0.-CISI e becarios/as inclusión.

 

Vou a tentar seguir unha orde neste número 7 porque as actividades se agolpan e nesta primeira parte da editorial debo conta-las todas, aindaque recomendo visita-la web, onde, nos seus correspondentes apartados, poderedes atopar calquer asunto que vos interese con maiores detalles que nesta breve referencia ou chamar a  Asociación que Luis e mais eu, e probablemente agora máis xente os atenderemos encantados. Considero que algo xa temos feito e a partires de eiquí as actividades van en cascada, pronto  necesitaremos do servizo de moitos de vós.

Seguirei un orde cronolóxico que so romperei agora, o principio, para referirme os feitos que considero máis destacados e que seguramente se reflexará ou dará lugar a outras actividades de importancia.

 

Dous son os feitos que teñen o honor de romper o orden:

1)Inclusión, polas inversións realizadas no seu Centro (CISI) xa ten patrimonio propio, ten o terreno, escriturado xa ante notario, o proxecto técnico (visado polo COAG) o permiso de construcción, o diñeiro do BBVA e no próximo número irán as fotos das máquinas e da construcción (ou una transmisión do que alí acontece pois dispoñemos dunha cámara web). Fixemos unha pequena festa para celebrar que todo eso estaba feito e isa festa si vai no seu orden nas actividades recollidas na introducción, o final do ano, non obstante polo seu interese e importancia para a sociedade, esta actividade merece destacarse e ocupar o primeiro lugar.

 

2)A outra actividade que racha o orde é o feito de que Inclusión ten asignadas dúas becarias, psicólogas da Universidade de Padua (Italia) que se incorporaran inmediatamente (9 de xaneiro). Fai tempo que viñamos participando no  proceso de selección e se  produciu unha asignación espero que definitiva. Pronto as veremos esquí, en Galicia. Chegan a Alvedro (A Coruña) o 6 e alí estaremos para darlles a benvida (verase no web e poderán seguilo en Italia e nos consta que así será).

As becarias seleccionadas son Simona Belotti e Verónica Valarsa, que disfrutaran dunha beca Leonardo da Vinci (ambas foron previamente becarias Erasmus), son psicólogas que desexan especializarse na atención a colectivos complexos. Tamén contamos con becarios de Galicia, pero as becarias do proxecto Leonardo da Vinci son as de mayor nivel, pola dificultade de obter unha bolsa así ( expediente académico e excelente nivel lingüistico).

Outras realidades importantes arrancan de anteriores números como son a consolidación do grupo de investigación que posibilita actividades conxuntas a medio camiño entre a divulgación e a intervención social, que é o que Inclusión pretende e a investigación (fin de ser do grupo), entre elas destaca-la participación nos EIPAE (Equipos interdisciplinares e permanentes de apoio a  accesibilidade) promovidos pola ADI (Unidade Universitaria de Atención a  Diversidade da Universidad de A Coruña) e que depende formalmente do CUFIE (Centro Universitario de Formación e Innovación educativa que terá unha xuntanza en Xaneiro, logo das vacaciones de nadal, e algunas actividades ca OTRI como a participación na semán da ciencia e a tecnología, narraremos algunha das actividades conxuntas que xurden. Pero todo iso verase mellor no apartado correspondente da actividade na web, no seguinte número ou se lle pregunta o personal da asociación.

A investigación pura desborda o obxectivo de divulgación que nos propuxemos, tentaremos non romper a nosa relación ca realidade. Cronolóxicamente empezamos visitando exposalnés en Cambados. Esa exposición pretendeu achegar a realidade da exclusión social a  comarca do Salnés e, nela contamos con obras dun autor discapacitado que ademáis de socio xa colaborou en outras xuntanzas, Javier Costas Pampin.

Posteriormente, celebramos un Taller de asociacións no  aula que para elo ten a CXV en O Castro (Vigo), no  que participaron activamente diversas asociacións para exponer problemas que os moven a actuar con especial referencia a  realidade viguesa. Foi unha xuntanza moi interesante estiverpn presentes é participaron activamente moitas asociacions polo que citalas ten o problema de olvidar algunha e para elo remito o apartado correspondente.

O 17 de Septiembre celebramos, como marca o calendario e a ONU, o día da erradicación da pobreza con dous importantes actos: na cidade de Vigo presentamos as cifras para o total de Galicia e para a cidade olívica. Esta presentación se celebrou nos locais do Centro Cívico do caso vello. En Pontevedra realizamos a outra exposición neste caso no Teatro Principal da cidade e con datos referidos en especial a ese marco de referencia.

Finalizando outubro nos presentamos o Concurso Fotográfico do Concello de Sada sobre “igualdade home-muller”, con dous traballos fotográficos que reflexan dúas actividades nas que a Asociación ten parte:

Unha fotografía en cor da Paiasa Tomasa (Mónica Alonso) animadora habitual de Inclusión e outra en sepia e negro que representa a Luz Pato, a nosa socia de Betanzos, na Facultade de Bioloxía, onde realizou os seus estudios, fronte a enormes e evidentes barreiras arquitectónicas. Esta fotografía quere representar varias cousas; as enormes e flagrantes barreiras arquitectónicas, as barreiras de formación (non existen mais de tres discapacitadas que concluan unha carreira universitaria) e as múltiples dificultades de unhacidadá invisible”, para atopar emprego. Esperemos o fallo do xurado, si falla o noso prol, volveremos a este tema nesta modesta editorial. Non foi así é e unha magoa.

Outra actividade a que concurrimos foi organizada pola Unidade Universitaria de Atención a Diversidade (ADI) da Universidad de A Coruña que celebrou as I Xornadas de Atención a diversidade: “(Dis)-capacidade e universidade” e a elas acudimos. Nesas xornadas estiveron de ponentes algún dos que colaboran con nos como Manuel Escourido Calvo (investigador asociado o grupo de investigación en discapacidade e emprego no proxecto marketing, discapacidade e turismo, de quen un artigo, conmigo, vai neste número (socio de Inclusión) ,  ou Araceli Barros Cao, Directora do Centro de Formación Profesional Tomas Barros de A Coruña, centro destacado pola loita contra da exclusión e que xa acudiu a unhas xornadas organizadas por Inclusión no oxe desaparecido centro “mil lúas” de A Coruña e sale nese apartado da nosa web, a participación foi mais ampla.

Mais preto no tempo celebramos unhas xornadas de psicoloxía social no auditorio de Vilagarcía coordinadas polo noso psicólogo Miguel Guerra, nestas xornadas os asistentes traballaron distintas modalidades de empatía e outras técnicas psicolóxicas de interese. Tamén é interesante consultar ese apartado.

En novembro escrituramos os terreos do CISI, co cal Inclusión faise legalmente propietaria. Xa temos terreo e plano visado, amén de permiso apalabrado, como se pode contemplar nas fotografías ou mais detenidamente no seu apartado da web.

Vilagarcía é as xornadas de voluntariado alí organizadas foron o noso seguinte obxetivo. Alí mostramos que unha asociación galega pode se solidaria compartindo espacio físico con multinacionales da solidaridade (Cruz Roja, que non bermella), Solidaridade internacional, caritas,…

Logo Luis e mais eu fumos o congreso Sindur organizado no paraninfo da Universidade de Santiago a presentar un traballo sobre TIC´s (que afectan cada vez mais o noso comportamento), concretamente falamos de cómo afectan a solidaridade e o aprendizaxe (co fenómeno do e-learning). O e-learning merece toda a nosa atención. Luis está adicandolle moito esforzo a esas técnicas.

O día seguinte lle fixemos caso o calendario e celebramos o día da violencia contra a muller en varios sitios a vez, Poio, Pontevedra e como non Sada.

O 2 de Nadal celebramos cas asaociacións Iman de Vigo e de Vilagarcía o día contra a extensión da sida, centrado na promesa.

O 3 e o 5 outra vez ás efemérides solidarias; celebrouse o dia da discapacidade ca proxección de vídeo cedido pola ADI "Albert Llovera: las alas del fénix", na que se amosa unha actitude dun discapacitado positiva para encarar a sua vida. Esa cinta levou aparellados debates en prol e limitando a eutanasia.

Logo celebramos cos responsables do proxecto unha festa para marcar o comenzo do CISI, CISI para o cal levamos traballando xa tempo, pero que agora semella inmediato e iso celebramos. Participaron, ou participamos, moitos pais da criatura.

Para rematar o mes e o ano presentamos un CD de texto Inclusión 2: cidadá invisible que foi editado ca colaboura do concello de Sada. Nese CD coordinado por Angel Alonso e Isabel Novo Corti recollense un numero de capítulos-colaboracións que analizan a situación da muller con discapacidade, algún de eles ten moito que ver cas actividades de Inclusión e con esta revista.

Para celebrar o 2.006 fixemos un almanaque Inclusión que é un compendio de fotografías das nosas actividades mais recentes no que nos desexamos forza para seguir no camiño empezado.

 

A segunda parte do editorial é a destinada a narra-los artículos que contén este número y son de sinalar todos e cada un de eles:

O primeiro, como xa é costume, me corresponde a min, nese artigo lle dou voltas a un concepto importante que  centrou moitas das nosas actividades e que eu insisto en comunicar: o concepto de empregabilidade, iste concepto, mais unha referencia o territorio e os seus problemas específicos e a población xove foron centrales nas xornadas de empregabilidade xuvenil celebradas en Arousa por Inclusión co patrocinio do concello vilagarcián.

O segundo corresponde a unha colaboración e posúe especial significado para Inclusión, nel se definen as bases do que é e supon ese grupo de investigación residente na Universidade de A Coruña a través dos seus tres protagonistas máis relevantes: Ramón Nuñez (o director da fase inicial na que aínda nos atopamos), Venancio Salcines (que será o director da segunda fase a iniciar inmediatamente) e eu en calidade de Secretario do grupo. Nel trazanse as líneas da investigación que tentará seguir o grupo. A diferencia de Inclusió onde o énfasis ponse na divulgación, na transmisión do coñecemento, nese grupo tratamos de facer investigación pura (ainda que aplicada), Inclusión é un elemento para difundir esa investigación, aquí facemos divulgación, transmisión do coñecemento e ese grupo vai proporcionar material a difundir.

A continuación vai un artigo sobre marketing, turismo e discapacidade que firmamos eu, maís o investigador asociado o grupo e adicado a discapacidade o marketing e o turismo, Manuel Escourido Calvo, que xa no número anterior sentóu as bases de marketing que sinalan por donde vai o traballo. Nel estudiamos o marketing aplicado as empresa turísticas (que debe ser entendido como unha responsabilidade pero a vez incrementa os ingresos). É de novo un traballo de investigación aplicada o marketing, o sector turismo e as persoas con discapacidade.

O seguinte corresponde o avance de unha investigación que posue varias fases ou caras: é esta una investigación de Isabel Novo (profesora da Universidad de A Coruña) no que se profundiza no tema da discapacidade e o xenero.

O traballo de  Cora (representante da asociación) trata sobre a dicriminación dos rapaces discapacitados é CILSA é unha organización centrada na arxentina ainda que ten presencia activa en España. Presenta un problema e un colectivo en situación especialmente difícil, os rapaces con discapacidade na arxentina.

Tambien presentamos un traballo de Luis Leiro no  que aborda a Pobreza en Galicia. Nel se presentan datos relevantes, que foron obxeto de divulgación por Inclusión con ocasión do Día mundial para la erradicación de la Pobreza, pero que eiquí aparecen sistematizados e ordeados.

Outro artigo relevante é o de Javier Biurrum, un xoven investigador que pese a ter un alto grao de discapacidade rematou a sua carreira de inxeñeiro (en Telecomunicacións Vigo) e hoxe exerce labouras de investigación, pero eso e as dificultades que atopou narra no seu artigo.

Logo incluimos, o resumo dun traballo máis amplo sobre a cidade vella de Ferrol, que ven a continuar a serie de estudios adicados a analizar a exclusión social nas zonas vellas das cidades e que xa está chegando o seu remate.

Pechamos o número unha vez mais con Inclusiño.