ARTIGO 5. AS PERSOAS DEPENDENTES. POR ANGEL MARIÑO DE
ANDRES, PROFESOR UNVERSIDADE DE VIGO.
(Liñas destacadas do Anteproxecto de Lei da Autonomía persoal e atención ás persoas dependentes)
Resumo:
Tradicionalmente a atención ás persoas dependentes virou en torno á familia pero existen novas realidades a ter en conta, a saber, dunha parte o aumento das persoas
que entran dentro desta categoría e, doutra, os cambios das familias españolas. A resposta a este problema deuse, nas últimas épocas a través dos servizos
de saúde e dos servizos sociais das Comunidades Autónomas e das Corporacións
Locais, xunto coa atención pola Seguridade social de certas situacións de dependencia.
1. Marco Legal
Por mor destas situacións precísase dun novo marco para estas atencións,
ampliado a novos beneficiarios (tanto os dependentes como as súas
familias) e tendo en conta
os importantes custos económicos. O Estado Social de Dereito que configura a Constitución de 1978 así o esixe ao deseñar o modelo de sociedade de benestar propio dos
países máis desenvolvidos.
A actual resposta
a este problema será o Sistema Nacional da Dependencia que consiste nun sistema de promoción de autonomía persoal
e de atención á dependencia procedente dos Poderes Públicos e configurado como
un novo dereito subxetivo
que medra o benestar social dos cidadáns,
concretos e xenéricamente o da sociedade
á que á súa vez benefíciase
ao permitirlle un crecemento económico e que por iso
ha de ser compartido por todas as Administracións.
2. As novidades introducidas.
Trátase dun sistema
integrado de prestacións e servizos
de prevención, atención e protección a través dunha
rede que coordina centros e servizos públicos e
privados concertados con carácter prioritario, aínda
que de non ser isto posible recoñecerase
unha prestación económica vinculada para provisión da
atención a través de servizos privados non
concertados.
Indubidablemente os seguros
privados de dependencia xogarán un papel importante aínda que complementario ás atencións que por razóns de equidade e en todo o territorio do Estado constitúan o mínimo para os cidadáns
afectados.
Como principios sobre os cales se
asentara este Sistema Nacional de Dependencia, podemos destacar o carácter
universal e público destas prestacións
para todos os nacionais españois
dunha idade superior ós tres anos, aplicándose ós non españois a normativa propia en materia de extranjería
segundo o seu foro. Preténdese
promover o maior grado de autonomía posible para os dependentes pero fomentando, na
medida do posible, a súa permanencia no entorno
social ó que estean vinculados.
3. Financiación.
Os servizos
e prestacións financiaranse
polas Administracións
Públicas e polos beneficiarios que contribuirán en forma progresiva en función
da súa capacidade económica
persoal segundo o tipo de servizo
que se preste e o custo do mesmo.
Se goza de servizos de atención residencial garantiráselle un mínimo para gastos persoais.
Os servizos poderán ser de
tres modalidades:
a) Servizos
de promoción de autonomía persoal do tipo teleasistencia, axudas para a
adaptación e accesibilidade do fogar
sen esquecer a prevención e as axudas
técnicas.
b) Servizos
de atención e coidado como axuda
a domicilio, centros de día e de noite ou servizos de atención en
centros residenciais.
c) Dependentes
atendidos no ámbito familiar con coidados axeitados segundo o programa individual de atención, con
programas de información, formación e respiro para cuidadores familiares que se
incorporarán ao Réxime da Seguridade Social que se determine, sendo a cotización
social a cargo do Sistema nacional de Dependencia. Estes
coidadores familiares percibirán unha
compensación económica en función da capacidade
económica global do dependente e do seu grado de dependencia.
Estableceranse ademais dispositivos de vixilancia
e alerta en casos de riscos excepcionais como olas de
calor e frío, inundacións e outras
situacións de urxencia.
4. Conclusións.
A valoración da dependencia e xa que logo, do servizo a recibir
conxuga dous factores que
son o grao e o nivel que se establecen a través dun
baremo común para todo o Estado, sendo determinados en cada caso por un sistema
público de valoración.
Fíxanse tres grados de dependencia matizables en función de dous
posibles niveis atendendo á
autonomía da persoa e á intensidade
do coidado que require.
Aparecen a dependencia moderada (o individuo
precisa de axuda diaria polo menos unha vez para realizar actividades básicas), a dependencia
severa (e individuo precisa de dúas ou tres axudas diarias para
realizar actividades básicas pero non requiere cuidador permanente) e a grande
dependencia (perda total de autonomía mental ou física con presenza continua e
indispensable doutra persoa
que axuda varias veces ao
día a realizar varias actividades básicas da vida cotiá).
A implantación deste sistema realizarase
desde o 2007 ao 2015 con avaliación
de resultados no 2012. O primeiro ano realizarase o recoñecemento dos
grandes dependentes nos seus
dous niveis para continuar
aplicándose progresivamente o sistema.