8. O casco Vello de Ferrol. Por Luis Leiro González, Asociación Inclusión.

Introducción

A cidade vella de Ferrol posúe unha seríe de notas definitorias que a homoxeinizan dentro de Galicia. Ferrol é unha cidade volcada cara  o mar, xa dende tempos inmemoriais a tradición do mar, con tódalas actividades relaccionadas, dende a industria naval  ata as mercadorias portuarias, Ferrol constitúese coma un punto estratexico do Estado Español.

Falaremos eiqui da importancia dunha parte importante da cidade, o casco vello ferrolá as veces esquecido pola magnanimidade doutros cascos vellos galegos pero que ten de por si unha importancia capital na Historia do noso pais.

Historia do Casco Vello

Conxunto histórico de cascos urbáns declarados como tal.
Declarado o 9 de marzo de 1984.

É doado atopar un Ferrol especial, mestura de contradicións e polos contrarios que se atraen. Mar aberto e ría de estreita bocana, o pequeno núcleo que xa existía e o que se fixo por decreto, racionalista e modernista, o militar e o proletario, o mariñeiro e o pechado ao mar, a sona popular e alegre de longa tradición musical e outro calado e solitario como as rúas molladas de inverno...

O Ferrol Vello conserva a estrutura orixinal, moi compacta e orientada cara o porto nun abrigo natural na enseada da Graña, anterior á creación da poboación como cidade de nova planta durante o reinado de Carlos III. Xurdiu deste xeito o Barrio da Magdalena, trazado con espírito racionalista a partir de sucesivos cruces entre rúas perpendiculares. Obtéñense así cuadrículas ortogonais nun rectángulo perfecto de seis por nove rúas, sempre rectas e adaptadas ao desnivel do terreo. Este último factor xunto cos espazos reservados nos extremos para as Prazas do Marqués de Amboage e a de Armas e o coidado detallista que individualiza moitos edificios réstalle monotonía á cidade lineal. A rúa da Madalena e a rúa Real atesouran os mellores exemplos de vivendas. No exterior locen dende os grandes balcóns de ferro labrado como o Ateneo Ferrolán ata o conxunto de galerías aínda de madeira e vidro mellor conservado de Galicia. O breve período modernista asomou tamén con forza, por exemplo na Casa Romero ou no Teatro Jofre.


O estilo neoclásico que se impuxo na cidade departamenal deixou a súa pegada tamén nos edificios relixiosos. Os máis importantes son a Igrexa de San Xiao, elevada á categoría de concatedral na diócese de Mondoñedo; e o Convento de San Francisco.

Ao longo deste mesmo período desenvolvéronse as instalacións da Armada nos Arsenais, recinto moito tempo amurallado con entradas emblemáticas como a Porta do Dique. Componse entre outros elementos da Praza e Sala de Armas, as murallas de Cortina, ou a impoñente obra hidráulica que no seu tempo foi o Dique do Sino.

Vencelladas a esta tradición militar están as fortificacións defensivas na entrada da ría, propostas para ser declaradas Patrimonio da Humanidade: o < Castelo de San Felipe e o Palma, na banda de Mugardos. Construccións que atraen a milleiros de tursitas ano a ano embaucadas polas súa  beleza e as súas incursións nas ventás de historia ferrolá.

 

 

MÉTODOS PARA A RECOLLIDA E EXTRAPOLACIÓN DE DATOS:

 

Os datos poboacionais cos que traballamos foron obtidos nunha enquisa  realizada aleatoriamente pola asoaciación Inclusión na zona vella de Ferrol.

A metodoloxía empregada para a recollida de datos consistirá en pasar unha enquisa a unha mostra aleatoria de 75 persoas comprendidas entre 20 e 80 anos. O 75% (560) das enquisas foron realizadas in situ, de xeito presencial, buscando a opinión dos residentes no seu fogar; o 25% restante, realizouse de xeito telefónico (190), identificando  claramente a orixe do interlocutor; sempre no casco vello ferrolá.

Preténderase unha mostraxe o chou, do máis representativo das capas sociais da zona do estudio.

 

Definición operativa das variables:

 

v     Extrapolación para o cálculo do nivel de ocupación dos locais nas rúas da mostra. Farase como primeira medida un reconto directo de locais e do seu nivel de ocupación nas rúas máis suliñables, designadas previamente entre as conformadoras do casco vello.

v     Número de Centros Sociais existentes. Farase un reconto da situación dos Centros existentes no casco vello. 

v     Nºde persoas enquisados que coñezan algún caso con problemáticas/ Total enquisados. Da enquisa deducirase un alto nivel de exclusión no casco vello.

v     persoas que pensen que hai recursos sociais suficentes/ total enquisados.

v     persoas que pensen que hai recursos sociais insuficentes/ total enquisados.

Neste estudio amosaremos que non existen (ou non se perciben) recursos sociais precisos para aborda-las diferentes problemáticas existentes na zona.

v     persoas que aceptan ós excluídos sociais/ persoas que ós rexeiten. (Nivel de Aceptación).

Nestes resultados verase un elevado nivel de rexeitamento dos excluidos sociais e unha meirande demanda de vixiancia, controis e axudas de índole pública.

 

 

 

PLANS PARA O TRATAMENTO DOS DATOS:

 

O primeiro tratamento das observacións será unha extrapolación estatística  que permitirá deducir un elevado nivel de ocupación/desocupación. Eiqui  observaranse directamente polo persoal da asociación Inclusión, unha mostra significativa e deducirase co resto, se ten ou non, un comportamento semellante. En posteriores actuacións de campo, efectuarase a enquisa persoalizada, que podemos dividir en dúas partes principais. A primeira parte, irá enfocada a evaluación some ra das circunstancias da persoa enquisada (sexo, idade, residencia, tipo de residencia,…), na segunda parte farase fincapé na problemática da exclusión social e na percepción que dela teñen os suxeitos da mostraxe.

O procesamento dos datos levarase a cabo manualmente, a través dunha matriz na que se vaciarán  os datos das enquisas. Elaborarase  un plan de tabulación, taboas de presentación dos datos, a partires das cales obtenranse as conclusións do estudio.

 

 

CONCEPTO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

Mostra unha situación dinámica e cambiante. Perténcese a unha sociedade concreta e perfectamente definida, ainda que algunhas persoas quedan fora dos circuítos da dinámica habitual, e non poden acceder ós mesmos recursos sociais existentes na cidade.

Distinción entre pobreza e exclusión:

-         Pobreza: céntrase nas carencias materiais, nas persoas  e colectivos.

-         Exclusión Social: incluen os “procesos” que  xeran  esa situación en persoas e colectivos, e os factores  e dinámicas que o acompañan nun contexto específico.

 

FACTORES DE EXCLUSIÓN:

-         Ingresos económicos insuficientes.

-         Escaso nivel educativo.

-         Falla de ocupación laboral.

-         Escasa integración social.

-         Intolerancia social e comunitaria cara as diferencias.

-         O individualismo.

-         A dificultade de participación comunitaria.

-         A escasa estima social, baixa autoestima individual.

-         Obstáculos na integración social.

 

REALIDADE SOCIAL DO CASCO VELLO:

 

O Casco vello ferrolá beneficiouse dunha forte rexeneración  nos derradeiros anos; as numerosas medidas adoptadas pola UE (plans urban, feder, lider,...) de reforma e rehabilitación de inmobles posibilitou un troco de imaxe de determinados edificios significativos da cidade. Tamén advertimos unha peonalización de numerosas rúas, o que posibilitou un desenrrolo maior do sector terciario.

O forte desenrrolo urbán do século XX,  foi alonxando progresivamente o seu centro funcional  da antiga cidade do Ferrol. Así, con este desprazamento  da vida económica, e o escaso interese que durante un longo periódo mostróu a cidade pola valoración cultural do Barrio Histórico, produxo un paulatino deterioro da paisaxe urbán que desembocou nunha importante degradación de edificios e espacios públicos. Isto provocou unha degradación da zona producindose unha acumulación de bolsas de marxinalidade.

A partires dos anos 70 vaise producindo  un envellecemento da poboación residente a causa do abandono da maioría das vivendas polo exposto anteriormente. A partires de eiquí  tódalas consecuencias son unha cadea de acontecementos:

En resumo, o Casco Vello manifestouse pola situación de marxinalidade e exclusión social que estigmatizou o Casco Histórico. Esta situación foi minando a identidade urbán e social do Casco Vello ferrolá.