de Ourense, especialmente entre os varóns, que supera o 7 por cento, representando o índice de maior discapacidade de toda a CC.AA., o caso contrario atopámolo nos varóns de Pontevedra, entre os cales soamente catro de cada cen teñen algunha discapacidade, aínda que escapa do obxectivo deste traballo, sería convinte profundizar na razón desta marcada diferenza entre provincias para o caso dos varóns, xa que cas mulleres non ocorre o mesmo; aínda que é certo que hai diferenzas entre provincias, sendo Pontevedra a menos e Ourense a máis afectada (do mesmo xeito que para os varóns) as diferenzas non acadan un punto porcentual (0,68).

 
No tramo de idades que estamos estudando cabo sinalar que hai notables diferenzas entre as idades máis novas e as de final do tramo, tal como apréciase na táboa 6 do anexo, presentando maior incidencia de discapacidade, como é natural, os tramos que supoñen idades máis avanzadas, a provincia da Coruña chegan a arroxar taxas próximas ao 13% (12,7%) para varóns cuxas idades atópanse entre 45 e 64 anos, mentres que para os varóns máis novos (entre 6 e 44 anos) non chega o 4%. Dado que os tramos de idade considerados son notablemente diferentes, estas apreciacións  -incremento de incidencia das discapacidades co incremento de idade- pódense xeralizar a todas as provincias para ambos sexos. Con todo, cabe sinalar o caso extremo detectado en Ourense, onde as mulleres de 6 a 44 anos arroxan unha taxa inferior o 2% de discapacidade (1,87%) e entre 45 e 64 anos case chegan a acadar o 11% (10,77%).

 
En térmos xerais vemos que a incidencia das discapacidades neste grupo de idade é maior en Galicia que en España, destacando o caso especial de Ourense e sobre todo en varóns. Apréciase, con todo, un importante troco de tendencia no segundo tramo de idades do grupo estudado, que se manifesta en notables incrementos das taxas de incapacidade en todas as provincias e para ambos sexos.

 

4.2 Maiores de 65 anos


Neste tramo de idades os valores promedio galegos e nacionais achéganse notablemente, desaparecendo prácticamente as diferenzas apreciadas en idades máis novas, con todo Galicia segue estando ligeramente máis afectada polas discapacidades en ambos sexos.

O máis rechamante é o troco de tendencia por canto as máis afectadas neste grupo de idade son as mulleres, con bastante diferenza con respecto os homes (véxase Anexo. Táboa 7 e gráfico 5). A provincia máis afectada sigue sendo Ourense para ambos sexos, a incidencia maior de toda a CC.AA. sopórtana precisamente as mulleres ourensás, onde case o 44% padecen algunha discapacidade. Os varóns lucenses son os que mellores taxas de saúde arroxan, posto que máis de 80% deles non padecen ningunha discapacidade, seguidos moi de preto polas mulleres da mesma provincia, que están afectadas menos da cuarta parte da poboación feminina (21,68%). A Coruña e Pontevedra arroxan valores intermedios, máis desfavorables no caso da primeira, onde preto do trinta por cento (28,81%) dos homes e mais do 40% das mulleres sofren algunha discapacidade, fronte o 25% e 34% respectivamente no caso de Pontevedra.

5. Galegos con máis dunha discapacidade. Análise por provincias, sexo e número de discapacidades.


É importante sinalar que, en numerosas ocasións, sobre todo en tramos de idade superiores os 65 anos, é normal que unha mesma persoa padeza máis dunha discapacidade. Por esta razón presentaremos a continuación unha breve aproximación á distribución de discapacidades segundo o número das mesmas padecidas por cada suxeito, segundo sexo e provincias.


Traballaremos sobre o total de discapacitados maiores de 65 anos, de cuxas características falamos en párrafos anteriores, os datos que imos aportar representan valores porcentuais, o que nos permitirá estudar como é a distribución deste colectivo en función do número de dolencias que presenten.

 
A análise dos datos para ambos sexos indica que a maioría das persoas deste grupo padecen polo menos tres tipos de discapacidades diferentes, para todos os colectivos estudados. En Galicia este grupo é máis numeroso que na totalidade do territorio nacional. A análise por provincias indícanos que a peor situación preséntase en Pontevedra, onde máis do 80% dos discapacitados son polo menos por tres motivos, a mellor situación atópase en Lugo, onde este grupo non chega ao 70% do total de discapacitados, A Coruña e Pontevedra mostran situacións intermedias, aínda que, como sucedeu tamén en análises anteriores, lixeiramente desfavorable para a provincia da Coruña.

A análise por sexos na CC.AA. indica case a cuarta parte (23%) dos varóns discapacitados maiores de 65 anos padecen soamente unha discapacidade (Anexo. Táboa 8), pero soamente o 14% das mulleres están nesta situación. Entre as mulleres maiores de 65 anos con algunha discapacidade case tres cuartas partes das mesmas padecen polo menos de tres tipos o mesmo tempo (73%), esta situación soamente afecta ao 60% dos varóns (véanse gráficos 6 e 7 do anexo). O estudo por provincias arroxa en todos os casos situacións similares: as mulleres levan a peor parte. Poderiamos resumir dicindo que dos discapacitados maiores de 65 anos en Galicia, padecen polo menos tres discapacidades diferentes entre o 60% (A Coruña) e o 75% (Pontevedra) por cento se son varóns, e entre o 73% (Lugo) e o 89% (Pontevedra).



6. A actividade económica das persoas discapacitadas en Galicia. Análise por provincias e sexo.


Lembremos que son persoas activas aquelas que se atopan traballando ou buscando traballo activamente, xa que logo, dentro desta categoría inclúense tanto traballadores empregados como desempregados. Son persoas inactivas aquelas que non traballan nin buscan traballo activamente. O grupo de estudo abarca, por razóns obvias, soamente as idades comprendidas entre 16 e 64 anos, centrarémosnos únicamente no espazo xeográfico galego e na poboación discapacitada.

 
Baixo as condicións explicitadas no párrafo anterior, constatamos que o número de persoas inactivo é relativamente elevado, o que indica que dentro do grupo de discapacitados en Galicia unha parte moi numerosa do mesmo non busca traballo activamente. Soamente buscan traballo o 29,7% das persoas discapacitadas, mentres que o máis do 70% (70,3) decidiron permanecer inactivas. As razóns polas que isto ocorre son de moi diversa índole, abarcando desde as persoas que polas características da súa discapacidade non poden traballar, ata aqueles que aínda podendo desempeñar algún traballo non desexan facelo. Por esta razón, centraremos o noso estudo preferentemente no grupo das poboación discapacitada activa; non en tanto, podemos sinalar que o total de inactivos en Galicia distribúese equitativamente entre ambos sexos dentro do eido da Comunidade Autónoma, así como na provincia da Coruña, con todo atópanse diferenzas importantes no resto das provincias galegas que ata mostran tendencia inversas entre si: mentres que en Lugo e Pontevedra a maioría das persoas inactivas son do sexo feminino, en Ourense ocorre o contrario e, ademais, dun modo certamente acentuado, o 60% (59,2) dos homes discapacitados ourensáns permanece inactivo, soamente o 40% (40,8) das mulleres discapacitadas non busca traballo.

 
En canto ás persoas que se atopan en situación activa, a inmensa maioría atopan traballo, acadando o 80% (78,96), isto significa que do total de persoas con discapacidade en Galicia menos da carta parte están traballando o (23,5%).


A análise por provincias mostra que a provincia de maior inactividade é Ourense en ambos sexos e a de maior actividade é A Coruña en térmos promedio, debido principalmente á alta taxa de actividade masculina, que supera o 40%. A taxa de actividade feminina máis elevada atópase en Pontevedra, onde máis da cuarta parte das mulleres discapacitadas busca traballo, as que teñen éxito no seu empeño representan mais de tres cuartas partes (o 76,6%), en definitiva supón que case o 20% (19,7%) das mulleres discapacitadas de Pontevedra traballan, sendo esta a proporción máis elevada da Comunidade Autónoma, seguido pola Coruña, onde teñen emprego o 18,7%, cunha taxa inferior, pero moi próxima á de Pontevedra.

 
Podemos afirmar que o número de persoas con discapacidade que busca traballo é pequeno, pero a probabilidade de éxito é só relativamente aceptable, o que arroxa cifras de desemprego elevadas. As taxas de desemprego son do 21,8% para varóns e do 19,5% para mulleres. Estes datos indican que o nivel de desemprego entre as persoas con discapacidades é máis elevado que para as persoas que non presentan ningunha discapacidade. Con todo cabo destacar que, o contrario que ocorre coa poboación en xeral, a porcentaxe de desemprego feminino é menor (Véxase Anexo táboa 10).


É alentadora a cifra de 7,45% de taxa de desemprego feminino en Ourense, sendo a máis baixa de Galicia, en contraste ca elevadísima taxa de desemprego maculina na mesma cidade que supera o 40%. No resto das provincias maniféstase un equilibrio entre sexos, aínda que hai diferenzas notables entre provincias, sendo A Coruña a que arroxa menores taxas de desemprego (ca excepción feita das mulleres en Ourense) (16 e 18% respectivamente para varóns e mulleres) e manténdose Lugo e Pontevedra en taxas superiores ao 20% para ambos sexos.




 

 

7. A situación laboral das mulleres discapacitadas


O colectivo que nos ocupa padece no alto grao o azote dos tempos difícis no mercado laboral, xa que ademais dos problemas comúns para toda a poboación, padecen os propios da súa condición feminina e de discapacitadas. É comúnmente coñecida e aceptada a maior incidencia do desemprego na poboación feminina, cuxo orixe atópase en diversas razóns. Esta asimetría vese acentuada no caso de que a muller sexa discapacitada. Con todo, hai un punto importante que afecta de modo especial a este grupo de traballadoras: a elevada taxa de inactividade que padecen. En efecto, as mulleres discapacitadas que conseguen un posto no mercado laboral son moi poucas, non só debido ás dificultades vinculadas o seu sexo e discapacidade, senón tamén as xeradas por si mesmas ou pola contorna próxima, que fai que se autoexcluan do colectivo laboral activo, non chegando en moitos casos a formar parte da poboación que busca emprego activamente.


En Galicia, os discapacitados que conseguen un traballo non chegan ás tres cuartas partes dos considerados como poboación activa. En canto ás mulleres discapacitadas, a situación paradóxicamente é lixeiramente millor, xa que algo máis do 80% atopa unha ocupación remunerada; con todo non debe este dato ser interpretado como unha presenza maior das féminas discapacitadas fronte aos varóns discapacitados, xa que a proporción das mesmas que deciden buscar traballo é moito menor que nos varóns.

 En canto ós datos provinciais, a Táboa 10 indica que a provincia con maior taxa de desemprego é Ourense, pero debido precisamente á alta incidencia en varóns -case un 30%-, mentres que as mulleres discapacitadas soamente soportan unha taxa do 7,45%. A provincia con menor taxa de desemprego en discapacitados é A Coruña, pero neste caso debido especialmente o nivel de ocupación dos varóns.

 


 

8. Conclusións


- Un 9% da poboación española, algo máis de 3 millóns e medio de persoas, padece algunha discapacidade. Delas, un 58% son mulleres. Entre as persoas de 65 e máis anos, o 32%, ten algunha discapacidade, aumentando notablemente estas taxas cando a idade excede os 80 anos e nun grado aínda maior para aqueles que superan os 85 anos, onde a porcentaxe de discapacitados é mais do 63 %, nas mulleres esta incidencia moito máis elevada.
- A proporción de discapacitados en Galicia, con respecto os residentes, é ligeramente superior á española. Por cada muller discapacitada galega hai 1,2 varóns.

-En térmos relativos, a provincia galega con maior incidencia de discapacidades é Ourense, especialmente en varóns.

- Para idades superiores os 65 anos a tendencia, en canto a distribución de discapacidades por sexos, invírtese, sendo maior o número de mulleres afectadas fronte os varóns, tanto a nivel nacional como rexional.

- A maioría das persoas maiores de 65 anos padecen polo menos tres tipos de discapacidades diferentes, para todos os colectivos estudados. En Galicia este grupo é máis numeroso que na totalidade do territorio nacional. A análise por provincias indica que a pior situación preséntase en Pontevedra, onde máis do 80% dos discapacitados sono por polo menos tres motivos, sendo en todos os casos as mulleres as que levan a pior parte.

- En Galicia, padecen polo menos tres discapacidades diferentes entre o 60% (A Coruña) e o 75% (Pontevedra) dos discapacitados maiores de 65 anos se son varóns, e entre o 73% (Lugo) e o 89% (Pontevedra) se son mulleres.

- As mulleres discapacitadas galegas teñen similares dificultades que os varóns para atopar traballo, mostrando unha lixeira melloría nas súas taxas de emprego, aínda que con diferenzas moi significativas entre provincias. A taxa de inactividad nas mulleres discapacitadas é máis elevada que nos varóns.

 

NCPEDP Office Delhi India 2004

A incorporación laboral é paseniña

 

 

Anexos

 

 

 

Taboa 1: Poboación en España por idade e sexo

 

 

 

 

 

 

Taboa 2: Poboación en Galicia por idade e sexo

 

 

 

 

Gráfico 1

 

 

 

 

Gráfico 2:

 

 

Taboa 3: Poboación discapacitada en España por idade e sexo

 

 

 

 

 

 

Taboa 4: Poboación e discapacidade por Comunidades Autónomas de 6 a 64 anos

 

 

 

 

Taboa 5: Proporción de varóns por cada muller con discapacidade

 

 

Gráfico 3: Poboación Española con algunha discapacidade. Distribución por Comunidades Autónomas.

 

 

 

 

Taboa 6: Análise provincial da incidencia das discapacidades na poboación galega entre 6 e 64 anos: a súa distribución por sexos.

 

 

 

 

 

 

Gráfico 4: % Poboación con algunha discapacidade. Análise comparativo. España. Galicia e provincias galegas.

 

 

 

 

Taboa 6: Análise provincial da incidencia das discapacidades na poboación galega entre 6 e 64 anos: a súa distribución por sexos e idades.

 

 

Taboa 7: Análise provincial da incidencia das discapacidades na poboación galega maior de 64 anos: a súa distribución por sexos.

 

 

 

Gráfico 5: Incidencia % discapacidades >65 años España. Galicia. Provincias galegas. Distribución por sexos.

 

 

 

 

Taboa 8: Análise provincial da incidencia das discapacidades na poboación galega maior de 64 anos: a súa distribución por sexos e idades.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gráfico 6: > 65 años. Número de discapacidades %.

 

 

 

 

Gráfico 7: Número de discapacidades sufridas por un mesmo suxeito para a poboación maior de 65 anos por sexo. Nacional. Galicia e Provincias.

 

 

 

Taboa 9: Actividade económica de persoas con discapacidade por provincias e sexo. Galicia.

 

 

 

 

Taboa 10: Taxa de desemprego para discapacitados en Galicia.

 

 

 

 


ANEXO INFORME COCEMFE

 

http://www.cocemfe.es/factoresinactividadinformedelcermi2004.pdf

Cocemfe

COCEMFE, Confederación Coordinadora Estatal de Minusválidos Físicos de  España

 

FACTORES DE INACTIVIDADE DA MULLER CON DISCAPACIDADE 2004

 

No noso país a incorporación masiva das mulleres con discapacidade o mercado de traballo foi un fenómeno relativamente recente e aínda así a taxa de actividade das españolas está por baixo da media europea. Afondando neste tema atopámonos que a taxa de actividade xeral da muller en España é un 25% menor que a do home (42% e 67% respectivamente), e cun nivel de paro dúas veces superior (16,47 % e 8,06 %).
No marco europeo, o noso país atópase entre os de menor taxa de actividade laboral (54,31 %) e consecuentemente cun nivel de desemprego superior á media europea, nunha porcentaxe do 11,41 %.


Con este panorama é previsible imaxinar os obstáculos engadidos que atoparon as mulleres con discapacidade para acceder a un posto de traballo, tendo en conta multitude de factores que históricamente xogaron na súa contra; entre eles, un sistema educativo non adaptado á discapacidade (deficiencias en accesibilidade física, escasa formación do profesorado na materia, pouca adecuación das adaptacións curriculares, escaseza de recursos en xeral, etc.   ), nun entorno cultural demasiado sexista e con mulleres con discapacidade non adestradas para conquistar o espazo público.

 
O presente Informe pretende en primeiro lugar, efectuar unha análise dos factores reais e potenciais que entorpecen a incorporación da muller con discapacidade ó mercado de traballo, factores de tipo persoal, familiar e social; e en segundo lugar, as medidas que deberían adoptarse para modificar esta situación, entre elas, as medidas de discriminación positiva, realizando unha breve análise sobre a súa pertinencia.

 

En canto ós FACTORES PERSOAIS enténdese que están absolutamente condicionados e son consecuencia directa dos factores sociais. Entre eles atópanse os seguintes:



- Autopercepción negativa que as persoas con discapacidade teñen de si mesmas, ás veces provocada polos propios estereotipos sociais, isto conleva unha disminución da súa autoestima e unha falla de motivación para afrontar a dura loita da procura dun emprego.
- Descoñecemento das propias capacidades e potencialidades, xerando isto unha actitude pasiva; ó que se une no caso dalgunhas discapacidades, por exemplo, as de tipo intelectual, unha falta de elaboración do propio concepto de discapacidade.

 - Descoñecemento das características que actualmente definen o mercado laboral: sectores económicos máis puxantes, competitividade extrema, etc.; e tamén do mundo da empresa, por exemplo, dereitos e deberes dos traballadores, organigramas, etc. Ás veces este descoñecemento vén provocado pola falla de organismos que proporcionen non soamente información sobre medidas vixentes tendentes a favorecer a integración laboral, senón tamén, que funcionen como axentes activos orientando o proceso de inserción ó mercado de traballo.

 
- Carencias tanto de tipo formativo como de habilidades adaptativas (comunicación, coidado persoal, auto-dirección, saúde e seguridade, lecer, etc.); o que as leva a desempeñar postos de traballo de baixa remuneración económica, escaso recoñecemento, etc.; constituíndose isto en factor desestimulante para a procura de emprego.
- Para rematar sitúanse as limitacións obxectivas de tipo físico, psicolóxico ou sensorial que leva aparelladas a discapacidade, e que en entornos máis accesibles, proveedores dos apoios necesarios, por suposto, non se converterían en auténticos freos á integración laboral.

Se nos centramos nos FACTORES FAMILIARES, atopamos que:

 
- Existen trabas familiares que obstaculizan o desenvolvemento integral da muller con discapacidade, negándolle o dereito a ter unha parella, formar unha familia, desenvolverse autónomamente, adquirir responsabilidades, etc. Parece coma se a persoa con discapacidade, sobre todo, no caso das mulleres, estivese condenada a vivir unha permanente infancia. Todo isto provoca que as propias familias desconfíen das posibilidades reais que teñen os seus membros con discapacidade, e xa que logo, non promovan as condicións adecuadas para que a incorporación o mercado laboral sexa real e efectiva, comezando por apoiar a súa cualificación profesional.


- As propias familias relegan á muller con discapacidade ó desempeño dun
TRABALLO NON MERCANTILIZADO (coidado dos seus proxenitores maiores, sobriños, atención ás tarefas domésticas, etc.), diferenciándo do
EMPREGO.

- A sobreprotección familiar é maior no caso das mulleres con discapacidade que no dos varóns e convértese nun freo importante para a incorporación de persoas con discapacidade o emprego. Este aspecto resulta paradoxal, posto que malia ser un factor que reforza a inactividade laboral, tamén supuxo un instrumento de protección importante nun país onde a protección social é bastante deficiente.

 
- Dificultade para conciliar a vida familiar e laboral. En moitos casos as mulleres con discapacidade non se propoñen o seu acceso o mercado laboral polas dificultades que entraña compatibilizar a súa vida familiar e laboral, en canto a flexibilización de horarios, etc.


- Factores tales como que a administración do salario sexa realizada por parte da familia, contribúen a que unha das principais motivaciones que implica o traballo, a percepción duns ingresos económicos, desapareza, converténdoo nun esforzo engadido. Xunto co feito de que para algunhas familias a pensión que percibe a persoa con discapacidade supón un suplemento económico que lles permite algúns extras, polo que prefiren que se renuncie ó desempeño dunha actividade laboral, xa que esta conlleva a desaparición da pensión.


- No caso da discapacidade intelectual, a familia adoita actuar como filtro de información achega das oportunidades laborais; polo que pode producirse o feito de que a priori descarte ofertas de emprego, que finalmente puidesen resultar válidas.



No eido dos FACTORES SOCIAIS efectúase unha análise das seguintes cuestións:


- Prexuizos sociais dos empregadores.

 
- Contorna comunitaria, contrastando hábitat rural e urban.


- Medidas de protección social, reflexionando se actúan como elemento disuasor para o emprego.


- Infrarepresentación da muller con discapacidade en cargos decisorios do movemento asociativo.

No referente a PREXUIZOS SOCIAIS DOS EMPREGADORES; en liñas xerais podemos afirmar que o empresariado segue sendo moi sexista, as mulleres teñen máis trabas á hora de acceder a un posto de traballo e ascender profesionalmente. Nisto as mulleres con discapacidade non son unha excepción, tanto é
así que do total de persoas con discapacidade contratadas, únicamente 35 - 40 % correspóndese con inserción feminina.

Outro feito no que estamos de acordo é que para determinados postos de traballo desempeñados habitualmente por mulleres, aspectos como a presenza física, a imaxe, etc. xogan un importante papel no momento da contratación tanto para homes como para mulleres, pero que no caso da discapacidade poden resultar máis evidentes e influír negativamente nunha posible contratación de mulleres discapacitadas.

 Os traballos ofertados ás persoas con discapacidade, xa sexan, mulleres ou homes adoitan caracterizarse por ser traballos que esixen gran esforzo físico (carga e descarga) ou infravalorados socialmente (barrendeiros), adaptándose mellor a este perfil o home.


En canto á análise efectuada sobre a INFLUENCIA DO ENTORNO COMUNITARIO pódese afirmar que aínda que no hábitat rural existen algunhas trabas engadidas como a disposición de menos información, escaseza de servizos de orientación e intermediación laboral, baixo desenvolvemento industrial, maior arraigo dos roles sociais que tradicionalmente atribuíronse á muller; con todo, as posibilidades de atopar un emprego de menor cualificación ou participando por exemplo nos negocios familiares son maiores. Por iso quizá a contorna rural abre máis posibilidades laborais no caso das persoas con discapacidade intelectual.


Aínda tendo en conta todo o anterior, tanto no medio rural como no urban, existen unha serie de barreiras que dificultan o acceso ó mercado de traballo, sen distinción de xénero; como son:

 
- Falla de medios de comunicación e transporte adaptado.

 
- Illamento social, que quizá afecta máis á muller con discapacidade, posto que interactúa menos coa contorna, relaciónase menos, polo que “non existe socialmente”.

 
- Inaccesibilidade do entorno.


- Falla de información e coñecemento sobre os recursos da zona.


- Prexuizos e estereotipos que enmascaran as verdadeiras capacidades e potencialidades da persoa con discapacidade.

 
- Falla de adecuación entre a formación da persoa con discapacidade e a oferta laboral.

 

Con referencia ás MEDIDAS DE PROTECCIÓN SOCIAL é importante destacar as distintas medidas, que a nivel europeo, estanse levando a cabo contra a discriminación cara ó colectivo de persoas con minusvalía; emprendeuse unha campaña coa inclusión do artc. 6.a en o Tratado de Ámsterdam que establece a posibilidade de -adoptar medidas axeitadas para loitar contra toda discriminación por motivos de sexo, orixe social ou étnico, relixión ou crenzas, minusvalía, idade ou tendencias sexuais-.
Ademais, un Informe do Parlamento Europeo insta ás institucións comunitarias e aos Estados membros a que: revisen as súas políticas de emprego e de acceso ao mesmo, pide á Comisión que publique un código de boas prácticas sobre o emprego de persoas discapacitadas.

 Así mesmo, este informe fai referencia expresa á marginación feminina e pide á Comisión e ós estados membros que: contrarrestren a dobre discriminación da muller con discapacidade mediante proxectos e políticas, e que publiquen estatísticas separadas referentes a homes e mulleres.

 
Afirmar que as medidas de protección social existentes neste momento disuaden ás mulleres con discapacidade na procura dun emprego é bastante perigoso, xa que hai moitas persoas con graves dificultades para traballar, para quen a pensión é o único ingreso; ademais de que as oportunidades que teñen de atopar un traballo ben remunerado son poucas. Polo que se opta pola pensión, sobre todo, cando esta forma parte dos ingresos familiares ou a muller con discapacidade goza de boa autonomía para atender as tarefas domésticas, neste caso é máis rendible traballar en casa e percibir a pensión, que traballar fose e renunciar a ela; posto que os ingresos económicos en ambos supostos van ser similares. É necesario reflexionar sobre a posible compatibilidad das pensións, subsidios ou outro tipo de prestaciones económicas coa percepción dun salario, marcando evidentemente un límite máximo ao nivel de ingresos. Isto é así, tendo en conta por unha banda, o costo engadido que supón ter unha discapacidade, en canto a gastos médicos, adaptacións, etc.; e por outra, as dificultades para atopar un traballo xustamente remunerado.

 

En canto a se A MENOR PRESENZA DE MULLERES CON DISCAPACIDADE EN POSTOS DE DIRECCIÓN DO MOVEMENTO ASOCIATIVO PODE CONVERTERSE NUN DESESTÍMULO PARA A PROCURA DE EMPREGO hai que afirmar rotundamente que si.

 
A muller con discapacidade   ocupará cargos decisorios nas organizacións que as representan, porque isto seguramente axudará a que outras mulleres con discapacidade tomen conciencia e promovan oportunidades de traballo e a que se impulsen accións de discriminación positiva.



 

A menor presenza de mulleres con discapacidade en órganos de dirección vén motivada por dúas cuestións, basicamente:

 
- Factores persoais, familiares e sociais analizados anteriormente.


- Reflexo así mesmo da escasa participación das mulleres en moitos eidos da sociedade española.


Neste apartado cabo facer unha reflexión: ¿por que se o número de mulleres con discapacidade nas nosas asociacións é superior ó de homes, con todo, a proporción destas que consegue cargos de responsabilidade é moi inferior?



En canto ás MEDIDAS A ADOPTAR para mellorar a situación que neste momento é obxecto da nosa reflexión, non basta soamente con establecer medidas de discriminación positiva; malia que estas sobre todo ó principio poden funcionar como elemento impulsor, ata tanto estea asumido e entendido que as mulleres con discapacidade poden perfectamente incorporarse ao mercado laboral sen ningún tipo de limitación derivada da súa condición de xénero e discapacidade.

 
É necesario sobre todo que en todas as políticas desenvolvidas polos poderes públicos introdúzanse como eixe de acción horizontal medidas e actuacións dirixidas ás mulleres con discapacidade. Complementariamente existen outro tipo de medidas cuxa posta en práctica melloraría a situación de emprego da muller con discapacidad. Entre elas, as seguintes:
- Potenciación de políticas, tanto activas como de protección social, buscando fórmulas que teñan en conta a realidade de maior desventaja social da muller con discapacidade. Por exemplo, proporcionando os apoios necesarios para a atención a persoas maiores dependentes, de tal modo que esta non recaiga exclusivamente na muller con discapacidade e  se convirta nun obstáculo para a procura de emprego.
- Diversificación da formación para evitar a segmentación tradicional que existe no mercado laboral (as mulleres seguen cursos de auxiliar administrativo e os homes fontanería ou carpintería metálica).

 - Aumento da presenza de mulleres con discapacidade nos medios de comunicación, pero non como víctimas ou imaxe das súas asociacións, senón como mulleres.
- Traballo conxunto do movemento asociativo e da Administración no deseño e implementación de medidas, tanto na atención persoal (superación de barreiras psicolóxicas) como no medio (non deseñado para facelo accesible ás persoas con discapacidade).
- Organización de cursos para mellora de competencias sociais das persoas con discapacidade.
- Necesidade de conseguir unha nova certificación de profesionalidade, cuxa especialidade sexa a formación en competencias sociais e a orientación laboral.
- Creación e mantemento de sólidas estructuras de emprego con apoio, onde se ofrezan accións de intermediación, formación e inserción laboral para identificar necesidades individuais e elaborar itinerarios de inserción persoalizados.
- Legalización e recoñecemento do “Emprego con Apoio”, estable e continuo no tempo.
- Cumprimento das cotas de reserva de emprego para persoas con discapacidade (2% en empresas privadas e 3% en empresas públicas), así como o incremento destas cotas a favor exclusivamente das mulleres.

 
Neste senso produciuse un importante avance co II Plan de Emprego para persoas con discapacidade 2002-2004, acordado entre o M.T.A.S. y o CERMI, sobre medidas para mellorar as oportunidades de emprego das persoas con discapacidade.

 Este Plan contempla o fomento de actuacións para mellorar a inserción da muller con discapacidade, priorización nos diferentes programas de inserción, a formación, etc. O importante deste acordo é que realmente prográmense ditas actuacións e difúndanse o suficiente para que poida beneficiarse o maior número de posible de mulleres.

CONCLUSIÓNS


- Malia que existe un conxunto bastante amplo de factores que dificultan o acceso da muller con discapacidade ó mercado de traballo e que son comúns a todas as discapacidades, tamén se dá o feito de factores que inflúen de modo máis exclusivo nunha discapacidad concreta (por exemplo, as barreiras de comunicación no caso da xordeira) ou cando a discapacidade afecta con maior intensidade (por exemplo, as limitacións obxectivas de tipo físico ou psicolóxico no caso das discapacidades severas). Xa que logo, a lexislación e as medidas de Política Social serán o suficientemente flexibles para atender as especificidades que implica o colectivo tan diverso da discapacidade.

 
- Necesítanse medidas que favorezan a conciliación da vida familiar e laboral: redución ou flexibilización de xornadas laborais por coidado de fillos ou outros familiares dependentes, ampliación e abaratamiento dos servizos de gardería, residencias de maiores, centros de atención a persoas con discapacidade, etc.


- Existencia de barreiras á integración laboral moi similares, tanto no entorno rural como no urban, malia que no primeiro danse algunhas dificultades engadidas como menor desenvolvemento industrial, por exemplo; con todo ofrece outras modalidades de emprego, de menor cualificación, máis familiar, que pode ser o óptimo para algúns tipos de discapacidade.

 
- As medidas de protección social existentes neste momento constitúen un axente disuasor para o emprego de persoas con discapacidad, posto que son incompatibles cos ingresos procedentes dunha actividade laboral, que na maioría dos casos non son superiores ao S.M.I. Polo que, as mulleres con discapacidad adoitan optar pola percepción da pensión e realizar as tarefas domésticas se é posible.

-O colectivo que nos ocupa pode acollerse con máis facilidade que os homes ás medidas de protección social, porque se lle incentiva máis desde a familia e o entorna social.


- A presenza feminina nos órganos de dirección do movemento asociativo debe aumentar, difícilmente poden defenderse os seus intereses se nós, as directamente interesadas non estamos presentes nos foros onde se toman as decisións.


 

ANEXOS

ANÁLISE PORCENTUAL DAS RESPOSTAS Ao CUESTIONARIO SOBRE FACTORES DE INACTIVIDAD DA MULLER CON DISCAPACIDAD FACTORES PERSOAIS, segundo orde de prioridadE:

 

 

 

-Autopercepción negativa 28,57 %

 

-Carencias formativas e adaptativas, xunto co descoñecemento das características do mercado 19,04 %

 

-Descoñecemento das propias capacidades 14,28 %

 

-Falla dunha axeitada orientación laboral 9,52 %

 

-Ausencia de organismos para favorece-la inserción laboral 4,76 %

 

-Limitacións obxectivas consustanciais a  discapacidade, sobor de todo, nos casos de maior severidade 4,76 %

 

 

FACTORES FAMILIARES, segundo a orde de prioridade:

 

 

 

As familias relegan a  muller con discapacidade o desempeño dun traballo circunscrito o eido doméstico 35 %

Sobreprotección familiar 30 %

A familia proxecta a imaxe distorsionada que a sociedade posúe da discapacidade 25%

Dificultades para conciliar a vida familiar e laboral 10 %.

 

OS PREXUZOS DOS EMPREGADORES CARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, ¿PESAN MÁIS SI ÉSTAS SON MULLERES?

 

 

Non, idénticos prexuizos que para as mulleres en xeral 40 %

Sí, posto que factores como a importancia da imaxe física na búsqueda de emprego, para as mujeres con discapacidade se convirten nun obstáculo máis forte que para os homes 50 %

Sí, idénticos prexuizos que os experimentados polos homes con discapacidade 10%.

 

 

DIFERENCIAS DOS FACTORES PROCEDENTES DO ENTORNO COMUNITARIO, DEPENDENDO DE SI É RURAL OU URBAN.

 

 

Non existen diferencias, as barreiras son as mesmas no  hábitat rural que no  urban 42,85 %

Existen algunhas trabas engadidas no entorno rural 35,71 %

Maiores posibilidades laborais no  eido rural para traballos de menor cualificación e de tipo familiar 21,42 %

 

 

AS MEDIDAS DE PROTECCIÓN SOCIAL ACTUAIS COMO FACTOR DISUASOR NA PROCURA DE EMPREGO.

 

 

Sí 50 %

As medidas de protección social compatibles ca percepción dun salario, se transformarían en elemento impulsor do emprego 21,42 %

Son máis disuasorias cando forman parte dos ingresos da unidade familiar 14,28 %

Non, posto que a inactividade da muller con discapacidade depende de outros factores 14,28 %

 

INFLUENCIA NO  EMPREGO DA MULLER CON DISCAPACIDADE A SÚA MENOR REPRESENTACIÓN NOS  CARGOS DECISORIOS DO MOVEMENTO ASOCIATIVO

 

SI             82%

NON        18%

 

 



[1] A Enquisa de Discapacidades, Deficiencias e Estado de Saude é unha grande operación estatística en forma de macro-enquisa (79.000 vivendas e 220.000 persoas aproximadamente) que da resposta a  demanda desta información por parte das Administracions Públicas e de numerosos usuarios, en particular organizacions non gubernamentais.

A enquisa cubre boa parte das necesidades de información sobre os fenómenos da discapacidade, a dependencia, o envellecemento da poboación e o estado de saude da poboación residente en España.

A metodoloxía segue as recomendacions da Organización Mundial da Saude, e en particular a Clasificación Internacional de Deficiencias, Discapacidades e Minusvalías, vixente no  ano de realización da enquisa.

Nota metodolóxica:

Os datos reseñados corresponden o segundo trimestre de 1999, da Enquisa sobre Discapacidades, Deficiencias e Estado de Saude, realizada polo INE en colaboración co IMSERSO e a Fundación ONCE. A Enquisa  foi dirixida a 79.000 fogares, entrevistando a 218.000 persoas. A Enquisa non recolle os residentes en establecementos colectivos.