Artigo 1: Evolución histórica dos paradigmas da
discapacidade. Por
Resumo: Abordaremos neste artigo as diversas consideracions de cómo foi históricamente
o tratamento social das persoas con discapacidade. Tratamento que vai dende a
segregación en verdadeiros güetos, a unha posición
caritativa ou a máis acorde ca realidade
actual, sen dúbida, a posición hexemónica actual de tratar de integrar esos recursos humáns en xeral e
como forza de traballo en particular.
1.-Introducción.
As persoas con discapacidade
son consideradas baixo ópticas diferentes segundo a época histórica e a idea
dominante, elo leva a adoptar saidas diversas como veremos no seguinte
epígrafe. Analizaremos as situacións as que se enfrontan a cotío, exemplificando
accións concretas a casos específicos, xa que logo, a pesares do avances acadados no proceso de integración
social das persoas con algunha limitación da índole que sexa, é moito a camiño
por percorrer sobor de todo, en algunhas sitaución que inda hoxe en día se andan a producir.
2.-Paradigmas básicos da consideración dos recursos humáns
con discapacidade.
a.-Históricamente
a primeira saida adoptada cos recursos humáns discapacitados (entón ni recursos) é apartalos, aisla-los: o discapacitado, entón minusválido
ten trabas que o fan unha persoa incompleta. Pensase sempre nas persoas
“normais” e en absoluto nos recursos que poda posuir
o discapacitado.
Como exemplo poremos a un discapacitad@ xitano; un
proverbio xitano dí: que cada ser human ten un lugar nas tebras. Isto
deben pensar os discapoacitad@s da etnia xitana, xa que logo, nas súas chabolas non se cumpren
nin os mínimos saudables
que deberan ter estas persoas con algunha eiva física ou psicolóxica. Así, producese unha guetificación xa que estas persoas non saen do poboado por ser
considerados eivados ou cunha sombra na súa alma, eiqui mezclanse as ideoloxías ancestrais, relixiosas xunto cá insensibilidade
fronte a un colectivo necesitado por demais que precisa dunha seríe de mínimos. Eiqui plantexarse a incorporación
destes recursos humáns o
mercado parece utópico.
b.-Mais adiante adoptase unha
posición caritativa. O discapacitado xa é persoa pero non productiva,
mirase a forma de cubrir a suas necesidades
subsidiado pola familia ou no mellor dos casos pola Economía do Benestar.
Tal e o caso dos Centros
especiais de emprego, hai iniciativas verdedeiramente
loables por mor dos seus fins, máis na
maior parte dos casos, estas inicitaivas limítanse moito nos seus obxectivos, quedando
en simples centros onde as persoas discapacitad@s
“pasan o tempo” e son dirixidas en todo momento por outros traballadores que
lle guían no desenvolvemento das súas labouras,
quedando polo tanto moi lonxe a productividade
precisa para acadar unha plena intregración os
vieiros do mercado laboral.
c.-Hoxe o paradigma reinante é a integración. O
discapacitado debe afrontar o seu desenvolvemento. Experimentánse
formas como o emprego con apoio para aqueles dicapacitados
severos que precisan unha terceira persoa todo o tempo (nace a figura do
preparador laboral). Neste novo contexto no que o discapacitado debe normalizar
a sua situación e traballar cobra significado plantexarse a formación e o acceso a universidade xa non en
igualdade senon mais aló en discriminación positiva
recoñecendo a súa maior dificultade.
A
sociedade troca a pasos axigantados e isto fai que as entidades sociais se
adapten os novos tempos. Entidades como a ONCE, Cruz Vermella,… están a integrar dun xeito armónico os discapacitad@s,
a través de programas de integración laboral óptimos segundo as súas capacidades e destrezas. Así, vemos a cegos vendendo boletos dunha forma autónoma, cotizan a seguridade
social e teñen un salario digno pola
súa xornada laboral. E unha forma máis evolucionada de insertar o traballador para aquello que esta capacitado.
Ca nova
legislación, Lei de dependencia, emerxen
figuras que tratan de dar acubillo a diversas
necesidades dos dependentes; o preparador laboral, emprego autoapoiado, coidador ocasional,…todas istas
figuras poden ser un complemento axeitado as novas
necesidades dos discapacitad@s do século
XXI.
3.-Integración.
O paradigma vixente na
sociedade actual é a integración dos discapacitados en tódalas esferas da vida.
Así cada vez teñen maior interese os deportes chamados para-límpicos,
as actividades de ocio para persoas con discapac idade e como non o emprego.
A integración non é un dereito
dos discapacita@s (que constitucionalmente o é) senón un deber da sociedade con tódolos membros que a conforman, sexa por unha causa ou outra toda persoa
debe ser tratada con xustiza e igualdade
con respeto a sociedade na
que vive.
Integrar
significa facer propio dun, introspectar
unha realidade no seo dunha persoa,
para face-la coparticipe de todo o que se move no seu entorno máis preto.
4-Bibliografía.
Alonso González, Angel “Polices against gender discrimination in labor
market: the case of
Alonso, A. y Bouso,
P. “Introducción práctica a la economía laboral”. Ed. Ilustre Colegio
de graduados sociales de
Pontevedra. Pontevedra 1.995.
Alonso
González, Angel y Aramburu Gillán, Sergio “Una
evaluación de las políticas de
Jean Francoise Berget.
Fronteiras da exclusión. Anuario cruz vermella, Paris
2003.