7. ENXEÑEIRÍA E DISCAPACIDADE. Javier Biurrun González. Enxeñeiro de Telecomunicacions (Vigo). Estudante de terceiro ciclo (doctorando) no Departamento de Electrónica e Sistemas da Universidade da Coruña. Discapacitado.


Resumo:

Introducímonos no mundo da discapacidade e o estudio. Imos a falar da miña experiencia persoal como alumno discapacitado en Inxeñeiría (Vigo) e Doctorando na Coruña.

Para comezar quero ser agradecido, as axudas das ONG´s son positivas e a loita persoal vese, non hai que esaxera-la. Querer, crer, loitar e suscitarche que podo afrontar tódalas dificultades que se me presenten é unha actitude positiva. Non amedrentarse e afrontar os problemas, non acomodarse. Se estudar telecomunicacións non é tarefa doada, xa por si mesma, con algunha discapacidade é aínda un reto máis difícil e temos de sabe-lo ó comezar.


Introdución

Hai temas incómodos en si mesmos, e dun destes quero falar hoxe. É algo que sufrín nas miña persoa dende que nacín, e creo ter algo de coñecemento das dificultades que calquera estudante ou profesional da inxeñeiría ten para desenvolverse dentro do eido que nese momento lle oque vivir.
Antes de nada hai que dicir que cada tipo de discapacidade é un mundo distinto, diferente, completamente inconexo con outros. Aparte cada discapacidade, ó ter as súas peculiaridades, tamén ten un tipo concreto de marxinación, aínda que exista un denominador común: a loita contra a marxinación social e/ou profesional.

 A miña experiencia como estudante de inxeñeiría foi moi dura como a de tódolos telecos, e se a iso  temos que engadir-lle unha discapacidade física, resulta como escalar o Everest sen osíxeno. Por iso, se mo permitides vou falar da miña, aínda que logo saque conclusións xerais, válidas para o resto da xente que sofre algún tipo de exclusión social por mor da súa discapacidade. Se o prefiro facer así é para non perderme en teorías, que quedan moi bonitas e que logo non serven para nada. Como xa pasaron uns anos desde que lin o meu proxecto, intentarei ser o máis obxectivo posible, xa que desde o odio ou o rencor non se logra axudar a ninguén, nin expoñer un problema que poida padecer outra xente.
Teño recoñecida unha minusvalía física do 50% con carácter permanente, que me afecta á motricidade na parte dereita do meu corpo e a fala. En si mesmas, estas características propias da miña minusvalía non terían que ser problema para levar unha vida completamente normal (e como estamos entre técnicos, co de “normal” refírome á poboación que está na parte ancha da campá de Gauss). Nunha vida afastada da sociedade “intelectual”, como moito impediríame facer determinados movementos físicos tan parvos como levar un café na man sen que se me derrame polo chan ou días que me atopo cunha grande tensión no pescozo e que non podo emitir un fonema recoñecible. Pero se queremos ser “animais sociais”, como diría Voltaire, temos que asumir que estamos en interacción con outras persoas que, á súa vez, son á súa vez mundos con prexuizos, educacións diferentes, etc.
 E neste contexto é no que me tiven que criar e desenvolverme como persoa.

Quizais, cando era máis pequeno, non me daba conta de que era “diferente” porque sempre tiven moita facilidade para abstraerme da “realidade”, ata que chegou a adolescencia e comecei a ter mozas como compañeiras de clase. Eu viña dun mundo moi “masculino”, dado que no meu colexio de Xesuitas, naquela época, non había mozas ata o bacharelato:

xusto o mellor momento para que entrasen nun colexio ata entón masculino”

 

 Elas foron a primeira referencia da miña discapacidade, porque ata entón a miña experiencia puido ser de dor, pero non de exclusión.


Alumno universitario


Na universidade as cousas complicáronse porque me lanzaba ó mundo, afastado dos meus pais e tiña que aprender a desenvolverme soiño. Lembro o intento de levar unha grabadora ás clases, pero a moitos profesores, e iso é moi respectable, non lles facía graza a idea. Unha das primeiras, e a máis obvia das dificultades que tiven foi a de tomar apuntes, que aínda a día de hoxe, segue sendo un pequeno suplicio. Tiven que desenvolver non a musculatura do brazo, senon tamén as habilidades sociais para facerme “amigos” e conquerir apuntes doutros. Tanto foi así que en quinto de carreira, controlaba grande parte do “mercado de apuntes e exames”; o asunto era sinxelo: tiña moitos apuntes e exames doutros anos que cambiaba por aqueles que me faltaban. Se un compañeiro non tiña con que “pagarme” dicíalle: “pois decátache de tal e tal”. O final os derradeiros anos de carreira foron unha conxunción de intereses pois todos queriamos saír daquelinferno”. Había o que ocultaba apuntes e exames. Eu no fondo ríame pois sabía que con moita probabilidade sacaría a mesma nota que eu: UN SUSPENSO.

 Tamén a imaxe ante os profesores foi unha dificultade o principio. Na Escola de Telecomunicacións de Vigo eu tiña a sensación de estar fóra de lugar, que aquel era sitio para “xente perfecta” e moi “inteligente” (de verdade, aínda ninguén me deu unha resposta convincente do que é iso tan valorado entre os enxeñeiros). Ata tiven o principio a sensación de que os profesores mirábanme pensando, e este tipo, ¿de onde saíu?. Moito máis humillante e doloroso é decatarche por detrás do desprezo de certos docentes cara á miña persoa, por non ser “igual aos demais”, sen esquecer que exactamente igual fixeron con moitos outros que para eles “non daban o nivel” para ser enxeñeiro. En certa medida, tiña, como outra moita xente, a sensación de que había profesores, que xogaban a “ser Divos”. Tiven que loitar moito para chegar ata onde estou e iso imprime carácter, aínda que non sempre para ben. No meu caso, un “exceso de testosterona” que me levou a moitos enfrontamentos estériles, pero paradóxicamente sen este carácter de “guerreiro” non podería acabar nin o primeiro ciclo.


Terceiro ciclo


Pero estudar era o camiño que eu elixira. A día de hoxe estou preparando o Terceiro Ciclo no Departamento de Electrónica e Sistemas da Universidade da Coruña, logo de rematar a carreira con complexo de “bobo”, de non dar o nivel, cun expediente do que me sonroxo cada vez que mo piden para algún trámite oficial; ata hoxe en día, que non tería razóns para pensar así da miña mesmo, hai momentos que dubido da miña capacidade. E todo isto leva o custo engadido da adaptación social, que no meu caso, como no de moitas persoas que sen ter discapacidade eran diferentes, supuxo anos de tratamento psiquiátrico para aplacar os momentos depresivos dunha carreira que cheguei a pensar que era interminable. (¿Alguén cre que algunha carreira merece tanto? Mellor estudar Oposicións a Rexistrador da Propiedade ou económicas). Paseime catorce anos loitando contra min mesmo nun entorno hostil e que quizais eu por ese “exceso de testosterona” convertín en moito máis duro do que realmente era.

 
Consellos

¿Que consellos podería dar a unha persoa cunha minusvalía que quixese estudar Telecomunicacións? É unha resposta á vez doada e difícil de contestar, porque ata que non estás ante un caso concreto non podes avaliar as dificultades físicas e sociais da mesma. Pero si podo dar unhas regras xerais que poden valer para case todos:

Primeiro, poñerse en contacto cunha asociación de minusválidos. En Galicia hai dous que traballan moi ben, e que son a ONCE-Fundación ONCE e a Confederación Galega de Minusválidos (Cogami). Elas, ademais de contar cuns grandes profesionais, poden orientar a un discapacitado nos seus dereitos e darlle apoio en todo o que sexa preciso.

Segundo, ter moi claro que eres enxeñeiro vocacional, que non che vale outra, que é o teu soño. En palabras de Virgilio: “poden porque cren que poden”, ou o que é o mesmo: “Querer non é poder senón que CRER É PODER”. As dúbidas, son o primeiro billete para o fracaso.

Terceiro, algo de mala leite, en sentido positivo da expresión, é dicir, non amedrentarse por nada nin por ninguén, non no de andar continuamente enfadado co mundo, xa que iso leva de xeito inevitable á autodestrucción. Como reza un proverbio chinés: “se che caes sete veces, levántate oito”. O que non a teña non sobrevivirá o “inferno de teleco”.

 
Cuarto e derradeiro, saber perdoarse as limitacións, os erros, pois se non serás un amargado que se pasará a vida culpando o pasado. Unha frase que me axudou en malos intres foi unha dun gran xesuita que tiven a honra de coñecer, D. Isidro González Modroño, tamén enxeñeiro de telecomunicacións. Unha vez, charlando con el díxome: “Javier, ninguén fracasa naquilo que é a súa verdadeira razón de ser”.

 
Actitude vital


Esta derradeiraa frase resume a miña actitude vital, tentar chegar a aquelas cousas que a sociedade veta a aqueles que dalgún xeito ós que son “diferentes”, entendéndo como tales os que polas súas dificultades intrínsecas teñen que loitar moito máis para conqueerir un soño polo que deberán de amosar que son tan válidos como as persoasnormais”. O meu soño non se realizou do todo nin se realizará, pois non hai nada peor para o ser humán que  se cumpran tódolos seus desexos, pero estou satisfeito de que o tempo, se algo me concedeu, é madurez para apreciar que as cousas que dependen do noso esforzo van saíndo e iranse cumprindo en maior ou menor medida. Sempre gardarei como ouro en pano  no meu corazón aquela frase daquel xesuita, cuxo recordo anímame a non caer na desidia nin no abandono, aínda que o final, ben é certo, que un libremente opta por FACE-la súa ou queima-la no “Monte do Destino”.

Se algún enxeñeiro ou estudante vese dalgún modo reflectido nalgún aspecto, pódese poñer en contacto comigo: jbiurrun@udc.es.

Enlaces de interese:

Información xeral ; www.once.es, www.cogami.es

Sobre axudas técnicas: www.cidat.once.es


A modo de conclusións

 

Son obvias: as dificultades que entraña de por si unha carreira universitaria, singularmente de ciencias e enxeñeiría en telecomunicacións (Vigo) son obxetivamente grandes. Estas acrecéntanse se o estudante é discapacitado e ten que enfrontarse ás mesmas probas que os demais alumnos.
Non é este un artigo de choriqueos ou lamentacións senón que cabe toma-lo en positivo. O esforzo, o logro, o camiño, hai que loitar por aquilo que se quere e no que se cree e poñer os medios. Recomendamos expresamente o apoio de organizacións que, como a Cruz Vermella, Cogami  a Once ou nós (Inclusión) e outras máis que non citar é inxustiza que cometo, fan todo o posible.