Estimado compañeir@:

É para min un orgullo, xa que levo tempo lidando por conseguilo, presentar esta WEB, que será un instrumento poderoso da “Asociación de promoción e atención ás persoas en risco de exclusión por razóns físicas, sociais, económicas ou culturais, INCLUSIÓN”.

Hai duas posibilidades, igualmente tentadoras: presentar a utilidade dunha WEB (por fin a nosa WEB) e/ou presentar a utilidade dunha asociación como a nosa (hoxe novidosa).
Presentar hoxe unha WEB, en xeral, é misión fácil, pero redundante.

A WEB (unha WEB en xeral, e a nosa en particular) pretende ser eminentemente práctica, con esquemas claros e deseño atractivo e actualizada de xeito permanente. Calquera cousa que queiras facer constar ou suxerir, pode ser comentada polo equipo técnico pertinente e incluso completar as informacións que se ofrecen. Participade no noso foro de debate e achegade as vosas inquietudes e colaboracións.

Creo que seguindo o índice e visitando as distintas seccións nas que se articula esta WEB ou espazo informático, non haberá ningún problema, e se o houbese os técnicos e o persoal da asociación haberían de resolvelo.

A “ASOCIACIÓN INCLUSIÓN” xa é máis doada de presentar; moitos dos visitantes seredes xa membros e poderedes, e deberedes informarvos directamente.

É unha asociación completamente normalizada: legalizada, estatutos, acordos, ETC. pódense comprobar noutros apartados da WEB. Aúna o traballo dun grupo excelente de investigadores sociais da comunidade galega e persoas interesadas na exclusión social como un problema grave que é e que afecta á nosa sociedade. Tamén gran parte deste equipo humano aparece reflectido nun sitio ou outro deste espazo informático.

Esta WEB serve ademais para dar a coñecer ao grupo humano que forma a asociación, os traballos realizados por esta e, en fin, achega toda a información que consideramos de interese.
Resumindo, todos teredes que sacar o máximo proveito do instrumento que a asociación pon ao voso servizo. O voso interese é o noso. Visitade os diferentes apartados, suxeride, creade, na asociación queremos poñer os medios pero vós (e o que vós fagades) é (ou sodes) o importante.

A través da formación on line (e-learning) propiciamos a aprendizaxe de numerosas disciplinas que facilitan o acceso ás persoas con barreiras físicas ou de comunicación
.

Saúdos e visitade todos os nosos apartados.

 

 
Ángel Alonso González